Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Ratificando o bo comezo de Liga

2ª Autonómica: Ratificando o bo comezo de Liga
Porteno e Castriz na Grixa-Foto-Porteno

Seguen firmes Castriz e Zas no máis alto da 2ª Autonómica - ES Bazarra trala disputa da 6ª xornada. Unha xornada que ratifica o bo comezo de equipos como Outes, San Lorenzo, Volantes ou Cee. Pero tamén demostra o mal comezo de equipos como Camelle e Montelouro, os únicos que aínda non saben o que é gañar, ou Camariñas, que volvía caer.

Camelle - Carnota (0-1)

  • CAMELLE: Jimmy (Muxián, min.46), Peseta, Sicario (Felisiano, min.60), Valñi,a Lado (Adri de Barca, min.65), Dido, Macho, Tedín (Tonsón, min.46), Alberto, Felipe Laxe e Mario.<
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Nico, Tono da Caixa, Ferreiro, Pedro Pichín, Manolo Chouza (Pablo Pichín, min.88), Maceiras, Míchel, Raúl (Berni, min.80), Nakata e Manuel Luís.
  • Gol: 0-1, min.30: Manolo Chouza.

Partido moi fisico en Camelle, apenas sen ocasións de gol entre dous equipos mellor armados defensiva que ofensivamente. E notouse pois o solitario gol chegaba do comodín carnotán tanto dentro como fóra do campo, un Manolo Chouza xa emblema a pesar da súa mocidade, en Carnota.

O Camelle dominou máis o tempo do xogo, controlando no medio do campo a un Míchel que xa é vixiado polos contrarios e iso que só leva 2 partidos. Pero non puido facer dano na meta de Luís de la Peña para acadar a primeira e necesaria vitoria, pero parece que se seguen traballando así de ben os de Varu, terán premio pronto.


Volantes - Ponteceso (3-0)

  • VOLANTES: Rubén, Juan, Maikel, Nimo (Edu), Pardelo, Ivi, Picho, Moja (Brais), Espi, Mingos (Suso) e Piti.
  • PONTECESO: Brais (Sergio, min.80), Diego Collazo, Fabián (Valle, min.25), Javi Peón, Lorenzo (Manuel, min.70), Pablo Marquez (Eloy, min.46), Dani Cotelo, Alberto Recarey, Mendieta, Juanma, Christian Martinez (Youssef, min.65).
  • Goles: 1-0, min.1-0, min.8: Espi a pase de Piti; 2-0, min.14: Espi de cañonazo dende fóra da área; 3-0, min.70: Piti de volea remata un córner botado por Ivi.

Partido xogado no campo do Volantes por un Ponteceso que acusou as numerosas baixas que ten. Pero foi a súa falta de intensidade a que provocou que xa aos 15 minutos o marcador sinalase un claro 2-0 para os laranxas. A partir de aí tomou o mando ata o descanso o cadro pontecesán, creando algunha ocasión boa que defendeu ben a defensa muradá, tendo tamén a fortuna de cara pois os paus repeliron dous bos disparos de Mendieta e Javi Peón xa na segunda. Juanma, Alberto e Eloy tamén dispuxeron de sendas internadas na segunda metade para recurtar pero foi Piti o que anotou o seu 7º gol en 6 partidos para manterse no máis alto da táboa goleadora e sentenciar o choque, deixando ao Volantes con 12 puntos na 5ª praza, e mirando cara arriba.


Fisterra - Mazaricos (2-2)

Fisterra-Mazaricos-Roco-Foto-Pedro
  • FISTERRA: Norber, Munitis, Robertín, Julito, Yeray (Aitor, min.56), Roco, Piti, Guardiola (Rodrigo, min.75), Noé (Santi, min.65), Pablo Lestón e Naranjo (Manuel Cartamil, min.60).
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Tuco, Matías, Martín, Ricardo, Pereiro, David, Estéfano (José Ángel, min.65), Chenel e Molinos.
  • Goles: 1-0,m in.35: Pablo Lestón; 2-0, min.40: Robertín; 2-1, min.60: Molinos; 2-2, min.80: Chenel.
  • Expulsión: Chenel no min.70.

Saíu o Fisterra moito mellor nos primeiros compases ante un Mazaricos algo durmido. Así e todo Chenel protagonizaba a primeira ocasión que parou o meta fisterrán. Pero dúas xogadas a balón parado ao fío do descanso metían aos verdes por diante.

Na segunda saíron os amarelos máis metidos e máis intensos. Recurtaban os de Néstor no ecuador da segunda por medio de Molinos e Chenel, antes de ser expulsado, facía o empate. Eran os mellores momentos dos visitantes, que vían cortadas as súas aspiracións coa expulsión do seu ariete.

Aínda quedaba moito partido, e xa con 3 sobre o desconto, o colexiado ve penalti en área local, epero Pejo gáñalle a partida a Julito parando o penalti e deixando o empate no marcador.

Fisterra-Mazaricos-Foto-Pedro

Seaia - Montelouro (3-0)

Seaia-Montelouro-Foto-Edu Olveira Camilo gol volveu e o Seaia notouno
  • SEAIA: Jesús, Alberto, Adrián (Parga, min.80), Vistas, Avelino (Illote, min.85), Miguel, Damián (Eme, min.63), Felipe, Juni (Richard, min.63), Camilo e Nando.
  • MONTELOURO: Isma, César, Abel (Edu, min.46), Pedro, Isma de Cosme, Teo (Raúl, min.80), Geico, Dani, Gelo, Riki e David (Pesi, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián; 2-0, min.43: Felipe de vaselina; 3-0, min.67: Camilo tras unha boa xogada trenzaza con Felipe e Eme.
  • Lesión: Avelino, tivo que entrar o meta suplente Illote.

Volveu “Camilo Gol” aos terreos de xogo e o Seaia o notou. Foi un partido discreto por ambos bandos, marcado pola eficacia do cadro local. Xogo directo e poucas ocasións claras pero os malpicáns estiveron moi finos cara gol.

O Seaia levou o peso do partido ante un Montelouro ben prantado atrás, que viu como Adrián adiantaba aos seus pero que tivo o empate nas súas botas. Pero o fermoso 2-0 de Felipe ao fío do descanso matou as esperanzas loureáns que baixaron os brazos na segunda. Camilo marcaba o 3º para o deleite dos siareiros locais.

Seaia-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Porteño - Castriz (1-2)

Plantel do Porteno-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Maikol, Manuel, Curra (Caamaño, min.55), Óscar (Cachi, min.75), Doyle, Iago, Cristian Canosa, Carlos MeuLar e Anxo (Marcos, min.65).
  • CASTRIZ: Pablo; Martín, David, Víctor, Dani Martínez, Martín Uru, Bruno, Agra, Chinda, Cilindro e Bolón (Joni, min.75).
  • Goles: 0-1, min.15: Chinda cun golazo de falta pola escuadra; 1-1, min.25: Cristian Canosa de penalti sobre Pejo; 1-2, min.75: Cilindro.

Nova vitoria deste Castriz de Esteban Blanco que segue no máis alto. Comezou moi ben o cadro xalleiro, adaptandose moi ben ao terreo de xogo da Grixa. Tivo a primeira ocasión Cristian Canosa para os de Roski pero foi Chinda, cun golazo de falta, o que adiantaba aos rossoneros. Reaccionou moi ben o equipo local, e ata o final da primeira e ao comezo da segunda apretou moito, conseguindo primeiro o empate por medio de Canosa e avisando despois.

Era unha priemira metade competida, con moito contacto. A segunda comezaba cun penalti que paraban Bonano a tiro de Agra, pero Cilindro facía o segundo no ecuador da segunda nunha xogada de tiraliñas. Intentou empatar o cadro local pero non chegaba con claridade, mentres Chinda contra o final non chegaba a un centro no que puido ser o 1-3.

Porteno-Castriz-Foto-Porteno

San Lorenzo - Camariñas (4-1)

  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián (Cachizo, min.70), Rubén, Pablo Novo, Álex Figueiras, Adrián Fraga (Joaquín, min.60), Schuster, Javi Pensado (Carlitos, min.60), Parafita e Juni (Fuentefría, min.60).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Martin (Sergi, min.55), Sestayo, Piti, Nico, Denis, Moro, Pereira, Javi, Saviola (Brais CHicote, min.65) e Ismael (Santi, min.86).
  • Goles: 1-0, min.18: Javi Pensado; 1-1, min.55: Isma; 2-1, min.58: Álex Figueiras; 3-1, min.81: Álex Figueiras; 4-1, min.94: Pablo Novo.

Vitoria clara do equipo local, que se mantén na zona noble con 13 puntos, ante un Camariñas que non atopa o seu rumbo e que pagou caros os seus propios erros. Primeira metade de dominio dos carballeses, sen demasiadas ocasións que remataba con 1-0 tralo tanto de Javi Pensado. O Camariñas tivo o empate cun balón que despexou Diego e batiu no pau.

Na segunda arrincou o equipo de Pedro Gómez, pero empatou o cadro de Gerpe. Tivo a sorte de volver marcar rápido e poñerse por diante o San Lorenzo, cun tanto protestado polos visitantes por posible fóra de xogo, pero o Camariñas veuse arriba e tivo bos minutos, nos que o empate puido ter caído. Non estiveron acertados os camariñáns e nos últimos 10 minutos Álex Fiegueras e Pablo Novo sentenciaron.


Cabana - Cee (1-2)

Cabana-Cee nas Redondas-Foto-Cabana
  • CABANA: Víctor, Eloy, Pepe, Iván de Treos, Dani Mato (Charly), Miky Pose, Manolo do Cruceiro (Adán), Manu Guillamet, Fernando (Diego), Iván Mato e Berti (Eloy Pereira).
  • CEE: Parroto, Josio, Fiuza, Jocabo, Jorge, Piquero, Hidalgo (Bruno, min.55), Penedo (Leo, min.55), Tebo (Aitor, min.58) e Chiru (Uri, min.70)
  • Goles: 0-1, min.80: Penedo remata unha falta botada por Jorge; 1-1, min.83: Iván Mato de cabeza; 1-2, min.87: Penedo a pase de Uri.

Partido igualado, de empate, que non se rompeu ata os últimos 10 minutos. Empezou o partido sen un dominador claro, cun Cee intentando iniciar combinado e un Cabana ben colocado e os puntas apretando arriba, moitas disputas e pouca precisión nos primeiros 25', nos que os ceenses pediron unpenalti sobre Penedo, o gran protagonista da tarde nas Redondas.

Foise facendo co balón o Cee, marcando o ritmo pero sen grandes ocasións. Na segunda, Cabana buscaba facer dano nalgunha contra, e Leo tivo unha boa para os ceenses, pero quedou demasiado escorado e Víctor parou o tiro. Bruno fixo un centro chut ao que non chegou nin Uri nin Lamela, e quedaban 10 cando Penedo abría o marcador. Empatou de contado Iván Mato tras unha prolongación dun compañeiro pero sen tempo a asentarse, o propio Penedo facía o segundo.

Aínda tivo o propio Penedo o terceiro pero o longueiro repeliu a súa falta. Faltoulle experiencia e madurez a este noviño equipo de Raúl Periscal, que non soubo pechar o partido e manter esa valiosa igualada.

A boa nova para os de Chema Rivadulla e Keijas foi a volta aos campos de Emilio.


Outes - Baíñas (2-1)

  • OUTES: Gato, Borja (Rafa); Saúl, Roberto, Chúa, David, Martín, Poke (Chía), Yago, Manu (Santi) e Piki (Babu).
  • BAÍÑAS: Sergio, Samuel, Rodri, Braulio, Mario, Iván, Luís (Sancho, min.75), Eloy, Jaime, Capote (Marcos, min.35) e Javi Suárez.
  • Goles: 0-1, min.48: Jaime Mata; 1-1, min.66: Santi; 2-1, min.87: Piki.

Partido trabado, de moita intensidade, moi emocionante pero feo ao mesmo tempo, sen ocasións. Comezaba intenso, con moitos paróns e mesmo protestaron os locais porque o colexiado perdoou a expulsión a un xogador visitante na primeira.

Arrincaba a segunda co gol de Jaime, e tivo que remontar o cadro da Serrra gracias a un traballo enorme dos seus, cos tantos de Santi, e xa nos últimos instantes, de Pîki.

Cómpre destacar o debut de Marcos, ex do Mazaricos que levaba un par de anos sen xogar, ás ordes de Mario de José.


Zas - Buño (2-0)

Zas-Buni-Foto-Paula
  • ZAS: Anxo, Oli (Fabián), Pereiro, Martín, Vecino, Canedo, Peke, Abel (Álex), David Blanco (Pablo), Rubio e Dani (Samuel).
  • BUÑO: Víctor, Casais (Miguel Dourado), Matías, Ángel, Dani (Emilio), Fran, Jorge, Uruguayo (Yago), Chato, Gurita e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.23: Dani aproveita un rexeite a un turo de Abel; 2-0, min.35: Dani dende fóra da área.
Zas-Buno-Foto-Paula

Xusta vitoria dun gran Zas, que segue líder, ante un Buño que vai perdendo golgos con respecto aos primeiros partidos. Comezaba Dani, o protagonista da tarde cos seus tantos, avisando cunha fermosa xogada individual que saía alto. Seguía o Zas enriba e Vecino mandaba ao longueiro e Canedo e David Blanco malograban unha doble ocasión que sacaba a defensa baixo paus. Chegaron os dous tantos de Danino ecuuador da primeria metade, dando vantaxe aos de Iván Cancela, que se puido ampliar antes do descanso cos tres mans a mans co porteiro que Abel non souibo rubricar para sentenciar o partido.

O Buño intentábao pero non chegaba a inquedar a Anxo, buscando máis os balóns longos ás costas da defensa na segunda. Protestou moito o Buño a actuación arbitral, moi permisivo cos locais e non sinalando un posible penalti ao seu favor.

Zas-Buno-Foto-Paula

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios