Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenil: Xornada cos despachos como protagonistas

Xuvenil: Xornada cos despachos como protagonistas
Cee-Fisterra xuvenil-Foto-Jorge Parri

Que pouco nos gusta comentar as crónicas, e máis do base, nas que os problemas de despachos son os protagonistas. Neste caso ata dúas circunstancias danse esta semana na Liga Norte nas que a parte directiva é máis importante que a deportiva, e eso nunca é bon.

Falamos dos partidos entre Castriz e Laxe, que nin se chegou a xogar, e do Muxía-Cabana, que xa está recurrido.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 13

Quedamos no deportivo no Sur, nunha xornada que se apreta na zona alta. Prantou cara o Outes e vendeu moi cara a súa pel ante o Dumbría, e de feito tivo o partido para matalo e non soubo. Pero os dumbrieses seguen ao seu, e sacan 5 puntos á Esteirana, que tamén sufría para levar o derbi muradán; e 7 ao XSC, que arrasaba ao Lira.
O choaque da xornada era o Cee-Fisterra, que mete ao Fisterra de novo na loita, quedando os dous equipos a 2 e 3 puntos respectivamente do cadro xalleiro.

Outes - Dumbría (1-2)

  • OUTES: Joel, César, Rubio, Jura, Rafa, Adrián, Babu, Ibra (Zeta, min.55), Cutu, Veleiro (Xurxo, min.65) e Paulo (Santi, min.46).
  • DUMBRÍA: Couto, Portu, Maikel, Duarte, Roberto, Yeray, Martín, Adrián, Marcote, Pabl e Javi. Tamén xogaron: Lucas, Fabián, Oli, Charly e Antón.
  • Goles: 1-0, min.50: Paulo nunha moi boa contra; 1-1, min.62: Marcote de falta tras tocar nun defensa; 1-2, min.83: Antón Lestón remata a pracer un pase atrás de Marcote.

Partido moi igualado, sobre todo durante a primeira metade, na non houbo dominador claro. Chegaba algunha que outra ocasión, cun Outes facendo dano a balón parado e un Dumbría que intentaba combinar e que propuo cun tiro de Marcote dende lonxe e outro de Javi.

Arrincaba a segunda co gol do Outes, o que provocou que o cadro da Serra se metese algo atrás e o Dumbría foise vindo arriba. Tivo aí o Outes o partido na man, pero marrou un par de contras e contra o Dumbría non se pode perdoar. Arriscou o Dumbría. Marcote avisou cunha falta que tocou no longueiro e botou na liña, e aos 5 minutos botou outra que tocou nun defensa que se colou para dentro. Empate e o cadro de Lobelos e Leis seguiron indo arriba, cun partido moi disputado. Non chegaría o gol da vitoria ata 7 minutos para o final, cando nunha contra Marcote regateo ao porteiro e deixou para que Antón Lestón marcase a porta baleira o gol da vitoria.

Lira - Xallas StComba (1-11)

  • Goles: Aitor cunha fermosa folla seca pola escuadra para o Lira. E Sergio Barbeira (5), Iván Pastoriza, Steven (2), Pablo Landeira, Miki e Adrián para o XSC.

Partido sen historia no que os de Rafa demostraron a súa superioridade e non tiveron piedade dun novato Lira.

Soneira - Mazaricos (0-1)

  • Gol: 0-1, min.30: Borja.

Deulle ás a vitoria da semana pasada ante o Lira ao equipo amarelo, que estreaba míster, Alex Romero colle tamén os xuvenís ademais dos maiores, con vitoria. E o fixo nun duro partido ante o Soneira, que sacou a base de garra.

Esteirana - Muros (2-1)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Sergio, Rafa, Tiko, Codesido, Damián, Manu, Fabio, Tobío e Adrián. Tamén xogaron: Cristian e Farra,
  • MUROS: Matías, Yeray, Samu, Veloso, Ramón, Miguel, Alvarito, Santi de Lira, Hugo, Piki, Adri. Tamén xogaron: Mancebo e Juanche.
  • Goles: 1-0, min.15: Adrián; 1-1, min.55: Piki; 2-1, min.75: Manu.
  • Expulsión: o muradán Juanche.

Típico derbi muradán de moita tensión, moita intensidade, per pouco fútbol. Na primeira metade moi mal partido do Muros, que non estaba metido no partido, e na metade da primeira parte chegou o 1-0 da Esteirana, or medio de Adrián. Pero había poucas ocasions tanto para uns como para outros.

