Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As bicicletas tomaron os montes de Dumbría

As bicicletas tomaron os montes de Dumbría

Máis de 230 ciclistas participaron esta pasada fin de semana na I Ruta BTT Concello de Dumbría. E a cita foi un éxito en tódolos sentidos. Un día estupendo, un ambientazo tremendo dende as 9:00h da mañá na zona do Conco e unha paraxe impresionante para disfrutar da natureza en bicicleta.

Os participantes non fixeron máis que loubar a organización por parte do Concello. I é que Dumbría sabe mimar o deporte, e foron máis de 40 persoas as que velaron porque a organización fose perfecta. Non houbo erros de sinalización, varios quads, unha furgoneta e un coche de Protección Civil facían do percorrido de 44km un lugar seguro. Para que logo todos os participantes puidesen disfrutar dun bo churrasco na cantina do Conco.

Ademais das clásicas saídas de cadea, pinchazos ou caídas leves, non houbo máis problemas. E foron rápidos, xa que a meirande parte dos participantes tardaron 1 hora menos do horario previsto pola organización.

Os foros de internet só teñen boas palabras para a organización e queren que se repita con máis rapidez.

Outra Ruta BTT para o verán

Tal foi o éxito e as boas palabras que recibiu a organización, que dende o Concello xa pensan na vindeira Ruta. E non, non van agardar ao ano que vén. Este verán seguramente xa haberá unha nova que percorrerá o río Xallas, dende o encoro da Fervenza ata a cascada do Ézaro... Aí é nada!

Desenvolvemento da proba

A partir das 8,45 h, as intalacións deportivas do Novo Conco, que presentaban un aspecto espetacular para a ocasión, comezaron a encherse de ciclistas. O primeiro paso para dar salida era a firma da inscrición de tódolos participantes e recollida de dorsais. Unha vez cumplido este requisito, sobre as 9,45h da mañán, o alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño Castro, cortaba a cinta de saida para o desfrute dos participantes. Tras unha saída tranquila pola estrada de Dumbría, a partir da localidade de Canelas, os deportistas empleanse a fondo ata o primeiro abituallamento na Capela das Neves en Buxantes.

Logo deste descanso, donde a oragnización dispuxo de bebida e comida. Logo duns kilómetros e tranquilidade, a organización da via libre para que os corredores se esforzen o máximo. As subidas e baixadas soben de nivel, o día estaba perfecto, sol e sin vento, temos que dicir que a néboa, no alto de Olveira, estropeou algunha que outra paisaxe, sobre todo a do embalse da Fervenza.

No alto do Chans da Lagoas, os ciclistas retoman forzas para afrontar unha baixada espetacular así coma perigosa. A partir da unha do medio dia ian chegando os primeiros, ata máis ou menos as 14,00h que chegaban os mais rezagados. Os corredores que ian chegando recollian unha camiseta conmemorativa, así coma un calendario do Concello. A cafeteria estaba ateigada de deportistas comentando as aventuras da ruta. Pouco despois das 14,30h o Concello preparou un churrasco para os corredores.

Cómpre destacar a colaboración das casa comerciais coma, Pepsi, Carniceria Antelo e Electrorayma.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios