Nova fin de semana chea de Fútbol da Costa, que non virá pasada por auga como parece. Teremos ademais cousas importantes paralelas á competición, pois o luns teremos a presentación do curso de Adestrador en Carballo, a primeira Xornada de portas abertas da Escola de Tecnificación do At. Madrid no Conco, ou, e xa en materia ciclista, o Raid de Camariñas.
Comezamos o repaso pola 8ª xornada da Preferente - Senra Sport, na que, cos dous equipos empatados na metade da táboa, os xalleiros poderán sacar algo positivo do campo do Arzúa, que está con só 3 puntos; mentres o Dumbría recibe a un bo Chantada, ao que poderá case que alcanzar se o vence.
Novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Sofán, logo de caer en Vimianzo, recibe a todo un Baio, líder sólido da categoría sen aínda coñecer o sabor amargo da derrota. Será un auténtico partidazo no Carral, volven verse as caras dous anos despois. Ademais, o Corme recibe na mañá do domingo ao Flavia, mentres as urxencias farán do partido da Esteirana ante o Amio un choque importante.
A xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra será moi igualada, cun partido tamén en horario matinal, o Carnota-San Lorenzo.
No tocante á 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o líder Ameixenda visiata o sempre difícl campo de Arliña, e terá que superar a un Muxía en proceso de mellora. Intentará recuperar o posto de líder, trala súa xornada de descanso, o Lira, pero recibe a un Nantón cada xornada máis competitivo.
Partidazo o que se vai disputar na mañá do sábado no hermanas Patiño na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte entre un gran Camariñas e un Cabana que aspira a todo. Ademais, o Coristanco visita a un Laxe en horas baixas mentres por Zas estarán de intenso derbi.
Nas Ligas Autonómicas, todos estaremos en Santiago animando ao XSC a sumar a súa primeira vitoria ante un Compostela que tamén ten só 1 punto na Liga Galega Cadete. Mentres, os equipos dumbrieses terán difíciles saídas a Ourense e A Coruña.
Choques por todo o altos Ligas comarcais base. Na 1ª Cadete. O líder, As Baleas recibe a un Corme que está a só 2 puntos. Atento estará o Cabana para intentar aproveitar un posible empate e auparse ao liderato se vence ao pechacancelas, un Sofán que non sabe o que é sumar.
Mentres, na 1ª Infantil, o líder, XSC, recibe ao Corme, empatado na 2ª praza cun Fisterra que visita aos temibles Miúdos.
E para rematar, o partido de gala da 1ª División dos Veteranos será o que enfronte a un imbatido Hosgran, co segundo clasificado, xa a 4 puntos, o Zas.
Ademais, na 2ª División, descansa o líder, o novato San Isidro-Razo, e Porteño e Erbecedo buscarán alcanzalo si superan a Porteño e Nantón respectivamente.
Arzúa | 19/10 - 17:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 19/10 - 17:00 | Chantada |
Corme | 19/10 - 12:00 | Flavia |
Esteirana | 19/10 - 16:30 | Amio |
Malpica | 19/10 - 16:30 | Puebla |
Soneira | 19/10 - 17:00 | Unión |
Sofán | 19/10 - 17:00 | Baio |
Carnota | 19/10 - 12:00 | San Lorenzo |
Cee | 19/10 - 16:30 | Seaia |
Montelouro | 19/10 - 16:30 | Porteño |
Mazaricos | 19/10 - 16:30 | Volantes |
Ponteceso | 19/10 - 16:30 | Outes |
Castriz | 19/10 - 17:00 | Camelle |
Camariñas | 19/10 - 17:00 | Fisterra |
Buño | 19/10 - 17:00 | Baíñas |
Zas | 19/10 - 17:30 | Cabana |
Lira | 18/10 - 16:30 | Nantón |
Corcubión | 18/10 - 17:00 | Castrelo |
Muxía | 19/10 - 16:30 | Ameixenda |
Coristanco | 19/10 - 17:00 | Cerqueda |
Esteirana | 18/10 - 16:00 | Outes |
Os Miudos | 18/10 - 16:30 | Corcubión |
Xallas StComba | 18/10 - 16:30 | Muxía |
Dumbría | 18/10 - 16:30 | Fisterra |
Cee | 18/10 - 18:00 | Castriz |
Camariñas | 18/10 - 11:00 | Cabana |
Laxe | 18/10 - 16:30 | Coristanco |
Porteño | 18/10 - 16:30 | Ponteceso |
Corme | 18/10 - 16:30 | Malpica |
Zas | 18/10 - 18:00 | Baio |
Ourense | 18/10 - 12:00 | Dumbría |
Compostela | 18/10 - 16:00 | Xallas StComba |
Orillamar | 19/10 - 10:15 | Dumbría |
Os Miudos | 18/10 - 10:30 | Outes |
Corme | 18/10 - 10:30 | As Baleas |
Muxía | 18/10 - 10:30 | Coristanco |
Esteirana | 18/10 - 10:30 | Baio |
Cabana | 18/10 - 16:30 | Sofán |
Fisterra | 19/10 - 11:30 | Ponteceso |
Zas | 18/10 - 16:00 | Ponteceso |
Cee | 18/10 - 16:00 | Cabana |
Vimianzo | 18/10 - 18:00 | Esteirana |
Os Miudos | 19/10 - 10:30 | Fisterra |
Xallas StComba | 19/10 - 11:00 | Corme |
Sofán | 19/10 - 12:00 | Outes |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 6
Hosgran | 19/10 - 11:00 | Zas |
Dumbría | 19/10 - 11:00 | Cabana |
Laxe | 19/10 - 11:00 | San Román |
At. Milagrosa | 19/10 - 10:00 | Bértoa |
Soneira | 19/10 - 10:00 | Castriz |
San Lorenzo | 19/10 - 11:00 | Coristanco |
Ponteceso | 19/10 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 6
Sofán | 19/10 - 09:45 | Vimianzo |
Cerqueda | 19/10 - 12:00 | Camariñas S.D.V |
Poniente | 19/10 - 12:00 | Corcoesto |
Malpica | 19/10 - 10:00 | Dep. Carballo |
Nantón | 19/10 - 11:00 | Erbecedo |
Leiloio | 19/10 - 10:00 | Buño |
Porteño | 19/10 - 11:00 | Agualada |
- Descansa UD San Isidro-Razo.
Máis información
Crónicas da semana