Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Dous empates que deixan todo aberto para a volta das Semis

Xuvenís: Dous empates que deixan todo aberto para a volta das Semis
Miki Pose lanzando unha falta no Malpica-Dumbria-Foto- David Castro Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Todo queda aberto para a volta. As dúas semifinais da Copa da Costa Xuvenil remataron en empate polo que todo se decidirá no Conco e mais nas Redondas, onde o Malpica intentará facer gaña da súa eficacia ante todo un Dumbría, e onde o Outes buscará dar a sorpresa ante o campión de Liga. Os horarios aínda non están confirmados pero con moita probabilidade serán o sábado ás 17:00h.

Malpica - Dumbría (2-2)

  • MALPICA: Jesús, Víctor, Lesi, Joro, Dímaga (David, min.89), Canario, Martín Maradona, Aitor (Fenosa, min.57), Julito (Alberto, min.65), Juny (Miguel Ángel, min.89), Pitís.
  • DUMBRÍA: David, Fabián (Israel, min.54), Samuel, Cabana, Jose (Denís, min.13), Adrián Alcaina, Javi (Álex Siaba, min.61), Lucas, Kevin (Dito, min.81), Miki, Martín.
  • Goles: 1-0, min.18: Juny de penalti; 2-0, min.35: Pitís a pase de Juny; 2-1, min.42: Kevin de penalti; 2-2, min.78: Kevin de penalti.
  • Expulsión: o malpicán Joro no min.78.
Os malpicans celebrando un gol ante o Dumbria-Foto- David Castro

Partido de ida e volta, o que se viu na Pedra Queimada, cun Malpica buscando un fútbol máis rápido e directo, con Juny e Petís como actores principales, e cun Dumbría que intentaba facer un fútbol máis combinativo.

Os dumbrieses entrarían máis enchufados, proba desto son as dúas ocasións consecutivas que tiveron nos minutos 6 e 7, a primeira, un saque de esquina lanzado por Kevin, que remata fóra Javi en boca de gol, e na segunda unha mala cesión de Lesi hacia Jesús, casi é aproveitada por Martin, pero o porteiro malpicán repele a vaselina do xogador do Dumbría.
No minuto 18, balón en longo que chega a Juny, este intenta facerlle o sombreiro a Fabián, o dumbriés toca coa man e comete penalti. O encargalo de transformar a pena máxima sería o propio Juny, na primeira chegada a portería dos xogadores de Tato.
Animaríanse os locais, no minuto 24, Juny, o mellor xogador dos locais na tarde do sábado, tería nos seus pés o 0-2. Contragolpe de libro do Malpica, levado por Pitís que pon un gran centro por baixo pero Juny remataría ao pau.
Tan só tardarían en responder os visitantes, gran xogada colectiva que culmina Miki cun lanzamento desde o borde da área e que resolve o porteiro malpicán Jesús cunha gran parada.
Á media hora de partido, os xogadores do Dumbría reclamarían un posible penalti por mans dun xogador local.
Aumentaría a distancia no marcador o Malpica, pase espectacular de Juny e Pitís, en posible fóra de xogo, define ante David.
Antes de chegar ao descanso, recurtaría distancia o Dumbría, Lesi toca o coiro cas mans e o colexiado sinala penalti, que sería transformado por Kevin.

Kevin marca o segundo penalti para o Dumbria-Foto- David Castro

Na segunda metade, como xa ocurrira na primeira, comezaría con dúas ocasións dos visitantes, no minuto 47, gran pase de Miki para Javi, que dispara contra o corpo de Jesús. Seis minutos máis tarde, falta lanzada polo cabanés Miki, que tras tocar na barreira vaise rozando o pau da portería malpicana. Pronto responderían os locais. Gran xogada individual de Juny que fai o pase da morte para Martín Maradona, que lanza fóra con todo o seu favor. A piques estarían de empatar os dumbrieses no minuto 63, tras un saque de esquina fórmase unha melé, e Lucas envía o esférico fóra a ras do pau.

Cando transcorría o minuto 78 de partido, internada de Miki por banda que se adentra na área e é derribado por Joro, o colexiado concede a pena máxima e expulsa ao xogador local, por dobre amonestación. O encargado de transformar o penalti sería de novo, Kevin, que faría o definitivo 2 a 2.

Despois do empate, ambos equipos contarían con ocasións para levarse o encontro. O malpicán Juny contaría con dúas consecutivas, no minuto 82, o 10 do Malpica envía o coiro ao pau tras unha mala cesión de Adrián Alcaina a David, e no 83, roubo dos locais en medio campo, o balón chégalle a Juny que se saca un gran lanzamento pero mellor foi a resposta do gardameta do Dumbría, David.
Pero serían os dumbrieses, os que contarían coa última oportunidade de levarse o encontro, tras unha boa xogada combinativa, o esférico chega a Álex Siaba que tras facerlle un gran regate a Lesi, lanza o coiro rozando o longueiro da portería de Jesús.

Empate xusto, logo do visto a tarde do sábado na Pedra Queimada. Eliminatoria que queda aberta e que se decidirá o vindeiro sábado no Conco.

Os dumbrieses celebrando un gol ante o Malpica-Foto- David Castro

Outes - Cabana (0-0)

  • OUTES: Mosto, Nieto, Jura, Maduro, Rafa, Babu (Rubio, min.65), Álvaro, Chía, Veleiro, Zeta (Edu, min.50), Ibra (Xurxo, min.70).
  • CABANA: Sergio Aranzubia, Dani, Samuel, Jonathan (Raúl), Duda, Pablo, Moreno, Ziño (Redondo), Aless (Rubén Darío), Iván Mato e Christian Fuentes.
  • Expulsión: o cabanés Samuel.

Sorprendeu o Outes a todo un Cabana, claro favorito nesta eliminatoria sendo o campión da Liga dos Campións e un dos que nos van representar na Fase de Ascenso á Liga Galega. Pero prantou cara o equipo de Manu Roque, e puxo en apretos aos cabaneses, e o máis importante, conseguiron deixar a cero a súa portería ante unhas das dianteiras máis eficaces da Liga. A tensión e a emoción estivo presente todo o encontro.

Non houbo un dominador claro se ben as mellores ocasións foron para o cadro local. Os Veleiro, Zeta e Ibra colábanse pola defensa cabanesa con moita rapicdes, mentres que os Ivan Mato e Cristian Fuentes non eran capaces de batir a Mosto. Nin de penalti, i é que tras unha última media hora na que as forzas flaquearon nos locais e os rossoneros apretaron algo máis, xa no desconto, Iván Mato tiña a ocasión de encarrilar a eliminatoria dende os 11 metros. Pero ao seu penalti respondía Mosto fixo un paradón a tiro do irmán Mato, o seu segundo penalti consecutivo parado, deixando a porta a cero e a eliminatoria aberta para a volta nas Redondas.

Máis información

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios