Axenda deportiva da fin de semana
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/10/19/Imaxe-do-Dumbria-O-Val-da-semana-pasada-Foto-Jorge-Parri.jpg)
![Imaxe do Dumbria-O Val da semana pasada- Foto- Jorge Parri Imaxe do Dumbria-O Val da semana pasada- Foto- Jorge Parri](/media/quepasanacosta/images/2012/10/19/Imaxe-do-Dumbria-O-Val-da-semana-pasada-Foto-Jorge-Parri.jpg)
Tras ver o parte de sancións, que volve a QPC polas peticións dos nosos lectores, repasamos a actividade deportiva desta fin de semana de 20 e 21 de outubro de 2012. Con moito fútboldacosta pero tamén con voleibol, taekwondo, balonmán, ou a primeira viaxe do Fisober ao País Vasco. E ollo, que esta será tamén a fin de semana na que o piloto dumbriés de Quads Toni Trillo reciba o 1º Premio Oftrack.
O partido da semana xa no que atinxe ó fútbol costeiro será o sábado entre Fisterra-Camariñas, ao que chega máis necesitado o cadro local, pero contará co apoio da parroquia local para meter presión ós palilleiros. Ademais na 1ª, o Ponteceso terá que gañar na cancha do pechacancelas e o Malpica recibe ao Laro, co que está igualado.
A xornada na Preferente chega parcial, pois o Soneira descansa. O XSC ten a oportunidade de abrir unha pequena fenda entre os 3 de arriba e o resto se gaña ao Bertamiráns, que está 4º a 3 puntos dos xalleiros. Mentres, o Dumbría recibe o sábado a un Sada e horas baixas.
A xornada na Liga da Costa chega interesante. O líder terá un difícil saída ante o irregular Castriz, que medras nas grandes ocasións. Por detras, os Corme e Esteirana terán complicadas saídas contra o Volantes e o San Lorenzo, mentres que o partido máis igualado será o Cee-Baio, con dous equipos que veñen de gañas os 3 últimos partidos. O Outes-Carnota de seguro que é intenso tamén nun ateigado Conchido.
Na 3ª hai partidos de alta tensión. O Porteño terá derbi ante o Xaviña. Pero o partido da semana será o Camelle-Independiente, entre dous dos que mellor comezaron a campaña.
Nos xuvenís, no sur o Dumbría-Fisterra será o partidazo da semana, mentres que polo norte o Malpica-Baio non lle queda á zaga en calidade e intensidade.
Atentos aos Veteranos, que verán un Ponteceso-Cabana moi intenso que servirá para medir as posibilidades do Cabana.
En marcha a Comisión organizadora dos actos do 50 aniversario da Copa da Costa
Segundo nos informan dende a Asociación de Clubes do Fútbol da Costa, esta fin de semana foi enviado un escrito os clubes para que todos podan participar nos actos do 50 aniversario da Copa da Costa. O primeiro paso destes actos vai consistir en crear a Comisión que vai organizar o evento. A intención é a de formalizar unha reunión antes do 30 de outubro para formar a Comisión e empezar a traballar canto antes.
A Asociación, en colaboración ca Federación Galega de Fútbol, pretende levar a cabo unha serie de actos para conmemorar estes cincuenta anos da competición de Copa máis prestixiosa a nivel regional.
Preferente, xornada 9
Dumbría | 20/10 - 17:00 | Sada |
Bertamiráns | 21/10 - 17:00 | Xallas StComba |
- Descansa Soneira.
1ª Autonómica, xornada 8
Fisterra | 20/10 - 16:30 | Camariñas |
Piloño | 21/10 - 16:30 | Ponteceso |
Malpica | 21/10 - 17:00 | Laro |
2ª Autonómica, xornada 8
Corcubión | 20/10 - 16:30 | Muros |
Cabana | 20/10 - 18:00 | Zas |
Dumbría B | 21/10 - 16:30 | Montelouro |
San Lorenzo | 21/10 - 16:30 | Esteirana |
Cee | 21/10 - 16:30 | Baio |
Volantes | 21/10 - 16:30 | Corme |
Buño | 21/10 - 17:00 | Mazaricos |
Castriz | 21/10 - 17:00 | Sofán |
Outes | 21/10 - 17:00 | Carnota |
3ª Autonómica, xornada 8
Soneira B | 20/10 - 16:00 | Alcaián |
Camelle | 20/10 - 16:30 | Indep. Carballo |
Castrelo | 20/10 - 18:30 | Fisterra B |
Baíñas | 21/10 - 16:30 | Muxía |
Nantón | 21/10 - 16:30 | Cerqueda |
Porteño | 21/10 - 16:30 | Xaviña |
Coristanco | 21/10 - 16:30 | Laxe |
Ameixenda | 21/10 - 18:30 | Corcoesto |
- Descansa Lira.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 8
Dumbría | 20/10 - 11:30 | Fisterra |
Soneira | 20/10 - 12:00 | Mazaricos |
Esteirana | 20/10 - 12:00 | Cee |
Corcubión | 20/10 - 12:30 | Outes |
Xallas StComba | 20/10 - 16:30 | Muros |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 8
Cabana | 20/10 - 16:00 | Corme |
Muxía | 20/10 - 16:30 | Ponteceso |
Camariñas | 20/10 - 16:30 | Laxe |
Malpica | 20/10 - 16:30 | Baio |
Coristanco | 20/10 - 16:30 | Zas |
Liga Galega Cadete, xornada 6
S.de Compostela | 20/10 - 18:15 | Dumbría |
Bergantiños | 20/10 - 19:00 | S.D. Compostela |
Liga Galega Infantil, xornada 6
Bergantiños | 20/10 - 10:00 | Montañeros B |
S.de Compostela | 20/10 - 11:15 | Dumbría |
1ª Infantil, xornada 5
Xallas StComba | 20/10 - 10:30 | Outes |
Os Miudos | 20/10 - 11:00 | Fisterra |
Cee | 20/10 - 16:30 | Esteirana |
Baio | 21/10 - 10:30 | Cabana |
Corme | 21/10 - 10:30 | Ponteceso |
Muxía | 21/10 - 10:30 | Coristanco |
Sofán | 21/10 - 17:00 | E.M.F. Vimianzo |
- Descansa As Baleas.
Ligas de Veteranos, xornada 6
1ª División
21/10 - 10:00 | Camariñas | |
Bergantiños | 21/10 - 10:00 | Corcubión Vet. |
Ponteceso | 21/10 - 11:00 | Cabana |
Nantón | 21/10 - 11:00 | Bértoa |
Coristanco | 21/10 - 11:00 | San Lorenzo |
Castriz | 21/10 - 11:00 | Vimianzo |
Xuv. Bergantiños | 21/10 - 11:00 | Baio |
San Román | 21/10 - 12:00 | Zas |
1ª División
Sofán | 21/10 - 10:00 | Dep. Carballo |
Poniente | 21/10 - 10:00 | Corme |
Corcoesto | 21/10 - 11:00 | Leiloio |
Cerqueda | 21/10 - 11:00 | Porteño |
Agualada | 21/10 - 11:00 | Camelle |
Malpica | 21/10 - 11:00 | Buño |
Laxe | 21/10 - 11:00 | Muros |
Fútbol Sala
O Fisober disputara por 1ª vez na sua historia un partido oficial fora de Galicia, e será en Bilbao, ante o Stilo Berrio na 2ª xornada de Liga de 2ª División.
As xogadoras vimiancesas intentaran sacar un resultado positivo ante un equipo, o bilbaíno, que basa o seu plantel en xogadoras de canteira e que na 1ª xornada derrotaba ó Comarcal A Fervenza por 0-2 polo que chegaran ca moral alta para enfrontarse ó equipo galego.
