Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán

1ª Autonómica: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán
Soneira-Sofan-Foto-Fran

Moitas novas nesta 6ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, na que o Baio segue impresionante. 5 empates e un empate para o equipo de Félix, vencía en Padrón e queda só arriba de todo, con 2 puntos sobre o Cordeiro, e xa 5 sobre Corme e Sofán, que non puideron seguir o ritmo colleitando as súas primeiras derrotas. Os sofanistas caeron no derbi da xornada, ante un Soneira en clara melloría. Mentres o Corme caía na Proba nun partido para esquecer.

Reestreábase David Baña no banco do Malpica tralas augas revoltas no vestiario, collendo o relevo de Óscar Suárez. E o equipo parece que mellorou en actitude e intensidade, pero non en resultado.
A que segue preocupando é a Esteirana, que tras 6 partidos aínda non coñece a vitoria a pesar de que o seu xogo non corresponde aos malores resultados.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Piloño - Esteirana (4-2)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code (Adrián, min.76), Sui, Martín (Tobío, min.65), Álex, Saúl (Andel, min.46), Juan (Pabliño, min.46), Simón, Adrián, Serrano e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.23: de falta; 1-1, min.31: Juan que recibe dunha diagonal, controla e bate coa cabeza; 2-1, min.44: desmarque en longo e despois dun tiro forzado bate por baixo; 2-2, min.55: Álex marca un golazo desde fóra da área; 3-2, min.60: favorecedor do varias rexeites, anota o lateral; 4-2, min.74: centro lateral preciso e remate certeiro.

Segue a Esteirana sen poder puntuar e poder aumentar o seu casilleiro e así poder saír da derradeira posición na táboa. Foi un partido atractivo, con moitas alternativas e decantándose para a banda do Piloño gracias ao seu acerto no remate. Tiñan os de Esteiro o dominio da posesión e asentados no campo, cando unha falta na frontal poñía o 1-0. Repúxose e seguiu con desborde por banda dereita o equipo costeiro e puxo o empate a través dunha diagonal de Juán que con moita calidade baría ó cancerbeiro.

Chegou despois un gol anímico no desconto da primeira, facendo moito dano ao equipo visitante e tendo este que variar o seu plantexamento de cara a segunda parte. Comezaba esta de bo xeito pois Álex anotaba un golazo desde fóra da área cun trallazo. Co partido embarullado, e unha actuación polémica do colexiado que perxudicaba aos visitantes, chegaba o terceiro do Piloño.

Remando a contracorrente, non puido facer nada Esteirana que vía aumentada a súa desvantaxe no electrónico de Vila de Cruces e tiraba a toalla nos minutos finais. Decepción na expedición de Esteiro xa que un bo xogo non foi sufuciente para conseguir algún punto a domicilio.


Soneira - Sofán (3-0)

Soneira-Sofan-Foto-Fran
  • SONEIRA: Anxo, Iván Chans (Fabián, min.80), Fran de Urroa, Pichi, Maikel, Sandelo, Richi, Mayor, Javi, Basti e Nazo (Figueroa, min.75).
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Javi Souto, Pablo Martínez, Félix, Míchel (Seo, min.70), Eloy Boedo, Iván Rojo, Luís (Martin, min.46), Bertín (Leilán, min.46) e Brais (Raúl, min.46).
  • Goles: 1-0, min.28: Javi cun chutazo de falta; 2-0, min.35: Basti remata unha falta lateral botada por Javi; 3-0, min.86: Figueroa nunha contra.
  • Expulsión: o adestrador local José Ángel Pose no min.40.
  • Máis de 200 persoas no municipal vimiancés para ver este interesante derbi que chegaba nun momento importante, pois o Sofán viña imbatido e o Soneira chegaba con algún que outro problema. E foi un bonito partido, sobre todo para os locais pois o Sofán nunha se atopou sobre o campo, E iso que comezou asumindo o control do balón pero sen demasiada profundidade.

    Pronto foise facendo co partido o cadro local. Un Soneira moi ben prantado, con Pichi estreando a posición de central con éxito, na primeira metade con algunha ocasión, como o gol anulado a Nazo no min.16 por dubidoso fóra de xogo, E en dous zarpazos á media hora, abría fenda o cadro soneirán, cun obús de falta de Javito e unha falta que botaba o rubio e que remataba Basti só dentro da área.