Na segunda metade o Muros, que botaba de menos aos MJ e Raúl que foron cos grandes e a Jose lesionado, foise metendo con máis gañas e Piki metería un gol qque deixaba o partido aberto. Pero nun erro do lateral a falta de 15 minutos para o final fixo que a Esteirana se volvera adiantar no marcador por medio de Manu.

A partir de aí o Muros arriscou, quedando con defensa de 3, e cos dous centrais, Samu e Veloso de dianteiros, os cales tiveron algunha ocasión clara pero sen sorte.

Cee - Fisterra (3-4)

Cee de Xuvenis-Foto-Jorge Parri
  • CEE: Paulo, Jicho (Alex, min.67), Abraham (Ferrío, min.79), Vilela (Kevin, min.45), Carlos Leis (Marco, min.85), Esteban, Rafa, Nanón (Pablo, min.39), Andrés, Pikallo e Mario.
  • Fisterra Xuvenil en Cee-Foto-Jorge Parri
    • FISTERRA: Ángel, Javi, Manuel, Noé, Breixo, Gabriel (Rubén, min.44), Abel, Benlloch (José, min.72), Alberto (Suárez, min.42) e Adrián (José, min.67).
    • Goles: 1-0, min.8: Andrés; 1-1, min.19: Noé de penalti; 1-2, min.30: Adrián; 1-3, min.46: Manuel; 2-3, min.53: Pikallo; 3-3, min.55: Pikallo; 3-4, min.59: Rubén.
    • Expulsión: o fisterrán Noé (min.44).

    Partidazo no San Paio de Refoxos que leva o Fisterra apretando máis o alto da táboa. A primeira metade foi de boxeo, un intercambio de golpes que comezaba co Cee pegando e remataba co Fisterra mandando. Arrincaba a segunda co terceiro do Fisterra, abrindo fenda, pero o Cee non se amilanou e foi polo partido. En apenas 2 minutos conseguían empatar metendo o partido de novo no forno. Pero sen tempo a celebralo, e con aínda media hora de partido, unha falta lateral era rematada a gol por Rubén tras varios reeites para facer o 3-4.

    Quedaba moito aínda pero o Fisterra, aínda con 10, soubo defender a súa meta e buscar algunha contra sen chegar ocasións para mover o marcador para ningún dos dous.

    Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 13

    Se xa analizamos as problemáticas dos despachos nas crónicas de cada partido, reservamos estes espazo para o deportivo. O Malpica segue líder pero volcía sufrir, e moito, para vencer ao Camariñas. Cabana e Corme seguen firmes por detrás a 5 puntos, e o Ponteceso só un por debaixo, tras eliminar case que definitivamente ao Coristanco da pelexa.

    Ponteceso - Coristanco (2-0)

    • PONTECESO: Dani Santos, Adrián, Lorenzo, Dani Sánchez, Dani Villar , Ismael, Reca (Luca), Dani Valle (Diego Pérez), Pablo (Javi), Ismail (Óscar) e Cristian.
    • CORISTANCO: Nacho, Naya (Joni, min.60), Iván, Cristian, Javi, Navarro, Jorge, Brandón, Jorge, Joaquín (Brais, min.60) Bértoa, Fondo (Abelenda, min.70).
    • Goles: 1-0, min.60: Cristian; 2-0, min.80: Pablo cun golazo nunha contra.

    Comezou o Coristanco presinando ao Ponteceso e mesmo Bértoa Joaquín e Fondo puideron abrir o marcador. Joerge avisou de falta, nunha primeira metade na que o Pontceso non entraba no partido.

    Foi meténdose no partido o equipo que agora, trala marcha de Dani Pallas, leva Rubén Souto, e tras un par de remates de cabeza de Jorge para o Coristanco, Cristian marcaba para o cadro local.

    Non sentou ben o gol no equipo de Da Silva que aínda así se puideron meter no partido cunha ocasión de Bértoa e Fondo que marraron diante de Dani Santos. Foi no treirto final cando o Ponteceso sentenciaba un partido que dominou o balón pero que tivo que sufrir algunha que outra ocasión coristanquesa.

    Castriz- Laxe (3-0)*

    Partido que non se xogou e que o colexiado anotou co 3-0 por non presentarse o Laxe. A cousa foi algo máis complicada que esa. O equipo laxense chegou con tempo ao campo de Castriz, pero chegou sen fichas. Alá vai un directivo do cadro laxense a facer un tramo ata Laxe (sorte que non andaba a Benemérita polo camiño...) a recoller as fichas pero cando chegou xa pasaban 5 do tempo regulamentario que hai que esperar para poder disputalo partido. Deste xeito, cando chegaron as fichas ao campo os xogadores xa estaban nos vestiarios pois o Castriz non espero máis tempo e o colexiado anotou o 3-0 na acta.
    Se a decisión de non xogar o partido pode resultar criticable, tamén o é o feito de romper un lavabo do vestiario dos visitantes por parte do equipo laxense.

    Porteño - Corme (0-3)

    • PORTEÑO: David Vergari (Martín, min.65), Dani, Miguel, Marcos, Manuel, Álvaro, Mario, Brais Damián, min.70), Josiño, Matías (Felipe, min.65) e Maikel.
    • CORME: Rubén, Sergio, Iván, Cristian, Yoshua, Eloy, Antoniño, Fran (Ángel, min.75), Manu (Isaac, min.70), Isma (Juanma, min.60), Brais (Iván, min.70).
    • Goles: 1-0, min.47: Brais; 2-0, min.55: Manu; 3-0, min.70: Juanma.
    Aguantou a primeira o Porteño, pero o gol á volta do descanso foi importante. E iso que os de Ordóñez chegaban sen porteiro e tibvo que ser David Vergari, o que cambiase de área para deixar o seu posto de dianteiro e meterse baixo paus. Ademais, para colmo de males, lesionouse nunha man e tivo que substiuido.

    Malpica - Camariñas (3-2)

    Malpica xuvenil-Foto-Luis E Porto
    • MALPICA: Manuel, Brais, Víctor Novo, Canario, Steven, Diego, Pitís (Alberto, min.55), Guille, Almeida (Gabi, min.88), Eloy (Mouri, min.76), Kevin.
    Camarinas xuvenil en Malpica-Foto-Luis E Porto
    • CAMARIÑAS: Martín, Mateo, Ariel, Santiago, Sergio, Juan, Brais, Arnela, Nené, Chencho, Aitor (Daniel, min.56).
    • Goles: 1-0, min.30: Pitís define un gran pase de Diego; 1-1, min.50: Chencho define un balón ás costas da defensa; 2-1, min.63: Eloy de falta directa algo escorada pola escuadra; 2-2, min.66: Nené tras un pase de Daniel; 3-2, min.75: Víctor Novo de tiro raso.
    • Expulsión: o camariñán Nené contra o final por protestar.
    Diego e Nene capitans xuvenis-Foto-Luis E Porto

    Pelexou e moito o Camariñas de Pirucho en Pedra Queimada. I é que este Malpica parece que precisa sufrir para levar os partidos, pero cando pona a marcha vai coma un cohete.

    Se o Malpica era o favorito o Camariñas non se amilanou en ningún momento, e soubo repoñerse ata en dúas ocasións dos goles locais. O Malpica, que mandou 3 balóns ao pau foi quen de aguantar a súa meta ben controlada na segunda parte, se ben na primeira o Camariñas mereceu máis polas boas ocasións que tivo.

    Muxía- Cabana (2-2)

    • MUXÍA: Hugo, Carlos, Antonio, Andrés, Ancho, Marco, Maca, Edi, Mario, Paulo e Víctor.
    • CABANA: Adrián (Diego), Villar, Raul, Dani, Aurelio, Redondo (Grille), Samuel, Iván Mato, Alex e Pablo (Darío).
    • Goles: 1-0, min.15: Iván Mato; 2-0, min.55: Pablo; 2-1, min.70: Víctor asina un golazo de falta; 2-2, min.80: Edi de cabeza nun córner.

    Partido moi bregado en Arliña. Adiantouse o Cabana por mediación de Iván Mato e coa axuda da defensa. O propio Iván tería a ocasión para ampliar a renda pero o porteiro muxián desbaratou a oportunidade.

    Na segunda parte volve a marcar Pablo por parte do Cabana e 5 minutos despois tería Iván Mato 3 ocasións diante do porteiro pero non soubo matar o partido.

    Veuse aía arriba o Muxía e conseguía recurtar cunha fermosa falta de Víctor e un remate de cabeza de Edi nun córner no que os cabaneses pediron falta en ataque. Ao final tivo unha contra Iván Mato que tampouco soubo aproveitar e ao final reparto de puntos.

    O caso é que é posible que parece que o Cabana vai recurrir por posible aliñación indebida de varios cadetes que xogaron pola mañá na súa categoría. Unha decisión mal vista dende Muxía, que consideran que é unha práctica habitual pois son moitos os equipos que non teñen máis xogadores e precisan tirar dos máis pequenos para completar convocatorias e mesmo 11 iniciais.

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    Fonte

Comentarios