Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Dumbría celebra a convocatoria de Juan de Dora ca Selección Galega

O Dumbría celebra a convocatoria de Juan de Dora ca Selección Galega
Juan de Dora convocado coa Seleccion Galega-Foto-Jorge Parri

Movementos estes días no fútbol costeiro. E se dabamos conta a través do Facebook "Fútbol da Costa" da sinatura de José Ángel Pose polo Soneira, tomando o relevo de Manolito, tamén falabamos da convocatoria dun xogador dumbriés para a Selección Galega.
I é que Juan de Dora, capi dos cadetes do Dumbría de División de Honra Galega, está convocado coa Selección Galega sub 16 para disputar o campionato de españa de Seleccións Autonómicas que se disputará esta fin de semana en Zafra (Extremadura)./p>

Toda unha nova a convocatoria do xogador costeiro, pois habñia tempo que non levaban xogadres da nosa bisbarra á Selección.

Non puido estar esta din de semana, pois subíu cos xuvenís para botar unha man ao equipo na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Pero analizamos o choque do equipo de Juan Purrúa e Joaquin da man de Jorge Parri nesta xornada 23, que deixa ao equipo costeiro na 4ª posición.

Ponte Ourense - Dumbría (1-1)

  • DUMBRÍA: Jorge, Tomás (Adrián, min.77), Jose Caamaño, Pablo Paz (Gonzalo, min.73), Samuel, Jose Lado (Mauro, min.50), Ismael, Samuel Filgueiras, Luís (Borja, min.58), Edu e Rachón.
  • Goles: 1-0, min.62; 1-1, min.78: Jose Caamaño.
  • Expulsión: un xogador local mediada a primeira metade.

Chegaba o Dumbría ao Municipal Oira para enfrontarse a un conxunto situado na metade da táboa, e facíao con varias baixas e baixas importantes con respecto ao equipo titular. Un Dumbría que non lle asusta nada nin ninguén, seguen pelexando aí arriba como leóns nunha Liga moi moi complicada. Un equipo dumbriés que vai deixando o nome de Dumbría e o da Costa da Morte alá por onde vai no máis alto.

Daba comezo o encontro e como é costume o Dumbría ía a por todas. O xogo se desenvolvería na centro do campo nestes primeiros minutos, na metade da primeira parte o Ponte Ourense quedaríase cun home menos e así quedaría no que quedaba de encontro. Trala expulsión o Dumbría tivo algunha ocasión clara que non soubo resolver. A primeira metade terminaría cun empate a 0.

Xa na segunda metade chegarían os 2 goles, un por cada lado, pero chegarían case finalizando o encontro. O primeiro en golpear sería o Ponte Ourense que se adiantaría no marcador, pero os home de Juan Porrúa e Joaquín, que nunca baixan os brazos, empatarían o encontro preto do final.
Un marcador que pode saber a pouco para os dumbrieses logo das ocasións que desperdiciaron.

Vindeira xornada

De todos os xeitos é un reparto de puntos que nunca está mal, a próxima xornada á volta do Entroido os dumbrieses desprazaranse a Abegondo na Coruña para enfrontarse ao todo poderoso Deportivo da Coruña. Pero unha vez máis, estes rapaces que non se acovardan ante nada lle poñerán as cousas algo complicadas aos herculinos que se situan 2º, empatados a puntos co Celta de Vigo.

Crónicas do Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios