Resultados e crónica dunha trascendental xornada con ascensos e descensos consumados


Tremenda a xornada do #futboldacosta. Por arriba, por abaixo... a fin de semana deixounos de todo.
Como o descenso matemático do Fisterra, que se sentía salvado no min.90 pero que no desconto vía como o Villestro daba a volta ante un paralizado Ara Solis. As vitorias do Camariñas e do Flavia devolven aos verdes á Liga da Costa, quedando, iso si, salvados o Ponteceso e o propio Camariñas.
A Esteirana é o campión da 2ª Autonómica e novo equipo da 1ª. Os esteiráns non fallaban ante o Carnota e aproveitaban o empate do Baio co Sofán (nun día de festa para os baieses como último choque da liga regular) para cantar o alirón e celebralo por toda a vila, con camión e todo...
A festa do partido tamén comezaba coa entrega do Trofeo aos Cadetes da Esteirana, con pasillo e todo, campión da LIga costeira.
Por abaixo, as cousas da Liga da Costa tamén están tremendamente tensas, e máis co posto de arrastre do Fisterra. O Cabana vencía en Corcubión e o Mazaricos non pasaba do empate co Zas quedando agora igualados, co Cabana tendo o golaverage individual a favor. O Outes non queda safo tampouco con só un punto máis que ambos e na última xornada teremos tres partidos de infarto.
Tremenda a xornada tamén na 3ª Autonómica. O Porteño non fallaba e xa é equipo de 2ª Autonómica. Pero ademais, a atención estivo no IDC - Laxe, que remataba con empate a 5 nun partido de tolos, pero que parece que o IDC vai recurrir unha aliñación indebida de Gora, medio laxense que xogou pois a directiva falou ca Federación pola semana e lle dixeran que podía xogar pois o partido do Fisterra B contaba para as sancións. Seica o Independiente sen informou de que non era certo e vai recorrer para asegurar xa o campionato nos despachos, polo que o xoves saberemos a decisión do Comité.
En Xuvenís as semifinais da Copa da Costa deixan todo aberto para a volta, cos dous empates, mentres que os Veteranos xa teñen os Oitavos perfilados.
Dous campións nas Fases intercomarcais
Ademais, a xornada deixounos boas sensacións nas Fases Intercomarcais de Fútbol 8. Unha Fases que se xogaron antes de que rematase a liga regular, coa conseguinte paradoxa de que se cadra non xogan as fases os campións finais.
En todo caso, o Fisterra Benxamín e o EFM Vimianzo Alevín quedaron campións intercomarcais. Os vimianceses vencía 13-1 nas semis ao Valga e 1-6 na final ao Negreira. Tamén contra o cadro nicrariense xogou a final o Fisterra de benxamíns, gañando o título por 3-8.
Preferente, xornada 36
Chantada | 1-0 | Dumbría |
Xallas StComba | 1-0 | Dubra |
Boiro | 4-0 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 33
Fisterra | 1-2 | Villestro |
Bertamiráns B | 8-3 | Malpica |
Ponteceso | 0-1 | Noia |
Camariñas | 3-1 | Laro |
2ª Autonómica, xornada 33
Buño | 4-1 | Montelouro |
Corcubión | 2-3 | Cabana |
Cee | 1-2 | Volantes |
San Lorenzo | 4-4 | Castriz |
Dumbría B | 1-0 | Outes |
Esteirana | 5-0 | Carnota |
Baio | 0-0 | Sofán |
Mazaricos | 1-1 | Zas |
Muros | Susp* | Corme |
3ª Autonómica, xornada 33
Camelle | 2-2 | Soneira B |
Baíñas | 1-3 | Nantón |
Porteño | 2-0 | Castrelo |
Lira | 2-1 | Coristanco |
Indep. Carballo | 5-5 | Laxe |
Muxía | 2-0 | Xaviña |
Corcoesto | 0-0 | Cerqueda |
- Descansa Ameixenda.
- Fisterra B - Alcaián (0-2) - pola retirada do filial fisterrán.
- Porteño e Castrelo xogaron na Ponte do Porto.
Copa da Costa Xuvenil, Ida das Semifinais

Liga Galega Cadete, xornada 30
Bergantiños | 0-0 | Sp. Coruñés |
Calasanz | 1-4 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 25
Cee | 3-5 | Porteño |
Xallas StComba | 2-3 | Ponteceso |
Muxía | 3-1 | Baio |
Coristanco | 5-5 | Fisterra |
Muros | Susp* | Con. de Carnota |
Zas | 1-10 | Esteirana |
Cabana | 4-2 | Outes |
- * Muros - Carnota suspendido por incomparecencia do Carnota.
1ª Infantil, xornada 29
E.M.F. Vimianzo | 0-0 | Muxía |
Cee | 3-3 | Os Miudos |
Cabana | 5-2 | Ponteceso |
Outes | 1-3 | Coristanco |
Sofán | 4-12 | Corme |
Xallas StComba | 2-3 | Baio |
Esteirana | 5-2 | As Baleas |
- Descansa Fisterra.
Copa da Costa de Veteranos, Volta da Previa

Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- Parte de sancións cargado para o Cee.
- Copa da Costa: Crónicas completas dos Dezaseisavos.
- Xa temos Oitavos da Copa da Costa.
- Xuvenís: Servidas as semis da Copa tras uns tensos Cuartos.
- 3ª Autonómica: O IDC celebra o ascenso e o Porteño gaña o derbi.
- 2ª Autonómica: O Cee despídese do ascenso e os de abaixo rezan contra os arrastres.
- 1ª Autonómica: Ao borde do abismo.
- Preferente: Pasando xornadas.
- Resultados e análise da xornada da última fin de semana de abril.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).