Axenda deportiva da última semana das Ligas costeiras


Nova fin de semana deportiva na Costa da Morte que parece que o tempo vai permitir disfrutar. Teremos campionato galego de volei en Corcubión, mini BTT en Dumbría, surf en Nemiña, e sobre todo, moito #fútboldacosta, que chega atónito tralo tremendo parte de sancións.
Rematan todas as Ligas regulares esta fin de semana, agás a Preferente, e atención céntrase na parte baixa da 2ª Autonómica. Unha vez que na Preferente apenas loitan por quedar o máis arriba posible, que en 1ª os descensos están decididos e que na 3ª queda todo pendente da promoción, a xornada na Liga da Costa centra a atención.
E é o Mazaricos o que peor ten as cousas para salvarse. Cabana e Outes dependen de si mesmos, e se gañan a Buño e ao San Lorenzo, ambos en casa, quedarían salvados. Os amarelos teñen que esperar que non gañen ou Cabana ou Outes e non fallar en Agra da Filgueira ante o Montelouro.
Así e todo, poden darse moitas circunstancias, e mesmo varios triples empates, nos que sempre descendería o Mazaricos, pois ten peor bagaxe nos 6 enfrontamentos directos ante Cabana e Carnota, e ante Outes e Cabana. Queda así completamente safo o Carnota. Nun último caso no que gañase o Mazaricos, perdese o Outes e empatase o Cabana, quedando empatados Cabana e Outes, serían os da Serra os que baixasen.
Polo resto, a xornada deixaranos un soso derbi na Preferente entre Soneira e Xallas de Santa Comba nesta penúltima xornada, provocando que a última coincida para os 3 equipos costeiros ca ida dos Oitavos da Copa da Costa. En 1ª, xa con todo o peixe vendido, o Fisterra descendido e os Camariñas e Ponteceso salvados, o derbi entre Malpica e Fisterra só servirá para ver se o Malpica alcanza a 5ª praza. Iso si, o Ponteceso querrá deixar por debaixo ao Flavia non vaia ser o demo e chegue algunha pouco probable sorpresa en forma de arrastre.
E ollo ca Copa da Costa Xuvenil, que esta fin de semana nos depará os finalistas. Ademais, chega a volta das semis con todo aberto tralos empates na ida.
E tamén están de Copa os Veteranos, que afrontan a ida dos Oitavos.
Ademais, as que non acaban aínda non as Ligas Galegas. Con infantís xa solventados (o Dumbría asegurou hai tempo a permanencia), os Cadetes dumbrieses seguen na loita polo que sería un histórico ascenso á División de Honra. Os de Lobelos e Leis non poderán fallar co Lugo B, 8º, e esperan que o Ural pinche ante o Residencia, 7º. De feito, se gañan os dumbrieses e perden os coruñeses, teríamos representante costeiro na máxima categoría cadete.
E para rematar co #futboldacosta, rematan as Ligas costeiras cadetes e infantís xa cos campións decididos dende hai tempo, Esteirana en cadetes, que xogará co Cee a Fase de Ascenso á Liga Galega, e o XSC infantil, que será o único representante na Fase.
Preferente, xornada 37
Soneira | 12/05 - 17:30 | Xallas StComba |
Dumbría | 12/05 - 17:30 | Lemos |
1ª Autonómica, xornada 34
Malpica | 11/05 - 17:00 | Fisterra |
Arzúa | 11/05 - 18:30 | Camariñas |
Flavia | 12/05 - 17:00 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 34
Volantes | 11/05 - 18:00 | Corcubión |
Cabana | 12/05 - 17:00 | Buño |
Castriz | 12/05 - 17:00 | Cee |
Outes | 12/05 - 17:00 | San Lorenzo |
Carnota | 12/05 - 17:00 | Dumbría B |
Sofán | 12/05 - 17:00 | Esteirana |
Corme | 12/05 - 17:00 | Baio |
Zas | 12/05 - 17:00 | Muros |
Montelouro | 12/05 - 17:00 | Mazaricos |
- O Corcubión e o Cabana deberían xogar o último minuto do choque suspendido a semana pasada no min.89, o sábado 11 ás 17:00h, pero coincide co partido no Eleuterio Balayo ante o Volantes.
3ª Autonómica, xornada 34
Soneira B | 11/05 - 16:00 | Castrelo |
Coristanco | 11/05 - 17:00 | Camelle |
Laxe | 12/05 - 17:00 | Lira |
Nantón | 12/05 - 17:00 | Ameixenda |
Porteño | 12/05 - 17:00 | Baíñas |
Alcaián | 12/05 - 17:00 | Indep. Carballo |
Cerqueda | 12/05 - 17:00 | Muxía |
- Xaviña - Fisterra B (2-0) por retirada do filial fisterrán.
- Camelle-Coristanco alteran a orde do campo pois a ida xogouse en Coristanco por mal estado do Rodeiro.
Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semifinais

Liga Galega Cadete, xornada 31
Dumbría | 11/05 - 12:00 | Lugo B |
S.de Compostela | 12/05 - 12:00 | Bergantiños |
1ª Cadete, xornada 26
Baio | 11/05 - 10:30 | Xallas StComba |
Con. de Carnota | 11/05 - 10:30 | Coristanco |
Esteirana | 11/05 - 10:30 | Cee |
Outes | 11/05 - 10:30 | Zas |
Fisterra | 11/05 - 12:00 | Muxía |
Porteño | 11/05 - 16:15 | Muros |
Ponteceso | 11/05 - 17:30 | Cabana |
1ª Infantil, xornada 30
As Baleas | 10/05 - 16:30 | Outes |
Corme | 10/05 - 19:00 | E.M.F. Vimianzo |
Sofán | 11/05 - 11:30 | Os Miudos |
Ponteceso | 12/05 - 10:30 | Fisterra |
Muxía | 12/05 - 10:30 | Esteirana |
Baio | 12/05 - 10:30 | Cee |
Coristanco | 12/05 - 12:00 | Cabana |
- Descansa XSC.
- Sofán-Os Miúdos alteran a orde e xogan no Carral.
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Oitavos

MiniBTT en Dumbría

No marco do Circuíto Provincial de BTT-XC que presentaba onte a Deputación, terá lugar este sábado 11 de maio o 1º Trofeo Dumbría Ralli e Mini BTT. Esta será a primeira das 5 carreiras do Circuito provincial, unhas citas que soen contar con máis de 200 inscritos cada unha.
A cita partirá ás 15:00h do Conco, onde coma sempre se instalará o campo base, e pode participar de todas as idades, dende os máis pequenos aos master. Xa poden inscribirse antes do sábado enviando un email a cesar.ferrio@yahoo.es.
Surf en Nemiña

Campionato Galego de Volei
Os mellores equipos galegos da categoría cadete disputarán esta fin de semana o Campionato Galego, tanto na categoría masculina como na feminina. Os catro mellores clasificados das dúas ligas enfrontaranse no play off polo título, cun sistema de enfrontamento directo.
O Voleibol Dumbría organiza o torneo masculino o sábado 11 no Pavillón de Corcubión debido as obras do pavillón dumbries. Este campionato permite clasificar para o campionato de España que se celebrará a mediados de xuño en Badajoz.
Pola mañá disputaranse as semifinais, e na tarde do mesmo día xogarase o terceiro e cuarto posto e posteriormente a final. Os encontros serán os seguintes:
- 10:00 - Burgas Volei - Emeve.
- 12:00 - Voleibol Dumbría - IES Ames.
- 16:30 - Tercer e cuarto posto.
- 18:30 - Final.
Baloncesto
- Venres, 10:
- Senior masculino: Fontiñas - Acb Costa da Morte. Ás 19:00 horas no Municipal de Fontiñas. - Sábado, 11:
- Alevín feminino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Carballo Basket. Ás 12:00 horas no Municipal de Cee.
- Alevín masculino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Artai. Ás 16:00 h no Municipal de Fisterra.
- Infantil feminino: Ferroatlántica Acb Costa da Morte - Artai (ida). Ás 18:00 horas no Municipal de Fisterra.
- Cadete feminino: Abaco Acb Costa da Morte - Compañía de María A. Ás 20:00 horas no Municipal de Fisterra. - Domingo, 12:
- Alevin feminino: Artai - Ferroatlántica Acb Costa da Morte (volta). Ás 10:00 horas no Municipal Zona Escolar - Carballo.
- Cadete masculino: Acb Costa da Morte - Cambre. Ás 12:00 horas no Municipal de Cee.
Máis información
Crónicas da semana
- Menudo parte de sancións.
- Xuvenís: Dous empates que deixan todo aberto para a volta das Semis.
- Os pequenos da Costa demostran o seu potencial na Fase Intercomarcal.
- 3ª Autonómica: O Porteño é de 2ª.
- 2ª Autonómica: A Esteirana canta o alirón e os de abaixo xogándose a vida.
- 1ª Autonómica: Triste e cruel adeus á categoría da SD Fisterra.
- Preferente: Máis pendentes do Dubra que dos nosos.
- Resultados e crónica dunha trascendental xornada con ascensos e descensos consumados.
Novas relacionadas
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Rochiccioli.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).