Partidos complexos para os nosos na Preferente. A atención céntrase no Bergantiños-Dumbría, unha gran proba de lume para o líder, ante un Dumbrái que pode meterse na loita polo ascenso cun par de bos resultados. O XSC visitará un Riveira en horas baixas, mentres que o Soneira ten que puntuar si ou si ante o Castro na casa.
O partido da semana será, sen dúbida, na 1ª Autonómica. E o é polas urxencias que apremian tanto a Camariñas como a Ponteceso, que necesitan poñerse a sumar para saír do pozo. Mentres, os Malpica, Baio e Esteirana terán partidos nos que poderán traer bos resultados.
Na 2ª Autonómica o partido máis bonito será o derbi carballés entre Sofán e San Lorenzo. Un deses derbis que merecen a pena ver, un deses derbis auténticos de fútbol costeiro, que acollerá a segura visita de centos de siareiros dos dous equipos e de afeccionados de toda a comarca de Bergantiños.
Será o Ameixenda o que probe a imbatibilidade do Baíñas nesta 6ª xornada da 3ª Autonómica. Ademais, teremos varios encontros adiantados ao sábado, como a visita do Cerqueda a Agra da Filgueira.
No Gr.3 de Xuvenís o Fisterra-Esteirana será o partido máis igualado coa loita pola Liguilla Previa polo medio. Ademais no Gr.4 o Cabana-Malpica será o partidazo da xornada.
Boa ocasión para pasar o sábado en Fontenla. Pola mañá doble cita, co derbi na Liga Galega Infantil entre XSC e Dumbría, e de seguido o choque entre xalleiros e o Outes, que logo disfrutarán trala comida do adestramento con David Vidal.