Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Arrinca no circuito de Bértoa a oitava edición do campionato nacional de autocross

Arrinca no circuito de Bértoa a oitava edición do campionato nacional de autocross
campionato espana autocross circuito bertoa carballo Un total de 96 pilotos competirán dende hoxe e ata o domingo na proba do campionato de España de Autocross que se disputa no Circuíto Municipal de Motor de Bértoa. É a oitava ocación consecutiva en que a competición nacional visita Carballo para acoller aos mellores pilotos españois da especialidade xunto cun importante número de pilotos habituais do Campionato Galego, que buscan nesta proba lograr levantarse ao alto da clasificación. Precisamente onte, algúns deles xa se deixaron ver durante o acto de presentación da cita. Perfecto Calviño e Sandra García, que o farán en División I 12; e Darío Calviño que o fará en Jr Car Cross, ocupando actualmente a terceira posición na clasificación xeral do Campionato, foron algúns que estiveron no acto. Novidade Esta tempada, ademais, a proba conta cunha novidade, que é que as carreiras contarán cun sistema de premios en metálico para os seis primeiros participantes clasificados en cada categoría, o que animará sen dúbida o espectáculo na pista. O público non pode perder esta cita na que, máis ca nunca, os participantes tentarán subir ao máis alto do caixón. Despois de todas as verificacións e trámites administrativos e técnicos, o espectáculo comeza o sábado a partir das 15:30 horas dos adestramentos oficiais e as mangas clasificatorias, mentres que o domingo comezará a partir das 9 horas xa sen parar até a entrega de premios a partir das 15:30 horas. Membros do concello e alguns pilotos que participan no campionato espanol de autocross presentaron a cita que tera lugar en Bertoa Membros do concello e pilotos que participan no campionato español de autocross presentaron a cita que terá lugar en Bértoa Como en edicións anteriores, será nesta carreira onde os afeccionados e afeccionadas poderán gozar por primeira vez este ano en Galicia dos espectaculares monoplazas deseñados especificamente para autocross que compiten na División III, ou os impresionantes superturismos da División I. Os días 25 e 26 de xuño o espectáculo xa comezou en Bértoa cos primeiros adestramentos libres. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, transmitíronlle os seus parabéns á organización, encabezada por Escudería La Coruña e a Federación Española coa colaboración de Máis Motor, e desexaron que o público goce coa proba, unha das sete do Campionato de España.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios