3ª Autonómica: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder



Mira alto este Ameixenda de Manolín, que xa se aúpa ao liderato trala 6ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O único equipo que aínda non coñece a derrota, un equipo serio e firme, que terá nos Lira, que descansaba onte, o Nantón, o Corcubión, o Cerqueda e o Coristanco, os rivais para acadar o ascenso.
Ameixenda - Corcubión (2-1)
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Javichu, Bruno, Iván, Álex, Momaño (Samuel, min.85), Borja (Jesús, min.65), Cristian (Camacho, min.46), Víctor (Antón Lestón, min.80) e Mario (Demetrio, min.90).
- CORCUBIÓN: Beto, Marcos, Gabi, Marco Castreje, Alberto, Sebas, Toja, Lema, Gorka e Coiradas (Javi Floreal, min.46).
- Goles: 1-0, min.17: Álex de cabeza nun córner; 1-1, min.55: Lema; 2-1, min.60: Mario de falta anota un golazo.
Partido moi especial o vivido no San Paio de Refoxos entre dous candidatos a todo, que servía de reencontro de Manolín cos seus ex pupilos. Foi un choque moi pelexado e disputadísimo, que sacou o equipo local con algo de fortuna e bo facer nas xogadas a balón parado.
Dominou o equipo ceense durante boa parte do partido, ante un equipo de Carlos Lema armado atrás, con algunha cara nova como Marco Castreje no 11. Adiantaba Alex, xa con 3 goles no seu haber, aos 15 minutos.
Na segunda empataba o Corcubión por medio de Lema, pero pronto Mario anotaba un golazo de falta que metía de novo por diante aos de Manolín. Foron minutos de igualdada e clave foi a aparición do eterno meta ceense Óscar Riolo, que paraba un penalti a Javi Floreal no minuto 80 que puido ter cambiando o resultado por completo.
Castrelo - Laxe (2-2)
- CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Ozón, min.72), Pichón, Quintáns, Estebo (Esteban Lema), Luís, Félix (Raúl), Roi, Stiven, Suso e Lucho.
- LAXE: Anxo, Brais, Jaja, Borja, Aarón, Gora, Carlos, Iván, Zurich, Samueliño e Dani Pose.
- Goles: 0-1, min.31: Iván a pase de Chamy; 1-1, min.36: Roi; 1-2, min.60: Zurich; 2-2, min.80: Lucho.
Comezaba a segunda co gol olímpico de Zurich que volvía colocar ao Laxe por diante. Supuxo un mazazo o tanto para os locais e aí o Laxe puido matar o partido. Pero fallou e o Castrelo soubo reaccionar a tempo, arrinconando aos laxenses. Pichón avisou pero non acertou a remachar un balón solto na área; Lucho facía estirarse a Anxo nunha falta algo escorada que pegaba no longueiro, mentres David Buxantes tamén tiña que sacar unha falta de Zurich. Era Lucho, o que cunha volea batía a Anxo facendo o definitivo 2-2 aínda que Roi puido desfacer ás táboas no desconto nun man a man que salvaba Anxo.
Nantón - Coristanco (2-1)
- NANTÓN: Guillermo, Lareu, Carlos, Félix, Diego, Amado, Fabio, David (Carlos Vidal, min.70), Luís, Martín (Daniel, min.80) e Iván.
- CORISTANCO: Nacho, Facal (Brandón, min.80), Rubén, Sergio, Pazos, Mato, Moreno, Michel, Toni, Iván, Gonzalo (Pichel, min.70).
- Goles: 1-0, min.19: Iván dende o borde da área tras unha xogada a balón parado; 1-1, min.40: Iván de tiro lonxano; 2-1, min.80: Luís.
Comezaba o Nantón máis metido no partido presionando e combinando ben, e xerando ocasións. Marcaría pronto Iván para os locais, obrigando aos de Da Silva a meterse no partido. Luís tivo unha ocasión para aumentar a renda pero foi Iván o que marcaría o empate para os bergantiñáns ao fío do descanso cun tiro que Guillermo intenta atallar en dous tempos pero o balón se cola finalmente.
Cambiaron os papeis na segunda. Aínda que o Nantón parecía levar mais o peso do partido, era o Coristanco o que conseguía atopar máis facilmente os ocos nos últimos metros e xerar as ocasións máis claras de gol. Ata 3 mans a man tivo que sacar Guillermo, espectacular unha vez máis, ante un Coristanco fallón cara gol. Pero foi o de sempre, Luís, o que apareceu para romper a igualada cando só quedaban 10 minutos. Aínda o intentou o equipo verde, pero Pichel e Toni non acertaron.

Cerqueda - Muxía (3-2)
- CERQUEDA: Ángel, Pailos, Atu, Sergio, Javi Pazos, Uru (Pablo, min.46), Dani, Juanjo (Dani Añón, min.52), Darío, Martín (Pedro, min.71) (Rubén, min.83)e Javi (Gesto, min.77).
- MUXÍA: Papi, Pataca, Currás, Martín, Peski, Juan, Javi (Antonio, min.60), Julián (Ruso, min.70), Víctor, Rubén (Man, min.75) e Iván.
- Goles: 0-1, min.65: Víctor; 1-1, min.67: Darío de penalti; 2-1, min.73: Atu tras un córner; 3-1, min.80: Pedro de rexeite tras unha gran xogada de Darío: 3-2, min.83: Peski de cabeza.
- Expulsión: O meta local Ángel por protestar.
Partido estrano o vivido en Xaviña cun treito final de tolos, xa algo habitual nos partidos cerquedáns. Controlou ben a primeira metade o cadro local, chegando a liña de tres cuartos pero sen claridade. Javi avisaba cun tiro frouxo dos locais, pero a mellor ocasión foi un man a man dos muxiáns que salvou providencialmente Ángel.
Pasaban 20 minutos da segunda, cando o xuvenil Víctor adiantaba aos de Sieso, gol que desataba o partido. Empataba Darío de penalti por unhas mans, e Atu ampliaba a renda nun córner. Pedro marcaba tras un xogadón de Darío pero o Muxía non se rendía e Peski recurtaba distancias e a piques estivo de acadar o empate.
Aquí vemos os goles da UD:
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- Preferente: Dous empates con sabores distintos.
- Análise e resultados da nova xornada do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).