Luns. 20.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Porteño é de 2ª

3ª Autonómica: O Porteño é de 2ª
Porteno novo equipo da 2-Foto- Porteno

Equipo de 2ª Autonómica xa é o Porteño trala súa vitoria e o empate do Camelle. Os da Ponte disfrutaron dun longo domingo de festa pola vila, celebrando a súa volta á Liga da Costa, tras unha gran campaña na que superou ao seu veciño.

A xornada deparou tamén un tremendo Independiente-Laxe. E non só no futbolístico, que un empate a 5 entre os dous equipos que rematan o ano máis en forma non se ve tódalas semanas. Pero é que un problema ca aliñación de Gora pode saírlle caro ao Laxe, unha vez que o IDC vai recorrir a súa posible aliñación indebida, para asegurar o título. Un recurso que en todo caso só suporía a perda do punto para o Laxe, que así e todo mantén a 6ª praza, e a promoción asegurada.

Porteño - Castrelo (2-0)

Os xogadores do Porteno a tomaron coa fonte da vila-Foto- Porteno
  • PORTEÑO: Pablo, Óscar (Bieito, min.70), Maikol, Sestayo, Pejo (Búa, min.65), Ismael, Iago, Cousillas, Yuyo (Nené, min.67), Manuel Parga (Gabi, min.55), David Toja.
  • CASTRELO: Roberto, Manolo, Marcos, Estebo, Kevin, Litos, Luís (Boli, min.55), David, Iván, Germán, Manolo Insua (Edreira, min.65).
  • Goles: 1-0, min.30: Sestayo a pase de Yuyo; 2-0, min.60: Ismael tras un rexeite.

Xogábase na Grixa o choque entre Porteño e Castrelo porque na primeira volta estaban reparando o campo. E foi un partido sen historia, cun Castrelo xustiño de todo que non puido prantar cara a un Porteño que disfrutou da festa do ascenso ata longas horas da madrugada.

Bo premio para o cadro de Gerpe, que completa unha campaña excelente de gran compromiso dos seus xogadores, salientando figuras como a dos irmáns Toja, cun David recuperado para o fútbol que marcou goles en moits partidos decisivos.


Indep. Carballo - Laxe (5-5)

  • IDC: Noe, Dani Rosalía (Jonatan, min.46) (Fran, min.85), Seo, Castro (Brais, min.69), belar, Cholo, Míchel (Adrián, min.92), Benítez, Velo (Jorge Pichel, min.46), Juni e Mario.
  • LAXE: Illote, Manu Saleta, Samuel, Jacinto (López, min.46), Pailos, Gora, Felipe, Borja, Samu, Adrián Porteiro (Zurich, min.68), Mandi.
  • Goles: 0-1, min.2: Samu tras unha gran xogada de Felipe; 0-2, min.15: Borja centra e o balón se cola tras tocar Castro; 1-2, min.17: Juni aproveita unha indecisión entre Jacinto e Illote; 1-3, min.47: Samuel por riba tras un saque de banda; 2-3, min.50: Cholo tras unha gran xogada de Mario; 3-3, min.60: Mario, cun auténtico golazo pola escadra resolve un barullo na área laxense; 3-4, min.63: Samu completa o seu hat trick tras unha gran xogada de todo o Laxe; 4-4, min.70: Juni reamata un saque de banda longo de Jonathan; 5-4, min.81: López en propia meta tras un centro de Mario; 5-5, min.97: Mandi aproveita un rexeite de Noé.
  • Expulsión: o colexiado Juan Alberto Blanco Bravo estivo mal para os dous lados. Expulsou a Benítez do IDC e a Gora do Laxe, ambos por doble cartón e ao adestrador visitante, Lilo, con vermello directo no minuto 84.
O Independiente Carballo saudando á afección das Eiroas-Foto- David Castro

Partido xogado nun día con moita calor, pero que non influiu no ritmo de xogo, xa que nas Eiroas viviuse un encontro de ida e volta con constantes ocasións para ambos equipos. Aos tres minutos de partido, xa se adiantarían os visitantes tras unha boa xogada individual de Felipe, e o pase da morte resólveo Samu. Pero en lugar de virse abaixo, o IDC nada máis sacar de centro, manda un balón en largo para Juni que envía o esférico rozando o pau da portería de Illote.