Os adestradores vimianceses non poderán contar para este partido con Elsa Souto, pero si con Nuria Paz, recuperada, polo que se desplazaran a Bilbao un total de 10 xogadoras.
Sairán ás 0:00h de Vimianzo, para chegar a Getxo arredor das 9:00h, almorzar, descansar, ata ás 14:00h cando partirán para disputar o partido no Pavillón Municipal de Abusu-La Peña (Bilbao). Ao remate voltarán e se agarda a súa chegada ás 3:00h.
Balonmán
- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado viaxa o Camariñas a unha das pistas máis difíciles da categoría. En Ribadavia enfrontarase ao equipo do Ribeiro Viña Costeira, un dos clásicos da categoría.
- 1ª Estatal: A vindeira xornada visitará Carballo o Mecalia At. Novás, equipo recentemente descendido da División de Honra Prata, que conta, e moito, nas quinielas para facerse cun dos postos que da acceso á fase de ascenso. De seguro un rival complicadísimo para o Calvo Xiria. Coma ven sendo habitual o sábado ás 18:00 horas no Vila de Noia.
Taekwondo
Este proximo sabado 20 de outubro o Club Taekwondo Arte e Movemento asistira a Copa Deputación-Torneo Novagalicia Banco, fase provincial da Coruña, que se celebrara en Sada.
Tratase dunha competición de Técnica, que se celebrara nas catro provincias por separado este mesmo dia, na que participarán en total máis de 1.500 persoas (deportistas, técnicos e árbitros).
Estas competicións son clasificatorias para a Copa Xunta de Galicia-Torneo Pescanova, que terá lugar o día 24 de novembro en Moaña. Os tres primeiros clasificados de cada categoría en cada provincia logran unha praza para a Copa Xunta de Galicia.
O Clube Arte e Movemento desprazara nada mais e nada menos que a 40 deportistas, entre os 6 e os 35 anos, naturais de Cee, Fisterra, Carnota, Muxía e Vimianzo:
Juan Alvarellos, Cristian Domínguez, Juan Luis Lista, Cristian López, Marcos Rodríguez, Manuel Alonso, Carla Martine, Yanire Alonso, Lois Benlloch, Álvaro Lado, Maria Lado, Laura Marcote, Carmen Romero, Angel Alonso, Patricia Túñez, Marta Sambade, Aitana Ayala, Adrián Rodríguez, Gonzalo Martinez, Zaira Domínguez, Xoel García, Lois Gonzalez, Yago López, Paula Ézara, Zoraida Barrientos, Paula Canosa, Mar Marcote, Andrea Pazos, Ylenia Martinez, Alex López, Lucas Toba, Adriana Toba, Adrian Saborido, Anxo Fernández, Brais Fernández, Javier Núñez, Ismael Senande, Adrian Vazquez, Sara Fernández, Paula Insua, Mara Gionmarini, Martín Franco, Andrea García, Daniel López, Irimia Pérez e Manuel Villamisar.
Voleibol
Esta xornada os equipos de volei da bisbarra xogan en Dumbría o sábado 20 nos seguintes horarios:
10:30h:
- Infantil femenino: Manuela Rial- Calasancias;
- Cadete masculino: Volei Dumbría- Calasancias.
12:00h:
- Cadete femenino Volei Dumbría- Calasancias;
- Infantil masculino Manuela Rial- Calasancias.
Máis información
Crónicas da semana
- Volve o parte de sancións cando buscan unha comisión para organizar os 50 anos da Copa da Costa.
- A Liga de Veteranos amosa o seu poderío.
- Xuvenís: O Fisterra fai prevalecer o verde.
- 3ª Autonómica: O Porteño pega forte.
- 2ª Autonómica: Á caza do líder.
- 1ª Autonómica: Deixando escapar puntos
- Preferente: Entre os 8 primeiros.
- Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar.
Artigos deportivos
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).