Partida queda esta primeira xornada de marzo do Fútbol da Costa por mor do Entroido. Un Entroido espectacular que viviremos en todas as vilas da zona, que deixará seguro moitos equipos tocados.
Unha fin de semana que terá ademais unha nova presentación do libro "Mar de Paixón", esta vez é en Arteixo, na lbraría "A lus do Candil" do fisterrán Modesto Fraga. O acto será o vindeiro venres día 28-02-14, ás 20:00 horas.
Parte de sancións
Preferente
Brais Mouzo (Soneira).
Baba Fall (Soneira).
Diego Arnejo (XSC).
Aperc. 1ª: - Brais Triñanes (Camariñas).
2ª Autonómica
Brais Sendón (Volantes - 2 partidos).
Ivi Fdez. Nimo (Volantes).
Tono da Caixa (Carnota).
Manuel Luñis Lago (Carnota).
Jose Marta (Cabana).
Ricardo Tuñas (Mazaricos).
Antonio Trillo (Corcubión).
Javi Seoane (IDC).
José Piquero (Cee).
Juan Rey (Muros).
Juan Antonio Brea (Del. Muros).
Germán Fariña (San Lorenzo).
José Casillero (San Lorenzo).
Rubén Varela (San Lorenzo).
Aperc. 2ª: - José Ferreiro (Carnota). - Rodrigo Lobelos (Carnota). - Martín Domínguez (Sofán). - Eloy García (Cabana). - José Quintela (Cabana). - Gabriel Ferrío (Corcubión). - Fabio Freire (Muros). - Rubén Sotelo (Buño). - Adrián Varela (San Lorenz).
3ª Autonómica
Martín Castro (Corcoesto).
Mario García (Baíñas).
Diego Bermúdez (Ameixenda).
José M. Rama (Montelouro).
Roberto Lozano (Adest. Cerqueda).
Aperc. 3ª: - Diego Filgueira (Laxe). - José Facal (Coristanco). - Francisco Cebrán (Baíñas). - Alejandro Trillo (Ameixenda). - Víctor Amado (Nantón). - Pablo Verdia (Cerqueda).
Ligas Xuvenís
Laik Borges (Cabana).
José Miguel Suárez (XSC).
Joshua Parga (Corme).
A previa da xornada
Leva o protagonismo desta xornada na Preferente José Ángel Pose, que debuta á fronte do seu equipo de sempre, o Soneira. Como home da casa, sabe que a cousa está complicada e se estrea nada menos que na cancha dun Bergantiños que non dá tregua. Líder contra pechacancelas para dar a sorpresa na xornada sabatina. Ademais, tamén o sábado, o Dumbría ten un choque directo ante o Sada, que o precede cun punto máis, e pode adiantalo se segue ca boa racha. E ollo co XSC, que recibe ao San Tirso un domingo de Entroido, se ben a gran festa entroideira xalleira será en domingo.
Temos novo derbi na 1ª Autonómica cos dous equipos da zona alta. O Malpica, tras 5 vitorais seguidas e 9 xornadas sen perder, visita a un Baio algo irregular nas últimas xornadas. Claves serán, unha vez máis, os choques do Ponteceso, en Sigüeiro ante un rival directo tamén en descenso; e do Camariñas ante un filial do Bertamiráns na zona alta. Ademais, ambos contan con que a Esteirana faga os deberes e un favor vencendo ao Lamela, partido que ademais lle pode servir para mirar dende moi lonxe a zona baixa.
O Corme-Cee será o partido da xornada na 2ª Autonómica, se ben haberá tamén un intenso choque entre os pechacancelas, Corcubión e IDC.
Completa a ponte na 3ª Autonómica, xa que ademais dos partidos da xornada 17, o martes de entroido servirá para se xoguen os choques aprazados nas xornadas 13 e 14, por tanganas ou polo temporal. Para o sábado, teremos dous choques interesantes, que medirá se Laxe e Cerqueda se suman á loita se vencen a Coristanco e Montelouro. O líder terá en fronte ao Ameixenda, que vai a máis, e o choque máis igualado será o Nantón-Lira.
En Cadetes non hai Liga de División de Honra, pola disputa en Extremadura do Campionato de Seleccións. Pero a Costa terán un ollo alí pola participación do dumbriés Juan de Dora coa Sele Galega. Pero si haberá en 1ª Cadete, na que descansa o Cabana e XSC e Fisterra intentarán non fallar ante Muros e Esteirana para coller vantaxe.
Quedan 4 xornadas para o remate da 1ª Infantil e Corme, Cee e Fisterra seguen cunha loita espectacular. Ninguén pode fallar ante Outes, Baio e Muxía se queren manter o ritmo.
Os peques continúan cas súas Ligas Alevín e Benxamín tralas fantásticas finais das LCFs. E o mesmo acontece cos Veteranos, con ata 5 equipos en loita.