Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Fisterra e Cee non queren deixar escapar aos 3 de arriba

2ª Autonómica: Fisterra e Cee non queren deixar escapar aos 3 de arriba
Porteno-Carnota-Foto- Porteno Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Non fallaron os 3 de arriba nesta 24 xornada da 2ª Autonómica. O Sofán sufría na tarde do sábado do Rodeiro; o Corme facía o propio amnte o IDC, e xa son 13 xornadas sen perder. O Zas sufría aínda máis ante o pechacancelas, o Corcubión, pero sacaba a vitoria e queda a 3 puntos da cabeza pero cun partido pendente.
Por detrás, o Fisterra, con 5 vitorias seguidas, non quere deixar escapar aos 3 de arriba, o mesmo que o Cee que recuperaba a xeira da vitoria tras uns meses irregulares. O Outes foi o único dos 6 de arriba que non sumou os 3 puntos, tralo empate co Volantes.

Camelle - Sofán (2-5)

Camelle-Sofan-Foto-SD Sofan
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Matías, Javi Rañal, Valiña, Varu, Sergio, Chuchi, Jesús, Iván e Adrián.
  • SOFÁN: Lerma, Diego, Marcos Pensado, Cantudo, Pablo Martínez, Míchel, Martín (Jorge Calvete, min.60), Ivan Rey, Brais (Suso Docampo, min.70), Iván Rojo e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.25: Diego centra se lle escapa ao metal local colándose; 0-2, min.30: Raúl nun córner; 0-3, min.35: Brais a centro de Iván Rojo; 0-4, min.50: Brais define no man a man; 1-4, min.60: Sergio de cabeza; 2-4, min.80: Sergio presiona a Lerma e o seu despexe pega no dianteiro local e entra; 2-5, min.88: Suso Docampo aproveita unha deixada de Raúl e marca a porta baleira.

Menudo partido na tarde do sábado no Carral, un deses choques que fan tan especial o fútbol da Costa. O equipo de Pupus presentábase con 10 pola marea de baixas, e con Carlos de Dido, lateral reconvertido dende hai xa unhas cantas xornadas, baixo paus. Pero aínda así, e co apoio da bancada do Rodeiro, o equipo local non deu o partido por perdido nin co 0-4.

Comezaba o choque moi bregado, cun céspede moi tocado que acabou sendo unha auténtica lameira. Comezou a SD moi forte decidida a sentenciar pronto, pero a garra dos locais impedía que as ocasións se transformaran en gol. Abríu a lata Diego coa axuda do bo de Carlos, ao que se lle escapaba un centro sen aparente perigo, un tanto que fixo dano na defensa local que nese último cuarto de hora sufríu e viu como o líder o convertía nun 0-3 antes do descanso.

Na segunda o Camelle foi con todo, e recurtou pero o líder soubo sufrir e aguantou as embestidas, cheas de corazón, dos camelláns.

Porteño - Carnota (3-2)

Porteno-Carnota-Foto- Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Óscar, Iasgo, Caamaño, Piti, Cousillas, Cristian, Varela, Isma e MeuLar.
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Fernando, Pumuky, Nakata (David, min.60), Iván Maceiras (Andrés, min.46), Adrián dos Lombos, Rodrigo (Urko, min.70) e Manuel Luís (Pablo Pichín, min.86).
  • Goles: 1-0, min.28: MeuLar; 1-1, min.46: Pumuky; 2-1, min.60: MeuLar; 2-2, min.65: Ferreiro de penalti; 3-2, min.91: Ismael de penalti.
Ambiente na Grixa-Foto-Porteno

Partidazo na Grixa que non se decidiu ata o último suspiro, cunha sufridísima vitoria para os da Ponte que lles serve para mirar a zona baixa dende unha distancia prudente. Comezaba moi nivelada a cousa pero o Porteño estivo lixeiramente mellor na primeira metade. Adiantouse MeuLar á media hora, e xusto á volta do descanso Pumuky facía o empate. Volvía colocarse o cadro local por diante pero de contado respondía Ferreiro anotando o primeiro penalti da tarde. E cando todo sinalaba a un empate final, xa co tempo cumplido o colexiado sinalaba unha pena máxima que Ismael se ocupou de transformar en 3 puntos.

Mazaricos - Cabana (4-0)

Mazaricos-Cabana-Foto-Sara Ramos
  • MAZARICOS: Pejo, Chico (Casais, min.80), Ramón (Matías, min.80), Martín, Tuco (David, min.77), Coxo, Ricardo (José Manuel, min.84), Estéfano, Esteban, Molinos e José Ángel (Ferreiro, min.75).
  • CABANA: Añón (Chechu, min.85), Charli, Iván de Treos, Pepe, Eloy, Fariña (Berti, min.50), Fernando (Eloy Pereira, min.46), Eloy Vilas (Diego, min.70), Manolo do Cruceiro (David, min.50), Josiño e Sandro.
  • Goles: 1-0, min.6: José Ángel cun golazo dende unha esquina da área pola escuadra; 2-0, min.50: Molinos; 3-0, min.65: Ricardo; 4-0, min.73: José Ángel.
  • Expulsión: o cabanés Pepe no min.70.

Partido moi pelexado na primeira metade, cun toma e daca total, pero que rematou cunha xeira de 4 vitorias seguidas dos de Periscal tras unha segunda na que o Mazaricos foi moi superior.

Comezou marcando pronto José Ángel cun golazo tremendo. O Cabana tivo bos 20 minutos antes do descanso, e perdoaron a vida aos amarelos. Puido empatar o cadro de Periscal pero Pejo respostou con moi boas paradas, sobre cunha parada doble a Pepe.

Na segunda marcou Molinos aos 4 minutos, clave para o devir do resto do choque, no que os os amarelos foron moi superiores, e iso que contaba Alex Romero coa baixa de Kevin que ten 12 puntos nunha perna tras un accidente laboral.

Indep. Carballo - Corme (0-3)

  • IDC: Diego, Yoni (David, min.55), Belar, Dani Rosalía, Atu, Seo, Carlos, Cholo, Manu (Adrián, min.75), Juni e Fraga (Óscar, min.75).
  • CORME: Suso, Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Diego (Josiño, min.60), Sergio, Juan Chans, Brais (Pandi, min.80), Alejo (Manu, min.70), Lucas (Antomniño, min.88) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.12: Lucas cun tiro raso dende lonxe tras un saque de banda aberto; 0-2, min.20: Juan Chans dende a esquerda de tiro cruzado; 0-3, min.90: Juan Chans suave pola escuadra.

Superior, por momentos, a arreóns, o Corme ante un IDC que vai mellorando, e que tivo ocasións para ir empatando, pero nin Juni nin Fraga, ambos con dúas boas ocasións cada un, estiveron atinados cara gol.

Aos 20 minutos xa se colocaba 0-2 o Corme, e a partir de aí xa se adicou a tocar con tranquilidade. Segue mellorando o Corme que non se conforma, e que tivo a boa nova de que volveu Pandi ao terreo de xogo dende hai xa 2 meses, probando aínda o xeonllo.

Cee - Muros (4-0)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Jacobo, Berto, Carlos Leis, Piquero, Penedo (Fiuza, min.60) Josiño (Yayá, min.75), Llanero (Diego Cespón, min.65) e Cristian (Javi, min.80)
  • MUROS: Fabio, Santi, Teo, Pelos, Juanche, Dani, Gelo, Ra, Sexo, Jesús e Yanki. Tamén xogaron: Veloso e Piki.
  • Goles: 1-0, min.17: Cristian tras centro de Nico que recolle unha apertura de Llanero; 2-0, min.35: Llanero de penalti; 3-0, min.40: Cristian; 4-0, min.60: Piquero de penalti.

Partido marcado polo forte vento e a calidade de Llanero, quen guiou ao Cee a unha nova vitoria. Os visitantes protestaron o labor arbitral.

Comezaba o Muros avisando e perdoou un par de boas ocasións, pero de contado Llanero abría para Nico, este centraba e Cristian abría o marcador. A xogada do penalti á media hora tamén saía das botas de Llanero que serve un pase entreliñas a Cristian que é derribado cando estaba só diante de Fabio. Llanero non perdoaba desde os once metros se ben os muradáns consideran que Cristian estaba en fóra de xogo.

O terceiro gol chegada logo dun córner moi protestado polos visitantes, Cristian marcaba o seu segundo gol, metendo un 3-0 que non se correspondía coa igualdade no terreo de xogo.

Xa na segunda parte un novo penalti, protestado tamén polos visitantes, esta vez por falta a Josiño, transformábao Piquero. Destacar nesta segunda parte unha gran parada de Parroto ao saque dunha falta.

San Lorenzo - Buño (0-0)

SD San Lorenzo con Eloy
  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, Anxo, Germán, Adrián, Cachizo, Schuster, David Rey, Rubén, Velo e Joaquín (Canteiro, min.80).
  • BUÑO: Brais, Eloy, Casais, Alfredo, Rubén, Dourado (Pedro, min.77), Dani, Miguel (Juan, min.70), Gurita, Elías e Charro.

Partido apretado, con dous equipos cheos de baixas, moi poucas ocasións, moito vento, o campo tocado, moito xogo directo, e empate xusto.

Así e todo houbo varias opcións para os dous equipos. Por bando visitante Elías e Charro combinaron nunha boa ocasión, e Dourado mandaba un córner directo ao pau e un tiro dende o dende fóra da área ao longueiro. A mellor ocasión para os locais chegaba no min.90 pero Velo mandaba o balón lixeiramente alto.

Volantes - Outes (1-1)

Volantes-Outes-Foto-Lucia
  • VOLANTES: Vicente, Juan, Pardelo, Mingos (Cajulo, min.70), Varo, Moja (Edu, min.80), Marcelino (Brais, min.70), Dani, Adri, Martín (Gabi, min.83) e Ivi.
  • OUTES: Gato, Rafa, Yura, Borja (Rubén, min.70), Chúa, Martín, Saúl (Fabio, min.60), Chía (Poke, min.46), Piki, Elías (Babu, min.80) e Migui (Edu, min.46).
  • Goles: 1-0, min.25: Ivi dende fóra da área; 1-1, min.60: Martín.
  • Expulsión: o local Brais no min.80.

Empate máis ou menos xusto en Muros. Primeira metade na que saíu o Volantes moi centrado, se cadra coas mesmas ocasións para cada equipo pero co cadro laranxa un punto por riba. Piki, Elías e Migui tiveron ocasións claras pero ramén tivo o Volantes, e foi Ivi o que adiantaba aos locais.

Na segunda metade mellorou o Outes, sobre todo coa entrada de Edu e Poke. Doeu o gol do empate ao Volantes, e puido marcar o gol da vitoria o Outes pero se atopou cun grandísimo Vicente baixo paus. Poke quedou só pero aguantou Vicente; Elías fallou de cabeza e Piki parou e a volea non lle saíu, para deixar un empate xusto.

Castriz - Fisterra (0-2)

  • CASTRIZ: Juan, Pose, Alberto, Alex, Chinda, Pablo (Sergio, min.55), Bruno (Víctor, min.65), Cili (Balsa, min.75), Adra, Luís e Pichín (Quintáns, min.80).
  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil, Munitis, Julito, Sergio Manín, Robertín, Bebeto, Guardiola (Isma Leis, min.80), Roa (Santi, min.65), Bruno (Mario, min.60) e Aitor (Roberto, min.90).
  • Goles: 0-1, min.10: Roa á saída dun córner; 0-2, min.90: Aitor.

Mellora o Fisterra que segue collendo confianza a base de vitorias, e a pesar das baixas sumou a súa 5ª vitoria consecutiva. Vai recuperando efectivos, pero tamén van saíndo, pero aproveitando a gran plantilla coa que conta Juan Jesús. E o fixo a costa dun Castriz que saíu durmido, pois comezar contra vento deixou un pouco groguis aos xalleiros e recibir o gol inicial dos visitantes, foi a remolque toda a primeira metade, pe cun Fisterra que puido sentenciar. Bruno, Bebeto e o propio Róa puideron ampliar a renda, e Adra tivo unha falta para empatar, pero se chegaba ao descanso co choque aberto.

Arrincaba a segunda cun Castriz que foi polo empate, pero se atopou cun Joselu que respostou a un disparo de Adra e un tiro de Quintáns que saíu lambendo o poste, e unha que quitaron baixo paus a defensa fisterrá. O dominio territorial era dos locais e a incertidume se mantivo no marcador durante 80, pero tampouco houbo grandes ocasións. Bebeto marrou só para empurrar na segunda metade e foi xa co tempo cumplido cando Aitor sentenciaba.

Zas - Corcubión (2-1)

  • ZAS: Rizos, Fabi (David Blanco, min.55), Pereiro, Juan Lagoa, Víctor Vecino (Oliver, min.75), Brais, Peke, Rubio, Pablo Lestón (Pastoriza, min.85), Samuel e Isma (Damián, min.83).
  • CORCUBIÓN: Perlón, Trillo, Gabi, Senra, Marcos (Checho, min.64), Sebas, Xabi, Edu, Alán (Alberto, min.89), Antón (Lucas, min.83) e Lema.
  • Goles: 0-1, min.5: Lema; 1-1, min.68: Juan Lagoa; 2-1, min.73: Samuel.

Quedou sen premio un bo Corcubión en San Andrés que non deu a sorpresa por culpa do vento e do sol. I é que tras moitos minutos por diante un balón colgado collía mal ao meta corcubionés e o partido decantábase para os locais.

O cadro local saíu demasiado confiado e de contado Lema puxo en vantaxe aos de Senra. Pouco a pouco puido meterse no partido o Zas, e tamén o Corcubión sentenciar á contra. Pero foi Juan Lagoa no 68 e Samuel no 73 o que daban a volta ao marcador e deixando ao Zas trala estela do Sofán e Corme.

Foi este un choque emotivo, pois Pablo Lestón e Brais se enfrontaban a equipo da súa vila, no que estiveron xogando este mesmo curso. Ademais, o choque viu o primeiro enfrontamento entre os irmáns Lestón, Pablo e mais Antón.

Pablo Leston no Zas e Anton Leston no Corcubion

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios