Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: S2 e Pel. Este-Oeste mandan

Liga FS Carballo: S2 e Pel. Este-Oeste mandan
Imaxe de Tasca A Cunca-Habanos 79-Foto-David Castro

No Grupo Azul, manda o S2 Informática tras sorprender a un dos claros favoritos como é o Carnicería Eusebio (1-4). Moi de cerca, a tan só dous puntos na segunda posición colócase o Cervecería O Pazo tras vencer por 3 a 0 ao Mar de Menta, por incomparecencia.

Mentras tanto no Grupo Vermello, lidera a clasificación o Peluquería Este-Oeste tras vencer aos coristanqueses do Bodegón Trincado (2-3), seguido polo Tasca A Cunca – Supermercado C&M e o Cervecería Troula, ambos cun partido menos, tras vencer ao Cafetería Habanos 79 (8-1) e o Sat Xulián (9-4), respectivamente.

Crónica da semana: Ágora - Dluxe Carballo (4-2)

Agora-Foto-David Castro
  • Ágora: Añón, Eduardo, Héctor, Óscar e David. Tamén xogaron: Campos e Javi.
DLuxe-Foto-David Castro
  • Dluxe Carballo: Rubén, Nicolás, Chutín, Pablo e Carlos. Tamén xogaron: Jorge, Miguel e Cambre.
  • Goles: 1-0, min.2: Xogada individual de Eduardo, que saca o lanzamento que se cola na portería do Dluxe tras deixar pasar o seu compañeiro Javi. 2-0, min.7: Córner que saca Campos e empalma Óscar a gol. 2-1, min.18: Contragolpe do Dluxe tras un roubo en mediocampo e Cambre resolve no man a man ante Añón. 2-2, min.18: Cambre recibe de espaldas e tras librarse da súa marca fusila a Añón. 3-2, min.35: Héctor remata no segundo pau, libre de marca, tras un córner sacado por Campos. 4-2, min.38: Pase interior de Campos para Óscar que resolve ante Rubén.
  • Árbitros: Arnejo (pista) e Pablo (mesa). Sin dificultades.
Liga FS Carballo-Agora-Dluxe-Foto-David Castro

Vitoria merecida do Ágora despois do que se puido ver sobre a pista do pavillón Carballo Calero.Comezou dominando o equipo local a un Dluxe Carballo, aínda que sin crear moitas ocasións claras de gol, ademáis dos goles. Aos dous minutos, adiantaríase o Ágora cun gol de Eduardo logo dunha xogada individual. Cinco minutos máis tarde, os rosas aumentarían a súa vantaxe tras un córner botado por Campos e empalma Óscar ao fondo das mallas. A partir da entrada de Cambre na pista, os visitantes melloraron e comezaron a crear perigo sobre a portería defendida por Añón. Avisaría o Dluxe cunha dobre ocasión de Chutín e Jorge no minuto 11, pero non sería ata o 18 cando chegaría o ansiado gol, ademáis, por partida dobre. Logo dunha contra dos visitantes tras un roubo no mediocampo, Cambre resolve no man a man ante o porteiro do Ágora. E tras o saque de centro, roubo do Dluxe Carballo, Cambre recibe de espaldas e tras librarse da súa marca fusila a Añón. Co empate a dous e cun equipo visitante apretando e sendo superior ao Ágora chegaríamos ao tempo de lecer.

Á volta do descanso, puidemos ver un encontro igualado sen ocasións de gol ata os últimos dez minutos desta segunda metade que foi cando se decidiu o partido. O Ágora daría un paso o frente, conseguiría ser superior ao Dluxe neste último treito e dominar o encontro, e esto daría os seus frutos a un equipo local que sentenciou con dous goles en tres minutos. Héctor e Óscar serían os encargados de definir as asistencias de Campos.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios