1ª Autonómica: Triste e cruel adeus á categoría da SD Fisterra

Triste e cruel adeus a categoría da familia do SD Fisterra. Tras un ano de moitos baches, a falta de unha xornada o Fisterra despediuse da 1ª Autonómica dun xeito tremendamente despiadado. No min.90 marcaba un tanto que lle faría depender de si mesmo na última xornada pero no desconto un Villestro demasiado intenso para non xogarse nada daba a volta ao marcador e metía ao cadro verde en 2ª ante o estupor de todo Ara Solis.
Unha derrota que ao tempo provoca a salvación do Camariñas e do Ponteceso, aínda pendetes de que non baixe o Dubra. Os de Berto conseguían a primeira vitoria na casa dende que está no banco camariñán, no momento oportuno; mentres que o Ponteceso non podía sumar ante o Noia pero que xa traía os deberes feitos da
Fisterra - Villestro (1-2)

- FISTERRA: Joselu, Piti (Dani, min.30), Robertín (Roberto, min.70), Manuel Cartamil, Sergio Manín, Roco, Guardiola (Marco do Cabo, min.75), Cotte, Santi (Mané, min.55), Aitor, Hugo (Mario, min.80).
- Goles: 1-0, min.89: Mané; 1-1, min.91; 1-2, min.92.
- Lesión: Piti.
- PONTECESO: Norberto, Rubén, Jorge, Dani Pallas, Javi Peón, Mendieta, Alberto, Bieito, Toniño, Canai (Brais, min.60), Bolón (Urbieta, min.46).
- Gol: 0-1, min.35.
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Rodri, Nico, De la Sierra, Moriño, Brais Triñares, Martín (Ousman, min.85), Juan oBello, Alex (Paco, min.75).
- Goles: 0-1, min.15: tras un córner; 1-1, min.35: De la Sierra cun centro chut que se envelenou e entrou pola escuadra; 2-1, min.75: Brais Triñares; 3-1, min.80: Martín.
- MALPICA: Víctor Martínez, Víctor, Marcos Amado, Mario Casal, Juanjo Rabuñal (Stiven, min.75), Neucha, Andrés, Ismael (Charro, min.70), Adrián, David Blanco, Martín Uruguaio.
- Goles: 1-0, min.26; 1-1, m.31: Neucha. 1-2, min.40: Neucha. 1-3, min.48: Adrián; 2-3, min.59; 3-3, min.60. 4-3, min.65; 5-3, min.69; 6-3, min.72; 7-3, min.85; 8-3, min.85.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
- Preferente: Máis pendentes do Dubra que dos nosos.
- Resultados e crónica dunha trascendental xornada con ascensos e descensos consumados.
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o blog de Luís E Porto do Malpica.
Durísima a derrota do Fisterra en casa que o devolve á 2ª Autonómica. E tras partido bronco, moi tenso, con moi poucas ocasións que se decidía nos últimos intres. O Villestro, sen nada en xogo coa 4ª praza asegurada, disputou unha auténtica batalla, pero Ara Solis mantiña vivo ao seu equipo.
E cando parecía que todo remataba en empate, Mané facía tremer o campo co seu gol. Pero de contado, en dúas xogadas xa no desconto, o Villestro daba a volta ao marcador matando as expectactivas fisterrás. O partido acabou con malos modos, co porteiro suplente encarandose ca bancada e cos afeccionados fisterráns aplaudindo con ironía a súa tremenda falta de respecto.
Así, sen tempo de lamentarse, o equipo verde xa se pon mans a obra preparando a temporada que vén na Liga da Costa. E esperemos que esto sexa sexa un pasiño atrás para dalos adiante con máis forza.

Ponteceso - Noia (0-1)
Gran partido do Ponteceso ante todo un Noia, no que non se notou a diferencia na clasificación. De feito, os locais tiveron algunha ocasión que puido entrar, e dominaron boa parte do partido agás nos últimos primeiros 20 mintos da segunda, nos que os visitantes foron mellores e marcaron o tanto que desfixo as táboas.
Na segunda foi mellor de novo o cadro de Nacho, que mesmo chegou a fallar un penalti a falta de 10 minutos por medio de Toniño, un penalti que el mesmo provocaba e que puido singnificar o empate.
Camariñas - Laro (3-1)
Sufrindo, coma sempre na casa, conseguíu esta vitoria salvadora o Camariñas, que provoca o descenso do Laro. A primeira no Hermanas Patiño dende que Berto chegou ao banco, unha chegada que se antoxou fundamental para a reacción do equipo.
Tardou en entrar no partido, atenazado de novo, o equipo local, pero o gol de De la Sierra reactivou ao equipo. Na segunda foron mellores e Brais Triñares e Martín asinaron a sentenza da salvación.
Bertamiráns B - Malpica (8-3)

Chegaba o Malpica case sen efectivos, e moitos tocados, e notouse. O Bertamiráns B non tivo piedade dese xesto e aínda parecíanlle poucos os oito goles que logrou vistos os folgos con que chegaron ao final do partido. E iso que os malpicáns aguantaron a primeira hora de partido mesmo poñéndose por diante con 1-3, buscando afianzar a 5ª praza. As forzas acabaron resintíndose e o equipo de Baña cae á 7ª posición.