Antes do 0-2, Felipe xa avisaría ao enviar unha vaselina a Noé por riba do longueiro tras unha gran xogada individual. Pero non pasarían nin dous minutos e un centro de Borja sería introducido por Castro na súa propia portería. Pronto chegaría a réplica do IDC, balón en largo dos locais que fai que non se entendan entre Jacinto e Illote, e o pichichi da categoría, Juni, marca a porta vacía. O propio Juni tuvo o empate pero Illote envía a córner no man a man. Co 1-2 chegaríamos ao descanso.

Na segunda metade, como xa acontecera na primeira, os laxenses golpearían primeiro. Saque de banda a prol do Laxe, o balón chegaría aos pés de Samu que sorprende a Noé. Na seguinte xogada, error de Belar, recupera Samu que erra no man a man ante o porteiro do Independiente. Non tardarían en reaccionar os carballeses, gran xogada individual de Mario que cede para Cholo e este non perdoa ante Illote. Aos 17 minutos da segunda metade, Mario resolvería unha melé na área visitante cun golazo espectacular pola escadra da portería laxense. Pero dous minutos despois, Samu completaría o seu hattrick no man a man ante Noé tras unha boa xogada combinativa dos visitantes.

No minuto 70, de novo Juni poñería o empate a 4, tras un saque de banda metido á área por Jonathan. O pichichi carballés tería a oportunidade de poñer por diante aos seus, pero tras a gran xogada combinativa do Independiente, Juni estrelaría o coiro contra o pau da portería de Illote. No minuto 81, por primeira vez no partido o IDC ponse por diante tras un centro de Mario que é introducido por López na súa portería. Cando xa pasaban catro minutos do tempo regulamentario chega a polémica do partido, Adrián recibe dentro da área e define perfectamente ante Illote, o balón entra na portería laxense pero sale pola rede que estaba rota e o colexiado decide pitar saque de porta. No minuto 97, chegaría o empate a 5 final, tras un rexeite de Noé que é aprobeitado por Mandi.
O encontro prolongaríase ata o minuto 101, nun partido no que non houbo nada para engadir 11 minutos. O árbitro foi moi protestado por ambos bandos. Aparte do gol que non dou aos locais, os visitantes reclamaron un penalti na primeira metade por mans dun xogador do IDC, e na segunda, outro cometido sobre Zurich.

Así e todo o partido non rematou aínda xa que o IDC vai recorrer a aliñación indebida de Gora. Un Gora que voltaba ser expulsado, decisión ante a que o propio míster laxense Lilo, entende que se deu outra vez máis porque "somos uns racistas neste país". I é que o Laxe chamou a Federación pola semana e lle dixeran que Gora podía xogar, que xa cumplira a sanción de 2 partidos co Fisterra B e co Camelle na Copa. I é que o Laxe non tiña que gañar coa súa aliñación, pero unha vez que o IDC se informou tamén e lle dixeron que o choque do Fisterra B non conta, e está decidido a recurrir.
En todo caso, a Federación pode quitar o punto acadado onte pero o Laxe tería aínda a 6ª praza asegurada.


