Axenda deportiva da última semana das Ligas costeiras

Nova fin de semana deportiva na Costa da Morte que parece que o tempo vai permitir disfrutar. Teremos campionato galego de volei en Corcubión, mini BTT en Dumbría, surf en Nemiña, e sobre todo, moito #fútboldacosta, que chega atónito tralo tremendo parte de sancións.

Rematan todas as Ligas regulares esta fin de semana, agás a Preferente, e atención céntrase na parte baixa da 2ª Autonómica. Unha vez que na Preferente apenas loitan por quedar o máis arriba posible, que en 1ª os descensos están decididos e que na 3ª queda todo pendente da promoción, a xornada na Liga da Costa centra a atención.

E é o Mazaricos o que peor ten as cousas para salvarse. Cabana e Outes dependen de si mesmos, e se gañan a Buño e ao San Lorenzo, ambos en casa, quedarían salvados. Os amarelos teñen que esperar que non gañen ou Cabana ou Outes e non fallar en Agra da Filgueira ante o Montelouro.
Así e todo, poden darse moitas circunstancias, e mesmo varios triples empates, nos que sempre descendería o Mazaricos, pois ten peor bagaxe nos 6 enfrontamentos directos ante Cabana e Carnota, e ante Outes e Cabana. Queda así completamente safo o Carnota. Nun último caso no que gañase o Mazaricos, perdese o Outes e empatase o Cabana, quedando empatados Cabana e Outes, serían os da Serra os que baixasen.

Polo resto, a xornada deixaranos un soso derbi na Preferente entre Soneira e Xallas de Santa Comba nesta penúltima xornada, provocando que a última coincida para os 3 equipos costeiros ca ida dos Oitavos da Copa da Costa. En 1ª, xa con todo o peixe vendido, o Fisterra descendido e os Camariñas e Ponteceso salvados, o derbi entre Malpica e Fisterra só servirá para ver se o Malpica alcanza a 5ª praza. Iso si, o Ponteceso querrá deixar por debaixo ao Flavia non vaia ser o demo e chegue algunha pouco probable sorpresa en forma de arrastre.

E ollo ca Copa da Costa Xuvenil, que esta fin de semana nos depará os finalistas. Ademais, chega a volta das semis con todo aberto tralos empates na ida.

E tamén están de Copa os Veteranos, que afrontan a ida dos Oitavos.

Ademais, as que non acaban aínda non as Ligas Galegas. Con infantís xa solventados (o Dumbría asegurou hai tempo a permanencia), os Cadetes dumbrieses seguen na loita polo que sería un histórico ascenso á División de Honra. Os de Lobelos e Leis non poderán fallar co Lugo B, 8º, e esperan que o Ural pinche ante o Residencia, 7º. De feito, se gañan os dumbrieses e perden os coruñeses, teríamos representante costeiro na máxima categoría cadete.

E para rematar co #futboldacosta, rematan as Ligas costeiras cadetes e infantís xa cos campións decididos dende hai tempo, Esteirana en cadetes, que xogará co Cee a Fase de Ascenso á Liga Galega, e o XSC infantil, que será o único representante na Fase.

Preferente, xornada 37

Soneira 12/05 - 17:30 Xallas StComba
Dumbría 12/05 - 17:30 Lemos

1ª Autonómica, xornada 34

Malpica 11/05 - 17:00 Fisterra
Arzúa 11/05 - 18:30 Camariñas
Flavia 12/05 - 17:00 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 34

Volantes 11/05 - 18:00 Corcubión
Cabana 12/05 - 17:00 Buño
Castriz 12/05 - 17:00 Cee
Outes 12/05 - 17:00 San Lorenzo
Carnota 12/05 - 17:00 Dumbría B
Sofán 12/05 - 17:00 Esteirana
Corme 12/05 - 17:00 Baio
Zas 12/05 - 17:00 Muros
Montelouro 12/05 - 17:00 Mazaricos

3ª Autonómica, xornada 34

Soneira B 11/05 - 16:00 Castrelo
Coristanco 11/05 - 17:00 Camelle
Laxe 12/05 - 17:00 Lira
Nantón 12/05 - 17:00 Ameixenda
Porteño 12/05 - 17:00 Baíñas
Alcaián 12/05 - 17:00 Indep. Carballo
Cerqueda 12/05 - 17:00 Muxía
  • Xaviña - Fisterra B (2-0) por retirada do filial fisterrán.
  • Camelle-Coristanco alteran a orde do campo pois a ida xogouse en Coristanco por mal estado do Rodeiro.

Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semifinais


Liga Galega Cadete, xornada 31

Dumbría 11/05 - 12:00 Lugo B
S.de Compostela 12/05 - 12:00 Bergantiños

1ª Cadete, xornada 26

Baio 11/05 - 10:30 Xallas StComba
Con. de Carnota 11/05 - 10:30 Coristanco
Esteirana 11/05 - 10:30 Cee
Outes 11/05 - 10:30Zas
Fisterra 11/05 - 12:00 Muxía
Porteño 11/05 - 16:15 Muros
Ponteceso 11/05 - 17:30 Cabana

1ª Infantil, xornada 30

As Baleas 10/05 - 16:30 Outes
Corme 10/05 - 19:00 E.M.F. Vimianzo
Sofán 11/05 - 11:30 Os Miudos
Ponteceso 12/05 - 10:30 Fisterra
Muxía 12/05 - 10:30 Esteirana
Baio 12/05 - 10:30 Cee
Coristanco 12/05 - 12:00 Cabana
  • Descansa XSC.
  • Sofán-Os Miúdos alteran a orde e xogan no Carral.

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Oitavos


MiniBTT en Dumbría

No marco do Circuíto Provincial de BTT-XC que presentaba onte a Deputación, terá lugar este sábado 11 de maio o 1º Trofeo Dumbría Ralli e Mini BTT. Esta será a primeira das 5 carreiras do Circuito provincial, unhas citas que soen contar con máis de 200 inscritos cada unha.

A cita partirá ás 15:00h do Conco, onde coma sempre se instalará o campo base, e pode participar de todas as idades, dende os máis pequenos aos master. Xa poden inscribirse antes do sábado enviando un email a cesar.ferrio@yahoo.es.

Surf en Nemiña

Tivo que ser aprazada varias semanas pola malas predicións metereolóxicas, pero parece que este domingo 12 de maio si terá lugar na Praia de Nemiña, en Muxía, a 1ª Proba do Circuíto Galego Open de Longboard e Paddleboard. Unha Proba clasificatoria para o Campionato Nacional de España 2013.

Campionato Galego de Volei

Os mellores equipos galegos da categoría cadete disputarán esta fin de semana o Campionato Galego, tanto na categoría masculina como na feminina. Os catro mellores clasificados das dúas ligas enfrontaranse no play off polo título, cun sistema de enfrontamento directo.
O Voleibol Dumbría organiza o torneo masculino o sábado 11 no Pavillón de Corcubión debido as obras do pavillón dumbries. Este campionato permite clasificar para o campionato de España que se celebrará a mediados de xuño en Badajoz.

Pola mañá disputaranse as semifinais, e na tarde do mesmo día xogarase o terceiro e cuarto posto e posteriormente a final. Os encontros serán os seguintes:

  • 10:00 - Burgas Volei - Emeve.
  • 12:00 - Voleibol Dumbría - IES Ames.
  • 16:30 - Tercer e cuarto posto.
  • 18:30 - Final.

Baloncesto

  • Venres, 10:
    - Senior masculino: Fontiñas - Acb Costa da Morte. Ás 19:00 horas no Municipal de Fontiñas.
  • Sábado, 11:
    - Alevín feminino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Carballo Basket. Ás 12:00 horas no Municipal de Cee.
    - Alevín masculino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Artai. Ás 16:00 h no Municipal de Fisterra.
    - Infantil feminino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Artai (ida). Ás 18:00 horas no Municipal de Fisterra.
    - Cadete feminino: Abaco Acb Costa da Morte - Compañía de María A. Ás 20:00 horas no Municipal de Fisterra.
  • Domingo, 12:
    - Alevin feminino: Artai - Ferroatlántica Acb Costa da Morte (volta). Ás 10:00 horas no Municipal Zona Escolar - Carballo.
    - Cadete masculino: Acb Costa da Morte - Cambre. Ás 12:00 horas no Municipal de Cee.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).