Menudo parte de sancións


Tremendo o parte de sancións desta última semana de fútbol da Costa. Multas, sancións exemplares, partidos aprazados... Un pouco de todo, comezando pola leve multa de 20€ ao Fisterra por incidentes no público.
Na 2º, a Federación, ante o acordo dos dous clubes, dá por finalizado o partido entre o Muros e o Corme, que foi suspendido no descanso tras uns insultos da bancada ao colexiado co 0-1 no marcador. Iso si, o Comité sanciona con 60€ de multa ao Muros.
O partido que non se dá por finalizado (a verdade é que nin os propios clubes case foron consicentes de que o partido fóra suspendido sen acabar) é o Corcubión-Cabana. O colexiado paraba o encontro no min.89 ante a agresión de Jonnie, que recibe por certo 3 meses de sancións, que posiblemente non teña que cumplir pois marcha emigrado a Suiza. Agora o Comité obriga a xogar ese minuto que falta o sábado 11 ás 17:00h no Cubaleiro. Curioso que o partido do Corcubión no Eleuterio Balayo contra o Volantes da última xornada estea prantexado para o sábado ás 18:00h... En todo caso, o máis probable é que ese minuto que falte non se chegue a xogar se Corcubión e Cabana envían un comunicado conxunto indicando que non van xogar e que aceptan o resultado que sinalaba o marcador non momento da suspensión.
Seguimos con cousas importantes, como as alegacións do Outes por suposta aliñación indebida do Dumbría B, por non cumplir o número mínimo de xogadores do filial. Así, o Dumbría B ten 3 días hábiles de prazo para presentar alegacións, e de darlle a volta ao resultado o Outes podería estar matematicamente salvado, pero non o sabería ata despois dunha última xornada na que non pode fallar, por se acaso.
E na 3ª, todos estabamos pendentes da posible sanción que lle podía caer ao Laxe pola suposta aliñación indebida de Gora, ante un recurso presentado polo Independiente co único interese de asegurar o título sen necesidade de vencer na última xornada. Haberá que esperar a que o Laxe presente explicacións, pois aseguran que fontes da Federación lle sinalaran que Gora cumplía os seus dous partidos de sanción no partido non xogado ante o Fisterra B e mais na Copa co Camelle.
Mención aparte merece o parte dos Dezaseisavos da Copa. Ata 20 xogadores sancionados con 2, 3, 10 e 24 partidos de sanción... por certo para o muxián Ángel, acompañando ao xa sancionado por un ano Papi, que volvía ser sancionado. E 60€ para o Alcaián por retirarse do terreo de xogo ante o Cerqueda xa na prórroga, deixando ademais o partido como estaba, con 2-0 para o Cerqueda, que pasa a Oitavos xa de xeito defintivo.
Preferente
- JESÚS GABRIEL MARÍNEZ (DUMBRÍA).
- DANI CASAL (DUMBRÍA).
Aperc. Pref.:
- JOSÉ MARÍA CAAMAÑO (DUMBRÍA).
1ª Autonómica
- LUIS MANÉ LADO INSUA (S.D. FISTERRA).
- JOSE A VEIGA SOUTO (PUENTECESO).
2ª Autonómica
- JONATAN VIEITES PENEDO (U.D. CORCUBION - 3 Meses).
- CRISTIAN CAAMAÑO CASTRO (U.D. CORCUBION).
- JULIO DOMINGUEZ OUTES (U.D. CORCUBION).
- ALBERTO DOMINGUEZ LOPEZ (U.C. CEE).
- SERGIO COLLAZO MATO (S. D. SAN LORENZO).
- DAVID R ALVAREZ VARELA (S. D. SAN LORENZO).
- ANXO LEMA GRILLE (C.D. BAYO).
- MIGUEL A SANDE MARTINEZ (S.D. SOFAN).
- DAVID J PASTORIZA FERNANDEZ (MUROS).
Aperc. 2ª:
- SEBASTIAN CORTEJOSO VAZQUEZ (U.D. CORCUBION).
- NICOLAS RODRIGUEZ BUSTO (U.C. CEE).
- J FRANCISCO MALLO LUNA (S. D. SAN LORENZO).
- JUAN CARLOS FUENTES TORRES (S. D. SAN LORENZO).
- RAMON GOMEZ COSTA (C.D. BAYO).
- ELOY BOEDO NOVO (S.D. SOFAN).
- SERGIO PARIS BOUZAS (MUROS).
- DANIEL PARIS LAGO (MUROS).
- ALEJANDRO AMADO MATO (SPORTING ZAS).
3ª Autonómica
- FELIPE BARREIRO MARCOTE (CAMELLE).
- MIGUEL RIVEIRO VAZQUEZ (CAMELLE - 2 partidos).
- HERMINIO LEIS DOMINGUEZ (LIRA).
- MANUEL REIGIA POSE (S.D. LAXE).
- ELISEO RAMA RAMA (S.D. LAXE - 2 partidos).
- GORA MANGARA . (S.D. LAXE).
- MARIO RODRIGUEZ GOMEZ (INDEPENDIENTE CARBALLO).
- MIGUEL ROJO SANDE (INDEPENDIENTE CARBALLO).
- CRISTIAN BENITEZ RAMOS (INDEPENDIENTE CARBALLO).
- DAVID MARTINEZ REINO (U.D. CERQUEDA).
Aperc. 3ª:
- RUBEN RAMA ORDOÑEZ (C.D. NANTON).
- JOSE L ALVITE LEMA (C.D. BAIÑAS).
- CARLOS VALIÑA GERPE (CAMELLE).
- ADRIAN LOPEZ AGRA (S.D. LAXE).
- ELISEO RAMA RAMA (S.D. LAXE).
- JUAN JOSE COUTO VALIÑA (U.D. CERQUEDA).
Copa da Costa
- ALFREDO CAMBEIRO SAMBADE (Entrenad. U.D. CARNOTA 3 partidos).
- ESTEBAN CANOSA CAMBEIRO (C.D. BAIÑAS).
- FRANCISCO J CERBAN RODRIGUEZ (C.D. BAIÑAS).
- MARIO GARCIA MARTINEZ (C.D. BAIÑAS).
- JOSE LUIS ALVITE LEMA (C.D. BAIÑAS - 10 partidos).
- ISMAEL ROMERO SILVA (C.F. DUMBRIA).
- JOSE LUIS CARREIRA CASTRIZ (Entrenad. S.D. CASTRIZ).
- SERGIO FARIÑA AMADO (CABANA).
- RAUL PERISCAL BLANCO (Entrenad. CABANA - 2 partidos).
- MARCOS DUARTE AMEIJENDA (C.F. CASTRELO - 3 partidos).
- JUAN CARLOS SEOANE VAZQUEZ (C.F. CASTRELO).
- MATIAS TEDIN MENDEZ (CAMELLE - 3 partidos).
- SEBAS CORTEJOSO VAZQUEZ (U.D. CORCUBION).
- MARIO LOPEZ BLANCO (Entrenad. SPORTING ZAS - 2 partidos).
- DANIEL SUAREZ VILLAR (INDEPENDIENTE DE CARBALLO).
- RUBEN RIAL ABELENDA (S.D. ALCAIAN).
- JOSE PENA PAZOS (S.D. ALCAIAN).
- JOSE PARDIÑO BUSTO (S.D. ALCAIAN).
- ANGEL OTERO MOREIRA (MUXIA - 24 partidos).
- JUAN JOSE CORTES LEMA (Colabor. MUXIA).
Copa da Costa Xuvenil
- ANTONIO M RAMA GARRIDO (MALPICA).
- SAMUEL CARBALLO RODRIGUEZ (CABANA).
Aperc. Copa Xuv:
- DAVID JURADO RUA (OUTES C.F.
1ª Cadete
- ROBERTO LOPEZ CASTRO (XALLAS SANTA COMBA - 2 partidos).
- CRISTIAN PAZOS LEMA (C.D. BAYO).
- ANGEL SANTOS LOPEZ (FISTERRA).
Aperc. Cadetes:
- RUBEN CASTRO AGRA Jugador XALLAS SANTA COMBA).
- ANDRES GARCIA DEIBE Jugador MUXIA).
- JOSE R HAZ PEREZ Jugador MUXIA).
- STIVEN REY CARBALLO Jugador U.C. CEE).
Máis información
Novas relacionadas
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Rochiccioli.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Dous empates que deixan todo aberto para a volta das Semis.
- Os pequenos da Costa demostran o seu potencial na Fase Intercomarcal.
- 3ª Autonómica: O Porteño é de 2ª.
- 2ª Autonómica: A Esteirana canta o alirón e os de abaixo xogándose a vida.
- 1ª Autonómica: Triste e cruel adeus á categoría da SD Fisterra.
- Preferente: Máis pendentes do Dubra que dos nosos.
- Resultados e crónica dunha trascendental xornada con ascensos e descensos consumados.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal). i>