Camelle - Soneira B (2-2)

Camelle- Soneira B-Foto- Jorge Parri
  • CAMELLE: Porrúa, Carlos de Dido, Manuel (Jose, min.46) (Sergio, min.75), Valiña, Matías, Mario, Varu (René, min.65), Iván (Álvaro Cantero, min.70), Javi Rañal (Adrián Tajes, min.55), Miguel, Barreiro.
  • SONEIRA B: Martín, Curra, Chans, Roi, Alberto, Jemisa, Canosa, Figueroa, Fernando (Pichón, min.46), Wii, Félix (Espi, min.75).
  • Goles: 1-0, min.2: Matías de penalti; 1-1, min.12: Wii de penalti; 2-1, min.47: Matías de novo de penalti; 2-2, min.91: Espi de cabeza.
  • Lesión: Jose cun nocello tocado.
  • Expulsión: Miguel Riveiro (min.25).
Capis do Soneira B e do Camelle co colexiado-Foto- Jorge Parri

Partido estrano en Camelle que rematou en táboas. Xa comezaba con dous penaltis por sendas mans que podían evitarse. O Camelle meteuse por diante e Matías, o protaonista da tarde, tivo unha chilena preciosa que saiu fóra e un tiro ao pao ademais dos dous tantos de penalti. En fronte, o máis activo era Wii, xogador camellán que voltaba ao Rodeiro con moitas gañas. Foi el o que respondeu ao tanto incial de Matías tamén dende os 11 metros.

Á media hora Miguel Riveiro autoexpulsouse e o Camelle quedaba con 10 cunha hora por diante. Pero así e todo na segunda algo mellor o Camelle, con ocasións para os dous equipos, e a pinta de que o partido podía quedar do lado dos locais sobre todo tralo gol á saída dos vestiarios, de novo de penalti. Barreiro e Varu avisaban e o Soneira tamén mandaba un balón ao pao efacía dano nos córner. Pero o empate non chegaría ata o último suspiro, cando o xuvenil de primeiro ano Espi marcaba tamén de saque de esquina.

As bufandas da SD Camelle chegan a todo o mundo-Foto- Jorge Parri

Baíñas - Nantón (1-3)

Baíñas-Nantón-Foto- Víctor Santos
  • NANTÓN: Ernesto, David, Eloy, Félix, Diego, Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín, Cachi. Tamén xogaron: Iván, Bonano, Dani, Rubén, Dani Costa.
  • Goles: 1-0, min.18; 1-1, min.44: Cachi; 1-2, min.45: Luís; 1-3, min.63: Luís nunha contra.

Empezou ben o Nantón con dúas chegadas moi claras. Na primeira Cachi vaise ben por banda dereita e tras chegar a liña de fondo pon un pase perfecto que recibe Fabio ó borde da área pequena pero o seu disparo é atallado polo porteiro local. Na segunda é Luís o que recibe un balón en profundidade e tras regatear ó porteiro o árbitro sinala man do dianteiro nun rebote cando solo tiña que empurrar o balón.

A partir de aquí o Nantón esqueciuse que estaba xogando un partido e o Baiñas fíxose dono do partido. O dominio do xogo era total do equipo local aínda que tampouco foron quen de crear ocasións claras de gol. No minuto 18 tras un saque de falta ben lanzado o Baiñas acada o 1-0 cun remate de cabeza que se cola pola escadra.

O Baiñas seguía dominando e o Nantón chegaba a ramalazos; no minuto 35 Félix plántase solo diante da meta local tras un pase medido de Fabio pero no último momento adianta en exceso o balón dándolle opción ó porteiro. Pero os dous últimos minutos da primeira parte foron moi intensos: no 44 Cachi poñía o 1-1, cando engancha un balón ó borde da área e conecta un disparo preciso que se cola pegado ó pau da meta local. Tralo saque de centro o Nantón recupera o balón e tras un pase a Luís este desfaise do seu par, regatea ó porteiro e acada o 1-2. Descanso.

