Xoves. 30.06.2022
El tiempo

Ares gaña nun Rali de Madrid cun bicampión costeiro

Ares gaña nun Rali de Madrid cun bicampión costeiro

Co Campionato de España de asfalto xa decidido a favor de Miguel Fuster, que volvía a montarse no Swift S1600 do equipo Suzuki, restaba a última proba, que se disputaba en Madrid. Ademais da presenza do alicantino, o rali contaba coa presenza dos locais Daniel Marbán e Alberto Monarrí, así como Cristian García, e os galegos Iván Ares e Sergio Vallejo, ambos con Porsche, e entre os que a priori estaría a pelexa pola vitoria.

O rali comezaba na tarde do venres coa disputa das especiais de La Puebla (15,48 km) e Canencia (13,20 km), ambas a dobre pasada, e con unha especial 14,67 km no circuito do Jarama, previa a primeira asistencia. A posible pelexa entre os galegos pola vitoria final do rali non durou nin un tramo, ao ter que abandonar Vallejo na primeira das especiais da proba, mentres que Ares remataba a sección primeiro, a case 29 segundos de Monarri, que superaba a Marbán por 3,5 segundos, seguidos García e o galego Iago Caamaño.

Foto de Ivan Ares no Rally de Madrid-Foto-David Gil Foto de Vallejo no Rally de Madrid-Foto-David Gil

Na segunda pasada polos tramos, Ares volvía a ser o máis rápido en La Puebla, por diante de García e de Marbán, que superaba nesta especial a Alberto Monarri na xeral. Pero en Canencia, ao igual que na anterior pasada, Monarri era o máis rápido, polo que a etapa remataba con Ares primeiro a case 45 segundos de Monarri, que tiña a Marbán a menos de 6 segundos.<&p>  

Comezaba a segunda xornada coa disputa dos tramos de La Lancha (10,71 km), Arrebatacapas (15,60 km) e El Herradón (15,39 km) a dobre pasada, onde marcaban os scratchs Marbán e Vallejo, que o facía en dúas ocasións tras tomar a saída da segunda etapa en superrally, pero a clasificación xeral do rali non sufría cambios, agás polo abandono de Caamaño por avaría. Na repetición dos tramos, o máis rápido era Ares, que seguía a mandar na xeral por diante de Monarri, xa a máis de un minuto, tendo por detrás a Marbán a menos de 4 segundos. Restaba unha última sección, na que se volverían a disputar os tramos de La Lancha e o circuito do Jarama. Os irmáns Vallejo eran os máis rápidos, seguidos en ambos por Marbán e Monarri, polo que o rali remataba coa vitoria de Ares, seguido de Marbán, e con Monarri terceiro a menos de 3 segundos.

 

Victor Senra: campión da copa R2 e da copa FIA

Foto-Mfoto Víctor Senra - Foto-Mfoto

Aínda que o campionato absoluto estaba xa decidido, na proba madrileña decidíanse o trofeo para vehículos de 2 rodas motrices, o trofeo para vehículos FIA, e o trofeo para vehículos R2.

Victor Senra partía con posibilidades de acadar o triunfo dos tres trofeos, aínda que a ventaxa no trofeo de 2 rodas motrices respecto ao piloto de Suzuki Gorka Antxustegi era de tan só 4,5 puntos, polo que tiña que quedar por diante del para ser campión, o que resultaba realmente complicado dadas as diferenzas entre o Peugeot 208 R2 do de Dumbría e o Swift S1600. Senra saía coa calculadora na man para sumar os puntos necesarios para proclamarse campión do trofeo FIA e do trofeo R2.

 

Abel Jurado, campión galego de rallymix

O campionato galego de rallymix celebraba a súa última cita na localidade ourensana de Barbadás. Dividida en dous días, a proba discorría sobre un tramo de terra e asfalto, como é obrigatorio neste tipo de probas. Unha proba na que se decidían tanto os títulos da clase A (limitada a vehículos kartcross) entre Abel Jurado e Iago Silva, e da clase B (limitada a turismos) entre Perfecto Calviño, Tino Iglesias e Francisco Pardo, onde se dúbida destacaba a presenza de Manuel Senra e Faustino Suárez a bordo dun Ford Fiesta R5, no que supoñía o estreo dun vehículo destas características en Galicia. Abel Jurado proclamabase campion da agrupacion A en Barbadas -Foto-Danny Photo Racing - La Tula Sport Abel Jurado proclamábase campión da agrupación A en Barbadás -Foto-Danny Photo Racing - La Tula Sport   Na agrupación A o máis rápido era o asturiano Jurado a bordo do seu Yacarcross, que marcaba o mellor tempo en todas as mangas agás na segunda, na que o máis rápido era Silva. Con esta vitoria, o asturiano proclamábase campión da agrupación, nunha temporada na que ademais de nesta proba, acadaba a vitoria tamén na de As Pontes e na de Santa Comba. Senra-Suarez ganaban a clase B no que suponia o estreo dos R5 en Galicia - Foto-Jose Angel Rodriguez Senra-Suárez gañaban a clase B no que supuña o estreo dos R5 en Galicia - Foto-José Ángel Rodríguez  

En canto a agrupación B, os máis rápidos foron Manuel Senra e Faustino Suárez, que ademais se situaban segundos da clasificación xeral da proba, seguidos por Tino Iglesias, que necesitaba gañar para vencer o campionato. Mentres que Pardo se vía obrigado a abandonar por avaría no seu Subaru Impreza, Perfecto Calviño, que aparcaba o seu Ford Fiesta Proto para empregar un Evo X de AR Vidal, víase tamén obrigado a abandonar nesta proba por problemas de presión de aceite, pero o segundo posto non lle chegaba a Iglesias para ser campión da clase, dado que tiña que descartar 50 puntos, por ser o peor resultado desta temporada e ao reterse 4 dos 5 resultados para a clasificación final do campionato, polo que finalmente Calviño se proclamaba campión da clase B.

  Novas relacionadas

Fonte

comentarios