    Na segunda baixou o ritmo, poucas ocasións e moito xogo trabado. O Sofán quería pero non podía, ante un Soneira moi solvente atrás que non pasou apuros.


    Puebla - Corme (2-0)

    corme na Proba-FDoto-Fin Lema
    • CORME: Suso, Joshya, Jesús, Alejandro, Adolfo, Diego (Antoniño, min.80), Brais, Toniño (Jose, min.55), Juan Chans, Lucas (Brais, min.85) e Alejo.
    • Gol: 1-0, min.38; 2-0, min.44.

    Non era o día do cadro cormelá que puido recibir algún tanto máis na súa visita á Pobra, supoñendo ademais a primeira derrota do ano. Non sentou ben a viaxe aos azulóns, que malia estar arroupados, coma sempre, pola súa fiel afección, non puideron despregar o seu fútbol combinativo nun campo demasiado brando e baixo a chuvia.

    Dous despistes ao fío do descanso case que sentenciaban o choque. Saíu algo máis forte na segunda, pero foi un espellismo.
    Puido recurtar contra o final o Corme pero a xogada deu conta que non era o partido da marea azulona. Ata 3 remaches dentro da área que non quixeron entrar, e

    Flavia - Baio (1-4)

    Flavia-Baio-Foto-Santi Soneira
    • BAIO: Dani, Fachal, Porto, Mario, Yago, Eloy, Martín (Alberto, min.50), Brais (Ramón, min.72), Bieito, Christian (Saleta, min.83) e MC (Rubio, min.89).
    • Goles: 0-1, min.2: Christian; 0-2, min.20: Brais tras unha gran xogada de MC; 1-2, min.35; 1-3, min.51: Bieito tras sacar unha falta rápida; 1-4, min.63: Yago nun córner.
    Baio en Padron-Foto-Santi Soneira

    O auténtico vendabal que pasou chamouse Baio. Este equipo está en racha, e non houbo que esperar nin dous minutos para comprobalo. Christian abría o marcador na priumeira xogada para os de Félix, poñendo o parido de cara. Non reaccionou o cadro local, ante un Baio que controlaba o partido como quería. Noutra incursión Brais facía o segundo aos 20 minutos, pero antes do descanso o Flavia recuperaba a intensidade e se metía no partido.

    Pero outra saída fulgurante dos baieses acababa pronto coas aspiracións padronesas, e en apenas 5 minutos Bieito facía o terceiro e pouco despois Yago completaba a merecida goleada, que deixa ao Baio no máis alto da táboa, con 16 puntos. Aquí vendes os goles da man de Santi Soneira.

    Baio en Padron ao final-Foto-Santi Soneira

    Bertamiráns B - Malpica (2-0)

    11 do Malpica en Bertamirans
    • MALPICA: Abraham; Adrián, Diego (Kevin, min.65), Dani García (David Castro, min.24), Juan Rabuñal, Joel Pereiro, Alberto (Pablo Díaz, min.78), Alemán, M. Maradona, Diego Alonso e Petís (Rodrigo, min.74).
    • Goles: 1-0, min,73; 2-0, min.93.
    • Expulsión: un xogador local contra o final.
    • Lesión: o central malpicán Dani García tras un problema nun xeonllo.
    Bana-reestrouse-no-banco-do-Malpica-en-Bertamirans-Foto-Wash-Calvo

    Mellorou a intensidade, e a actitude tralo cambio de adestrador o cadro malpicán, e poderá mellorar na súa profundidade en ataque ca incorporación de Cheo nesta semana. Na súa visita a Bertamiráns acabou caendo co filial pero nun choque decidido nos últimos intres, no que o resultado mais xusto seguramente sería un empate.

    Foi un partido de moita brega, pelexado en todo instante polos dous equipos. O equipo malpicán estivo máis armado defensivamente. As ocasións chegarion dende o comezo con tiros de Mara e Alemán e paradas de Abrahan. Foron medrando as defensas e as ocasións comezaron a escasear. E só, no último cuarto de hora os locais puideron superar ao meta costeiro cun gol dende a media lúa, e unha contra despois dunha xogada polémica xa co tempo cumplido.

    Bertamirans-Malpica-Foto-Wash-Calvo

    Crónicas da 1ª

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios