Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha inesquecible viaxe para a familia do ACB Costa da Morte

Unha inesquecible viaxe para a familia do ACB Costa da Morte

Incrible a experiencia de ir co teu equipo por aí adiante. Así o sentiron as mozas do ACB Costa da Morte, que estiveron a pasada fin de semana por Cantabria disfrutando dunha viaxe deportiva, pero tamén de lecer.

Partía a expedición ceense cargada de ilusión cara terras cántabras o venres despois do xantar. Moitos con música, outros con libros, a maioría con consolas, e case que todos cos libros da escola. Nada máis sair, comezaron as primeiras bromas e as primeiras cancións, o bo humor era a nota predominante. Entre películas e bromas a viaxe pasou máis rápido do esperado.
Ás 22:30 chagaban ao que ía a ser o seu fogar os seguintes días, o Albergue Paradiso, un complexo ben bonito, con pistas de baloncesto, parque infantil, parque multiaventura, piscina... mágoa que non fose verán… pensaron.

Os maiores da expedición xuntaronse o redor dunha mesa para conversar, xunto co noso amigo cántabro, Sergio, e dúas xogadoras del, Tamara e Sandra. Os xogadores e xogadoras permanecían nas habitacións, ainda que algún que outro tiña ganas de dar un paseo.
Cando os maiores se retiraron a durmir os rapaces aínda tiñan ganas de leria, cousa normal por outra parte, penso que algún nin chegou a durmir… Pero a noite foi pasando e o día seguinte toca levantarse cedo para almorzar.

O sábado despois do almorzo dirixíronse cara o Pavillón da Universidade para disputar os primerios partidos. Abriron a xornada os infantís do Ferroatlántica, que xogaban contra o Cantbasket, o resultado foi o de menos, ainda que os rapaces da Costa gañaron este primeiro encontro.
Despois as rapazas enfrontáronse o Kelss College, nun partido moi disputado remataron perdendo por un punto de diferenza, despois de xogar unha mala primeira parte na segunda souberon reaccionar e casi conseguen darlle a volta o marcador.

Tocaba repoñer forzas, e entre risas a expedición xuntouse a comer nun parque cercano o pavillón.

Pola tarde máis partidos. Aquí a cousa complicouse en canto a resultados se refire. Os rapaces xogaban contra un gran equipo, o Infantil “A” do Cantbasket. A diferenza en puntos foi moi ampla o rematar o partido, pero a imaxe foi moi boa por parte do equipo da Costa da Morte.

A continuación chegou o turno das rapazas que xogaban contra un equipo junior que aspira a estar entre os 10 primeiros de España. O resultado foi de 101 a 26, pero ver a cara de ilusión das nosas nenas xogando contra unhas das mellores xogadoras exteriores de España non ten prezo. E loitouse moito, roubaronse balóns, e ata houbo algunha que outra acción de mérito.

Rematada a xornada baloncestística tocaba voltar o albergue para a cea, e como non, para desfrutar do clásico de fútbol todos xuntos. Ese foi un momento moi divertido, entre piques dos culés cos merengues foise acercando a hora do encontro.
O remate do clásico as forzas xa andaban xustiñas e a maioría dos rapaces foron desfilando cara os cuartos. Sen embargo os maiores aínda gardaban forzas para xogar unha partidiña de cartas.
Esta noite foi tranquila, a paz respirábase no hambiente, todos durmían a perna solta.

Amaneceu o domingo con caras legañentas pero aínda con gañas de xogar o derradeiro partido. Pero antes tocaba unha pequeña visita cultural: Parque da Magdalena e praia do Sardinero.
No parque da Magdalena a xente xa volvía a estar en forma, e subidos no tren turístico comezaron os cánticos: “o tren q me leva pola beira do Miño, me leva, me leva polo meu camino…”. Despois algo de cultura da zona e… ata pingüinos, focas e leóns mariños, e fotos e fotos e máis fotos. Un pequeño paseo pola Praia e de volta o autobús para xogar o derradeiro partido da fin de semana.

O partido presentábase complicado xa que era contra o mellor equipo de Cantabria de categoría cadete feminina, pero as nosas rapazas deron o mellor na pista e xogaron un partidazo, cunha gran defensa e rápidos contraataque chegaron a ir 22 puntos por enriba. Sen embargo non podía ser todo tan sinxelo, e as locais cunha defensa en zoa conseguiron remontar para chegar a un final de encontró moi igualado, no que as xogadoras do Romar Moreira Construcciones impuxéronse por 6 puntos. Kells College cadete “A” 48-Romar Moreira Construcciones ACB Costa da Morte 54.

Co traballo rematado so quedaba xantar algo e voltar para a casa, entre abrazos efusivos despedíronse dos xa amigos santanderinos e emprenderon a viaxe de volta.
O cansanzo era patente na expedición aínda que seguía reinando o bo humor, todo ía sobre rodas para chegar ás 22:30 a casa, pero xurdiu o único contratempo da viaxe, un manguiño do bus rompeu, e quedaron “atrapados” en Cudillero, a 330 Km da casa…
Sen embargo o que era unha mala noticia, os rapaces conseguiron que seguira sendo unha festa, nin unha mala cara, nin unha protesta, máis ben todo o contrario, risas, bromas e diversión por calquera cousa; comportamento exemplar de todos, durante toda a fin de semana, pero en especial no momento que apareceron as dificultades.<
Finalmente, coa chegada do ansiado mecánico, arranxouse o bus e puideron regresar as nosas casas, moito más tarde do esperado pero sans e salvos.

Ás 3 da mañá facía a sua chegada o bus ó concello de Cee, coa xente moi cansa pero moi satisfeita polos días pasados en terras cántabras.

Previa da xornada

E esta fin de semana do 17 e 18 de decembro, hai xornada completa para os nosos equipos, na que excepto o alevín masculino e o infantil feminino xogan todos os demáis.

  • Abren a xornada sogando co Ferroatlántica alevín feminino o sábado ás 11:00h da mañá na polideportiva da Sardiñeira en Coruña fronte o Calasancio.
  • Pola tarde, ás 17:00h, o Romar Moreira Construcciones recibe a visita do Santa María do Mar (3º clasificado) no pavillón Municipal de Cee.
  • Ás 19:00 no mesmo pavillón, o ES Bazarra (senior feminino) xoga o seu partido contra o Santa María do Mar, coa baixa consabida de Elena, e a dúbida de Alba cunha escordadura de nocello. O partido será moi complicado, pero as da Costa da Morte tratarán de continuar coa evolución mostrada nos 3 últimos encontros.
  • O Domingo será o turno do Ferroatlántica infantil masculino contra o equipo de Culleredo ás 17:00 no municipal de Cee.
  • E finalmente cerramos a xornada co Oso Polar (sénior masculino) ás 19:00h no pavillón municipal de Cee, nun partido que se antolla chave para poder arrancar definitivamente a primeira victoria da tempada. O equipo que visita a cancha ceense e o de Maristas da Coruña.
    O Oso Polar conta coa dúbida de Anxo que sae dunha lesión, e coa baixa definitiva para o resto da tempada de Javi Soto, que nunha decisión persoal, decidiú baixar unha categoría para poder coller mellor a forma disfrutando de máis minutos, para voltar a ser o xogador que era antes da sua grave lesión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios