Preferente: Máis pendentes do Dubra que dos nosos
Quedan 2 xornadas para que remate á Preferente e cos nosos perfectamente colocados o fútbol costeiro case está máis pendente do Dubra que dos XSC, Dumbría e Soneira. I é que os arrastres dende o Ourense da 2ªB, pero sobre todo co case certificado descenso do Bergantiños á propia Preferente. O Dubra, 6º por abaixo, ten complicado o descenso, pero de caer habería unha praza máis de descendo na 1ª Autonómica, a sumarlle ao xa confirmado do Fisterra. Camariñas e Ponteceso quedarína pendentes dun fío, e Mazaricos, Outes e Cabana tamén que loitar por evitar outra praza.
Así, na xornada, o Xallas de Santa Comba aseguraba matematicamente a 5ª praza, mentres que o Dumbría e o Soneira caen coas súas derrotas á 9ª e 11ª posición.
Xallas StComba - Dubra (1-0)
- XSC: Diego, Alberto, Guille, Pablo, Chinda (Pablo Baña, min.46), Jota, David, Marquiños (Mon, min.60), Diego Maneiro (Jesús, min.65), Noli (Javi Suárez, min.46), Doro.
- Gol: 1-0, min.77: Doro tras unha parece con Jota.
- Expulsión: Jesús no min.89.
Xa está Corredoira dando minutos a esas novas promesas do cadro xuvenil como Diego Maneiro e Marquiños. E foi un bo partido dos xalleiros, que venceron ao que menos conviña ao fútbol da Costa.
O control foi dos verdes e laranxas que tiveron un par de ocasións no primeiro tempo por medio de Noli e Doro. Diego apenas tivo que intervir nun córner.
No segundo tempo, máis do mesmo, cun Dubra algo necesitado, e colgando balóns ben solventados pola defensa local. E practicamente na única boa combinación dos xalleiros na segunda, Doro asinaba o gol da vitoria que asegura unha meritoria 5ª na que rematará o cadro de Corredoira esta boa, pero mellorable campaña.
Boiro -Soneira (4-0)
- SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa (Cristian, min.65), Maikel, Mayuyo, Bibi (Basti, min.55), Michel (Fito, min.55), Toni Fisterra (Óscar de Maema, min.65), Baba, Richi.
- Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.35; 3-0, min.45: de penalti; 4-0, min.70.
Pouco puideron facer os soneiráns ante un Boiro que se xoga o título. Un título que está espectacular, con 3 equipos en 2 puntos, e cun Boiro que con esta vitoria se pon de líder tralo 3-0 do Bertamiráns ao que chegaba líder, o Grixoa.
Os de Boiro non deron opcións e ao descanso o marcador xa era de 3-0.
Chantada - Dumbría (1-0)
- DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán, Rudi Cotelo, Pablo Vidal, David Carreira, Aarón López, Dani Casal, Jesús (Riki), Luisito (Leo), Bruno, Piri.
- Gol: 1-0, min.30.
Partido sen demasiada intensidade no que o Dumbría mereceu mellor sorte.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).