Xoves. 10.10.2024
El tiempo

As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo

As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo

Xa avisabamos o ano pasado que Vimianzo está a crear unha perigosa camada de mini arqueiros. Non sabemos se son irmandiños ou veñen para invadir ás terras e devolverllas aos nobles, pero con esas caras de simpáticos que teñen de seguro que son do bando rebelde.

E continúan medrando. Da man do seu monitor Víctor Santos, e co mestre Jose Maria Lema, os pequenos arqueiros do clube Dous por Setenta, do Concello de VImianzo, seguen medrando.
O pasado 19 de xaneiro participaban no Campionato Galego de Sala 2014 celebrado no recinto de feiras de Pontevedra. Neste campionato participaban un total de 176 arqueiros de toda Galicia nas distintas categorías e modalidades deste deporte.

Gran éxito

Minicampionas de Tiro con arco de Dousxsetenta

O club vimiancés desprazou a cinco arqueiros que participaron na modalidade de arco recurvo (olímpico) e que tiveron unhas actuacións destacadas nas categorías esquío (6-7 anos), benxamín (8-9 anos), e alevín (10-11 anos):

  • Paula Vázquez Blanco proclamouse campiona galega na categoría esquío feminina cunha puntuación final de 184 puntos. Nesta categoría os aqueiros tiran un total de 30 frechas a unha distancia de 12 metros.
  • Paula Pérez Espasandín proclamouse subcampiona galega na categoría benxamín feminina cunha puntuación de 222 puntos. A campiona foi Lucía Barreiro, do Sporting Club Casino, cunha puntuación de 231 puntos; mentres que a terceira foi Claudia Cerviño, de Toxarco, con 220 puntos. Ó igual que na categoría esquío, tíranse 30 frechas a doce metros.
  • Laura Ramos Santos proclamouse campiona galega na categoría alevín feminina con 476 puntos. A segunda clasificada foi Raquel Sánchez, de Arqueiros de Cambre, con 464 puntos; en terceiro lugar quedou Beatriz Botelho do club Iadovi, con 427 puntos.
  • En categoría alevín masculina, Adrián Sampedro Blanco acadou o sétimo posto, mentres que José Vázquez Blanco, quedaba en oitava posición. Na categoría alevín os aqueiros tiran un total de 60 frechas sobre unha distancia de 18 metros, igual que nas categorías superiores.

Aí é nada. Xa imos tendo Robin Hoods costeiros!!

Minicampionas de DousxSetenta en Pontevedra Minicampionas de Tiro con Arco vimiancesas

Novas relacionadas

Fonte

  • Información do Clube DousxSetenta.

Comentarios