Na segunda parte o Baiñas acusou o duro golpe sufrido antes do descanso e xa non tiña a posesión nin creaba ocasións. Ós dez minutos da reanudación unha xogada fortuíta levou o susto ás gradas do municipal de Vimianzo xa que o porteiro do Nantón, Ernesto, e o dianteiro do Baiñas sufrían un aparatoso choque que facía temer algo serio xa que os dous quedaron conmocionados durante uns intres. Ó final todo se saldou con fortes contusións na cabeza, aínda que Ernesto tivo que ser sustituido xa que ademais do golpe na cabeza tamén recibiu outro no xeonllo e non puido continuar. Entrou no seu lugar Bonano que a penas tivo traballo.

No minuto 63 Luís mata o partido tras unha contra ben levada por el mesmo poñendo o definitivo 1-3 no marcador. Non houbo moita máis historia neste partido no que o excesivo calor foi a nota predominante.

Lira - Coristanco (2-1)

  • LIRA: Andrés, Santi (Mauro, min.70), Xabi, Herminio, Fran de Muros, Iago (Saúl, min.55), Miguel do Caracho, Cristian (Manolo, min.65), José Ramón (Germán, min.20), Suso Perico, Fran Perico.
  • CORISTANCO: Brais, Iván, Rubén, Marco (Juan, min.46), Javi, Cancela, Navarro, Torreira, Adrián (Suárez, min.46), Alexis (Gonzalo, min.46), Magovi.
  • Goles: 1-0, min.11: Fran Perico; 1-1, min.12: Navarro; 2-1, min.38: Suso Perico cun golazo.
  • Expulsión: Herminio no min.22.
  • Lesión: o liracho José Ramón.

Partido sen demasiada intensidade entre dous equipos que non se xogaban nada. Así e todo, foi un partido entretido con ocasións por ambos lados. Os Perico foron claves unha vez máis.

E con 10 durante 70 minutos venceu o Lira ao Coristanco de Rochi.

Muxía - Xaviña (2-0)

  • MUXÍA: José Antonio, Pesqui, Santi Papi, Pataca, Carrera (Pesqui xuv, min.46), Juan, Javi (Julián, min.70), Dimas (Ángel Luís, min.75), Iván, Casais, Pardelo (Castreje, min.65).
  • XAVIÑA: Pión, Rodrigo, Gatusso, Ángel, Elvis, Pirucho, Carlos, Correos, Martelo, Moro, Lalá.
  • Goles: 1-0, min.10: Casais; 2-0, min.70: Pesqui xuv.
  • Lesións: Ángel á media hora.

Partido tranquilo en Arliña deses que sobra. Foi un partido malo polos dous bandos con dous equipos en cadro, e mesmo o Xaviña acabou con 10 no campo porque eran 11 e tiveron dous lesionados. Acabou o ano para o Xaviña que descansa a última xornada.

Corcoesto - Cerqueda (0-0)

  • CORCOESTO: Anxo, Sergio, Germán, Longo (Héctor, min.70), Ángel, Edelmiro, Uru (Pablo Sevilano, min.60), Pichuco, Javi, Patelo (Xabi, min.55), Martín.
  • CERQUEDA: Costa, Bastón, Javi, Santi, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Juanjo, Martínez, Moisés, Dieguito.
  • Expulsión: o visitante Martínez case no desconto.

Derbi nun choque de ti a ti. Primeira medade sen moito xogo, ou con demasiado xogo subterráneo, e a segunda houbo algunha xogada máis de perigo, cun protagonista, o meta cerquedán Costa, que desbaratou varias ocasións boas para os locais, como un cabezazo de Edelmiro ao saque dun córner, e sendas faltas de Pichuco e Javi que sacou unhas mans tremendas, ademais dun man a man que marrou Pichuco.
Os visitantes tamén tiveron as súas como unha de Bastón, outra de Moisés e un par de faltas de Dieguito.

O Corcoesto xa pensa no ano que vén, e de feito para a semana que vén toca churrascada para agradecer o traballo dos xogadores e dos afeccionados. Mentres o Cerqueda, pensa na Promoción contra o Soneira B.


Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios