O Oso Polar sae do pozo cun terceiro cuarto para lembrar

Un terceiro cuarto impresionante, posiblemente o mellor da temporada) permitiu ao Oso Polar Sénior sumar unha importante vitoria que lle permite abandona a última posición da táboa clasificatoria. Queda agora empatado a vitorias co Sagrado Corazón, equipo que marca a salvación momentánea a espera do cruce co grupo sur.
A fin de semana foi positiva en xeral e só os e as alevíns caían. As boas novas chegaban pois dos infantís, que por primeira vez puido xogar co equipo completo e demostrou que poden facer grandes cousas como a clara vitoria ante Maristas desta semana.
Sénior masculino
- Resultado: PRECIOSPORT.COM ADFRO - OSO POLAR (68-73).
- OSO POLAR: (12+16+30+15): Fabián (2), Rober (18), Iván (4), David (27), José Ramón (15); Andrés (4), Jose, Anxo (3), Manu e Sergio.
Partido xogado na mañá do sábado no pavillón de Cocheras, coas gradas prácticamente valdeiras. Comezaba o partido co equipo coruñés moi metido no mesmo e anotando con facilidade, ante a pasividade defensiva do Oso Polar, por contra os visitantes tamén tiñan un xogo fluido en ataque.
No segundo cuarto axustouse un pouco a defensa pero non o suficiente ainda, deste modo o ADFRO anotaba o descanso 39 puntos, menos mal que os da Costa da Morte estiveron relativamente acertados en ataque, porque se non podía ter rematado o encontro no descanso...
Pero non foi así, e nun alarde de carácter e gañas o Oso Polar voltou á pista con gañas de demostrar que a tempada aínda non está perdida. E vaia se o demostrou. Nun terceiro periodo incrible (seguramente os mellores momentos da tempada) cunha presión axfisiante e rápidos contraataques o equipo da Costa da Morte conseguiu darlle a volta o marcador cun parcia de 11 a 30.
O último periodo comenzou moi ven para o conxunto visitante, que controlaba o partido con ventaxas de entre 6 e 8 puntos. Pero non todo ía a ser tan sinxelo... No último minuto e 8 puntos arriba o Oso Polar chegaron os nervos e o ansia por gañar, e con esto as perdas de balón, co que o ADFRO soñou con meterse novamente no partido, pero finalmente 2 tiros libres de Anxo e un máis de David selaron, non sin sufrimento, o trunfo para o Oso Polar.
- Vindeira cita: o Oso Polar recibe a visita do Arteixo, coa ilusión de dar a sorpresa.
Infantil masculino
- Resultado: FERROATLÁNTICA - MARISTAS CORUÑA (57-39)
Partido moi esperado polos novos xogadores locais, no que sabían que tiñan opcións de sumar a segunda vitoria no taboleiro, e a verdade é que o xogo dos do Ferroatlántica Costa da Morte foi do mellor da tempada, cunha boa defensa (aínda que algo carente de intensidade) e rápidos contraataques conseguiron axiña as primeiras diferenzas no marcador. O descanso o encontro estaba ben encarrilado 28-9.
No terceiro cuarto a intensidade subiu un pouco , pero tamén creceu o acerto por parte dos Maristas e o encontro igualouse un pouco. No cuarto definitivo os locais relaxáronse un pouco e os coruñeses conseguiron anotar con máis fluidez, pero a sorte xa estaba botada.
Infantil feminino

- Resultado: AS PONTES - FERROATLÁNTICA (20-63).
- Parciais: 6-9, 5-17, 1-26, 8-11
- FERROATLÁNTICA: Lorena (26), Tania, María (12), Vivi (2), Iria (16), Claudia (5), Carmen e María Agulleiro.
Partido moi duro o disputado polas nosas xogadoras na mañá do domingo en As Pontes, no que o conxunto local intentou impoñer o seu mellor físico, sen embargo, no segundo e terceiro periodo o que se impuxo foi o talento das xogadoras do Ferroatlántica, con 2 parciais que falan ben claro do que sucedeu na cancha de xogo.
Cadete feminino
- Resultado: ROMAR MOREIRA CONSTRUCCIONES - CARBALLO BASQUET (91-18)
Gran partido o xogado na tarde do sábado no pavillón municipal de Cee, no que o conxunto local aproveitou para darlle minutos as xogadoras que normalmente dispoñen de menos tempo para demostrar as súas cualidades. E vaia se as demostraron, xogaron un partidazo, con contrataques fulgurantes e unha boa defensa.
Destacar por outra banda que o equipo contou coa axuda de xogadoras infantís, como premio a súa boa tempada.
Noraboa a todas elas por adestrar tódolos días coa ilusión que o fan, e por mostrar no último partido que tamén teñen un sitio importante no equipo.
Alevíns
Na mañá do sábado os nosos equipos Ferroatlántica alevín masculino e feminino desprazaronse como cada sábado a xogar a Coruña.
- O equipo masculino perdeu contra Salgado Montrove por tan só 2 puntos, no que supuxo a primeira derrota para os da Costa da Morte.
- No caso das rapazas, o partido foi menos disputado, xa que acudiron o encontro con tan so 5 xogadoras, moitas de elas benxamíns.
En calquera caso os 2 equipos están facendo unha campaña moi meritoria.
Sénior Feminino
O ES Bazarra non disputou o encontro, xa que foi aprazado.
Novas relacionadas
- O Oso Polar colleita a súa primeira vitoria mentres Baio se prepara para o Torneo de Nadal.
- Unha inesquecible viaxe para a familia do ACB Costa da Morte.
- O Oso Polar aínda non coñece a vitoria.
- Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais,
- Comezou a campaña de baloncesto na Costa.
Fonte
- Nota de prensa do Oso Polar.