As cadetes do ACB loitarán polo primeiro posto

Nova xornada de baloncesto na Costa da Morte con doble enfrontamento directo cos equipos carballeses. E doble vitoria begantiñá, tanto en Sénior masculino como infantís, mentres que a única alegría chegou da man das potentes cadetes do Romar Moreira Construcciones, que xa preparan o partido do día 17 ante o Calancias que decidirá as campionas do grupo.

Mentres os maiores, que fixeron un fatal partido en Carballo, non poden baixar para nada a confianza, e seguen coas opcións intactas para conseguir a permanencia.

Senior Maculino

  • Resultado: Carballo Basket - Oso Polar Costa da Morte (64-38).
  • Parciais: 20-12; 19-8; 9-6; 16-2.
  • CARBALLO BASKET: Añón (11), Cristobal (6), Parcero (3), Castro (12), Díaz (19); Rodríguez, Pérez (2), Fernández, Mateo, Gómez (4), Crstiobal R. (8).
  • OSO POLAR: Santi (5), Pais (12), David (13), Fabián ( ), Andrés (6); Manu ( ), Anxo ( ), Jose (2).

Partido moi cómodo para o equipo de Carballo, que controlou o mesmo de principio a fin. Apoiados nunha boa defensa non deixaron ao Oso Polar realizar o seu xogo en ataque en ningún momento.
Pola súa banda o conxunto de Cee xogou un dos peores partidos da tempada, con innumerables perdas de balón e xogando moi desordenados en ataque.
Ao final pesaron demasiado as baixas de homes importantes como Rober, José Ramón, Sergio e Iván.

Vindeira cita

A próxima xornada recibimos a visita do Cambre (domingo ás 19:00 no Municipal de Cee).

Cadete feminino

  • Resultado: Santa María do Mar - Romar Moreira Construcciones (30-62)

Nova vitoria para as xogadoras do cadete do ACB Costa da Morte, cimentada como sempre nunha gran defensa e en rápidos contraataques. Destacar neste caso a actuación de Andrea Chasco que realizou un gran encontro.

Vindeira cita

A semana próxima o Romar Moreira Construcciones ten xornada de descanso e comezará a preparar o partido do día 17 contra Calasancias, encontro no que se decidirá quen queda primeiro deste grupo.

Infantil masculino

  • Resultado: Carballo Basket - Ferroatlántica Costa da Morte (49-33)

Os xogadores do Ferroatlántica xogaron un dos mellores partidos da tempada, sobre todo tendo en conta que se xogaba contra o segundo clasificado, que só caera derrotado nos 2 encontros que xogou contra o lider da competición. ademais na primeira volta a derrota no Municipal de Cee foi por máis de 40 puntos, polo que a pesar da derrota a sensación foi positiva.

O partido foi moi igualado ata o descanso cos xogadores ceenses moi concentrados en defensa e cometendo poucos erros en ataque, con todo custábanos moito anotar.
A gran pena foi que despois do descanso os de Carballo encaixaron un parcial de 18 a 4 que rompeu definitivamente o partido, e impediu aos ceenses seguir soñando con poder alcanzar unha vitoria que sería o premio ao traballo de toda a tempada.

Alevíns

Mala xornada para os equipos Ferroatlántica alevín masculino e feminino, que cultivaron sendas derrotas na mañá do sábado.
O alevín masculino non se puido impor ante o Jesuitinas xa que xogou un partido moi irregular con demasiados altibaixos, con momentos nos que as perdas de balón foron unha constante e que foron aproveitadas moi ben o conxunto coruñés.

Pola súa banda as mozas xogaban contra un dos mellores equipos da competición o BCA Mallos que só levan unha derrota en toda a tempada, e a verdade é que non se xogou nada mal. Houbo momentos de bo baloncesto con rápidos contraataques, con todo a materia pendente segue sendo a defensa, onde as costeiras seguen tendo moitos problemas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.