Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Dous empates con sabores distintos

Preferente: Dous empates con sabores distintos

SEndos empates colleitaron os equipos costeiros na 7ª xornada da Preferente - Senra Sport. O cadro xalleiro remontaba un 0-2, polo o punto sabe doce. Non tanto sabe o do Dumbría en Viveiro, pois despois de 90 bos minutos e 6 claras ocasións, o cadro de Canosa considera que mereceu algo máis.

Ambos quedan con 9 puntos, empatados no medio da táboa, con 4 puntos sobre o descenso pero xa a 7 do líder, o Noia.

Xallas StComba - Residencia (2-2)

  • XSC: Iván Couto, Rubén Forján, Óscar (Joshi, min.77), Alberto, Aarón, Jota, Baña, Pablo Muíño (César, min.88), Jesús e Marcos (Kevin, min.60).
  • Goles: 0-1, min.48; 0-2, min.57; 1-2, min.65: Kevin; 2-2, min.90: César.

Salvou un punto no último suspiro o cadro de Coméndez. Despois dunha sosa primeira metade que contou con apenas unha única ocasión de Jesús, comezaba a segunda metade e dous despistes locais permitían ao Residencia colocarse 0-2. Espertou o XSC e a partir de aí, con todo perdido, foron moito máis agresivos empezando a gañar segundas xogadas e chegando a área en múltiples ocasions chegando. Chegaron desta maneira os goles e malia que o segundo de César non chegaba ata o min.90 aínda tivo algunha para quedar cos 3 puntos na casa.

Viveiro - Dumbría (0-0)

  • DUMBRÍA: Iván, Tantán (David, min.80), Bryan, Kevin, Iago, Aarón, Rivi, Jesús (Alcaina, min.70), Diego Cespón (Moreno, min.80), Adrián Nieto (Javi, min.70) e Adrián Makaay.

Partido tolo con moitas ocasións en Cantarrana no que mereceu máis o Dumbría. Un choque no que fallaron os de Canosa e Lobelos ata 6 ocasións claras de gol para romper a igualada. Pero o acerto do meta local e a falta de puntería dos puntas costeiros o impediron. Adrián Makaay foi o máis activo durante os primeiros minutos, cun tiro e unha internada á media hora na que quedou só diante do meta local pero non puido definir, e de contado tras unha boa combinación con Adrián Nieto. Iago tamén a tivo na primeira mteade. Xa na segunda, Nieto estivo demasiado lento na súa, Aarón rematou un balón alto e Javi, xa contra o final, tivo a última a centro de Bryan pero o seu remate saíu alto.

Un empate que puido ser algo máis, pero o cadro de Canosa querría máis.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios