Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa

Xuvenís: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa

Arrincou a Copa da Costa coas súas sosas liguiñas previas das que se só quedarán fóra 3 dos 13 equipos participantes.
E mentres, continúa a Liguiña cos 6 mellores equipos da primeira fase, e na 3ª xornada xa hai dous clubes destacados.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, x.3

Xornada 3, e Dumbría e Esteirana suman 9 puntos. Con grandes números ademais (16 goles a favor e 0 en contra do Dumbría e 12 e 2 para a Esteirana), abrindo unha fenda importante ante os Cabana, Malpica e Corme, que suman 3 puntos. Sen puntuar queda só un XSC que espera non decaer.

Corme - Malpica (2-1)

Corme juvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • CORME: Rubén, Sergio, Palmiro (Bruno, min.70), Fran, Eloy, Jósua, Antonio (Dani, 90), Brais, Alejo (Alberto, min.80), Juanma e Isaac (Manu, min.69).
Malpica Juvenil no Cairo-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo, (Chols, min.79), Canario, Steven (Brais, min.90), Mouri (David, min.63), Pitís, Guille, Almeida, Eloy e Kevin.
  • Goles: 0-1, min.68: Eloy tras unha combinación con Kevin e Almeyda; 1-1, min.78: Juanma de penalti; 2-1, min.92: Juanma de trallazo pola escuadra.
  • Expulsión: O local Joshua.
Canario e Antonio capis do Malpica e Corme xuvenil-Foto-Luis Porto

Levou o Corme este partido ante un Malpica que pareecía algo desmotivado trala dura derrota ante o Dumbría da semana pasada. Un Malpica que protestou a actuación arbitral, pero que sucumbíu no último suspiro ante un Corme máis peleón e con doses de bo fútbol, ao estilo dos seus grandes.

O primeiro tempo foi de tanteo e apenas se contabilizaron unha ocasión por bando, de Juanma polos locaos e unha falta de Kevin polos visitantes. Iso si, mellor ocasión do primeiro tempo chegaba ndende os 11 metros, tras unhas involuntarias mans de Jorge en área malpicán, pero Joshua marraba ante a gran parada de Manuel.

No segundo tempo foron estirándose os equipos e Eloy abría o marcador para os malpicáns no ecuador tras unha boa combinación, despois de que Juanma probase dende 30 metros a Manuel e de que Sergio perdoase no man a man ante o meta visitante. Pero o Corme non se amilanou e foi polo empate, que conseguiría 10 minutos despois con outro penalti, moi protestado polos visitantes por entender que Brais e Víctor Novo estaban pelexando por igual polo balón.
Quedaban 10 minutos e o Corme foi o que máis buscou a vitoria, e a base de fe, á saída dun saque de banda, o balón caeulle a Juanma que lanzoun un trallazo e serve para sumar os 3 primeiros puntos do Corme nesta Liguilla.

Esteirana - Cabana (6-1)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Codesido, Rafa, Adri, Pablo, Manu, Raúl, José e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Sergio, Davichi, Tiko e Damián.
  • CABANA: Adrián, Grille, Raúl, Aurelio, Laik, Diego Cacha, Iván, Lucas, Redondo, Álex e Pablo. Tamén xogaron: Manuel, Darío, Varela e Martín.
  • Goles: 1-0: Jose; 2-0: Adrián; 3-0: Pablo; 4-0: Jose; 5-0: Adrián; 6-0: Jose; 6-1: Pablo.

Contaba con todos os seus vimbios o míster da Esteirana Martín, e o equipo o nota. Saíron dende o quecemento a polo partido os blaugranas, cunha intensidade total, e xa se notou dende o comezo pois o primeiro gol chegaba aos 2 minutos.

O Cabana de Fernando, que chegaba con moitas baixas, e varios cadetes completando a convocatoria, non puido conter a marea de fútbol dos locais e limitouse a manter a entereza, pero os goles ían chegando, poñendo un marcador ao descanso claro de 3-0, tras sendos regalos, e deixando a segunda metade como mero trámite.

Xallas StComba - Dumbría (0-5)

  • XSC: Ángel, Miki, Carlos (Cristian Torres, min.46), Jacobo (Rubén, min.75), Xoel, Fabián (Marcos, min.60), Adrián, Steven, Tefi (Pérez, min.60) (Alberto, min.80), Sergio Barbeira e Iván Pastoriza.
  • DUMBRÍA: David, Duarte, Roberto, Cabana, Jano, Lucas, Maikel, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Oli, Juan de Dora, Kevin e Martín.
  • Goles: 1-0: Maikel; 2-0: Maikel (descanso); 3-0: Javi; 4-0: Martín; 5-0: Adrián Alcaina.
  • Lesión: o xalleiro Pérez.

Era o XSC o equipo que máis en apretos pon ao Dumbría nas últimas campañas. Pero o euipo de Diego Lobelos e Óscar Leis saíron ca lección ben aprendido e apretaron dende o pitido inicial, dominando o choque en case todas as súas fases.
Tivo ademais que tirar Rafa dun cadete de primeiro ano para saír baixo paus ante as sorpresivas sancións dos dous porteiros da semana pasada. E, de feito, acabou con 6 cadetes sobre o campo o cadro xalleiro.

A primeira metade foi máis ou menos igualada, co Dumbría un puntiño por riba pero o XSC aguantando as embestidas. Pero na segunda foron moi superiores os dumbrieses, fisicamente mellor, con máis gañas e con máis intensidade, e tralo terceiro gol, regalo ademais da zaga local, o resto do partido foi un trámite.

Liga da Copa da Costa Xuvenil, Grupo Norte, xornada 1

O Castriz é o sorprendente primeiro líder do Grupo Norte da Copa tras tres encontros tremendamente igualados que se decidían pola mínima. Nun grupo no que tras 5 xornadas só 1 dos 6 equipos quedará fóra.

Baio - Ponteceso (2-1)

  • BAIO: Guille, Michi, Xoel, Efe, Silvariño, Kevin, Jose (Alfonso, min.65), Anxo, David, Santi Díaz e Cristian (Pedro, min.60).
  • PONTECESO: Dani Santos, Adrián, Lorenzo, Dani Sánchez, Diego Collazo, Isma, Yago (Damián, min.70), Ismail (Óscar, min.80), Christian (Dani Valle, min.60), Alberto Recarey (Dani Villar, min.46) e Pablo Pailos.
  • Goles: 0-1, min.20: Yago de penalti sobre Christian; 1-1, min.70: David de cabeza a unha fatlta lateral; 2-1, min.85: Santi Díaz nunha contra.

Partido con dúas partes diferenciadas, cun primeiro tempo no que dominou o cadro pontecesán, e no que se adiantou cun tanto por medio de Yago dende os 11 metros. Tivo varias ocasións o cadro visitante para sentenciar pero non tiveron tino e deixaron ao Baio vivo. Pablo e Yago tiveron sendos mans a mans pero non os aproveitaron, e unha xogada ensaiada saíu á perfección pero o balón pegou no pau.

Tivo que realizar cambios Rubén Souto no descanso, para deixar que Recarey, Cristian e Yago, as referencias do equipo arriba, tomara descanso pensando nos maiores, e o equipo notouno. Deixou o partido nas mans do Baio, que se veu arriba. Pastoriza corría no descanso varios erros i é que o equipo saíu cunha formación pouco habitual. E na segunda foron mellores que o Ponteceso, pero os baieses si que materializaron as súas ocasións e por iso levaron os 3 puntos.

Camariñas - Coristanco (1-0)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Ariel (Sergi, min.62), Pose (Cantalejo, min.80), Martín, Mateo, Santi, Juan, Chicote (Dani, min.65), Carlos (Aitor, min.75), Javi e Jose.
  • CORISTANCO: Nacho, Naya, Iván (Javi, min.49), Varela, Rubén, Cristian (Bértoa, min.70), Brandón, Jorge, Joaquín (Mosquera, min.75), Abelenda (Crispín, min.46) e Suárez.
  • Gol: 1-0, min.89: Javi.

Partido igualadísimo que se decidía nos últimos segundos. Comezaba a primeira metade cun equipo de Da Silva bastante enchufado pero con moita igualdade. Abelenda prantouse pronto diante do meta local pero mandaba ao longueiro.

Pero na segunda cambiou o conto e o Camariñas foi mellor, dominando o xogo e creando clars ocasións, convertindo ao meta dos verdes, Nacho, unha vez máis, no mellor, sacando varias baixo paus. Só contra o final, e cun golazo pola escuadra, Javi superaba a Nacho para sumar os primeiros puntos o cadro de Pirucho.

Castriz - Porteño (3-2)

  • Goles: 1-0, min.35: Manu; 2-0, min.40: Yordi; (descanso); 3-0, min.48: Yoni; 3-1, min.60: Michael de penalti; 3-2, min.70: Michael.

Chegaban os dous novatos da zona norte desta campaña con ilusión a este primeiro partido da Liguilla da Copa. E a igualdade notouse. Comezaba o Castriz algo máis enriba, e se adiantaba, deixando constancia do traballo de táctica do conxunto xalleiro sobre todo na saída de balón.
Tivo unha o Porteño para empatar pero non entrou e na xogada de volta, xa ao fío do descanso, o Castriz fixo un segundo gol que doía. Arrincaba a segunda do mesmo xeito, cun regalo visitante e o 3º no marcador, deixando agora o mando do balón ao Porteño, que se meteu arriba con 3 puntas e intentou remontar, aproveitando a relaxación dos locais. E a piques estivo de completar a remontada pero o terceiro gol non chegou.

Liga da Copa da Costa Xuvenil, Grupo Sur, xornada 1

Polo Sur, o Mazaricos e o Muros métesen por diante, nun grupo no que 2 dos 7 quedarán fóra dos oitavos.

Mazaricos - Lira (4-2)

  • MAZARICOS: Samu, Turrión (Samuel, min.50), Marcos, Bieito, David, Raúl, José Ángel, Thiago, Bruno, Carreira e Álvaro.
  • LIRA: Ariza, Sergio, Miki, PIñeiros, Xabi, Costa (Pablo, min.85), Isma (Barri, min.75), David de Rogelia, Saúl, Alexis e Javi Raña.
  • Goles: 1-0: José Ángel; 2-0: Carreira; 2-1: Javi Raña; (descanso); 3-1: Álvaro; 3-2: Alexis; 4-2: José Ángel.

Partido que se decidía no arrinque das dúas metades nas que o Lira saía despistado e o Mazaricos aproveitaba para poñer terra de por medio. O novato Lira chegaba con 5 baixas importantes, e aguantou moi ben a primeira metade, mesmo dominando en moitos tramos do partido. Comezou marcando o Mazaricos, con dous tantos no primeiro cuarto de hora. O Lira viuse arriba, cunha gran actitude, recurtaría ao fío do descanso.

Foi ese comezo da segunda cando marcaba o terceiro o Mazaricos. Alexis recurtaba para o Lira pero unha contra mortal cazaba ao cadro visitante volcado e facían a sentenza.

Fisterra - Outes (0-0)

  • OUTES: Yoel, Rafa, Yura, César, Cutu, Babu, Álvaro, Adrián, Veleiro (Zeta, min.55), Paulo e Xurxo (Abraham, min.46).

Moitas lesións nun Outes no que só chegaron 13, e varios repetiron cos maiores o domingo. En fronte, un Fisterra algo canso, que fixo unha gran primeira metade pero que acusou o cansanzo na segunda e quedou a mercé do cadro da Serra.

No cómputo global, foi un partido igualado, con algunha ocasión pero no que un empate pode ser o máis xusto. Tras unha primeira metade na que o Fisterra estivo máis enriba, con varias ocasións, o Outes, mellor fisicamente, aguantou mellor a segunda metade, pero perdoaron os Babu, Veleiro, e Zeta, que mandou fóra dúas de empurrar.

Muros - Muxía (2-1)

  • MUROS: Toni, Yeray, Samu, Veloso, Diego, Miguel, Santi, Juanche, Piki, Ramón e Hugo. Tamén xogaron: Edu, Mancebo, Sergio e Adri.
  • MUXÍA: Hugo, Sancho, Juanjo, Andrés, Macareno, José Ramón (Josiño, min.70), Edi, Marco, Castreje, Víctor Alcaina e Mario Romaní.
  • Goles: 1-0, min.55: Samu a centro de Edu; 2-0, min.65: Juanche a un córner botado por Samu; 2-1, min.80: Josiño.

Vitoria merecida do Muros ante un Muxía que pelexou pero tivo poucas opcións. E iso que o Muros quedaba con 8 nos últimos minutos por varias lesións, tempo que aproveitou o Muxía para recurtar pero sen tempo para a igualada.

A primeira metade foi de total dominio local, que ademais facía moito a balón parado, tendo ocasións para sentenciar. Pero o marcador non se movería ata a volta do descanso, con dous balóns colgados que rematarían os xogadores muradáns a gol.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios