Luns. 06.05.2024
El tiempo

Preferente: Doro aúpa ao Dumbría

Preferente: Doro aúpa ao Dumbría
Xogadores do Dumbria celebrando un dos tantos de Doro-Foto-Naza Campelo

Segue líder o Bergantiños da Preferente trala 14ª xornada. E só o Dumbría sumou nesta fin de semana, e o fixo cunha gran vitoria que o deixa 6º, xa por diante do XSC, aínda a 9 do Ribadeo, 2º, e a 7 do Sada, 3º. O equipo xalleiro sufría unha inesperada derrota que o deixa 2 puntos por debaixo dos dumbrieses na 9ª praza, aínda con tempo a reaccionar e volver á zona alta.
O que segue ao fío do descenso é o Soneira, con 10 puntos, tras volver de baleiro do campo do Estudiantil.

Dumbría - Carral (3-0)

Imaxe do Dumbria-Carral-Foto-Naza Campelo
  • DUMBRÍA: Julián, Tantán, David Carreira (Oscarín, min.65), Aarón Fdez., Aarón López, Pablo Conde, Cote (Jesús, min.65), Adrián Makaay (David Casal, min.80), Jota, Doro, Iago, Pablo Muíño (Luisito, min.70).
  • Goles: 1-0, min.10: Doro; 2-0, min.25: Doro a pase de pablo Muíño; 3-0, min.88: Doro.
Doro foi o protagonista do partido con 3 goles-Foto-Naza Campelo

Partido fácil do Dumbría que encarrilaba pronto a vitoria gracias ao acerto de Doro. Saíu decidido o cadro de Canosa polo partido, e a tripleta Pablo Muíño, Doro e Adrián Makaay facían dano dende o comezo. Se Pablo e Adrián avisaban, era Doro o que abría a lata, o que obrigaba ao cadro visitante a estirarse.
E continuou atacando o equipo local, e o propio Doro culminaba unha boa acción entre ele e pablo Muíño. Pablo Fdez. tivo que sacar un balón baixo paus pero foi só un susto.

A segunda metade foi máis sosa. O Dumbría adicouse a gardala roupa e o Carral intentouno pero sen facer dano a unha gran defensa. Só contra o final, o Dumbría tivo opción de ampliar a renda e Doro nunha boa contra asinou o seu hat trick.

Ag. Estudiantil - Soneira (2-1)

  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Brais, Fran de Urroa, Mayuyo, Maikel, De la Sierra, Riqui (Quilmes, min.70), Richi (Chans, min.50), Javi (Leo, min.70) e Basti.
  • Goles: 1-0, min.15; 1-1, min.35: Basti; 2-1, min.50: de penalti.
  • Expulsións: Mayuyo (min.50) e un xogador local no min.65.

Volveu sen premio o Soneira de Manolito do campo do Estudiantil nun choque bronco e con polémica. Comezaba o partido algo vistoso con chegadas nas dúas áreas pero era o cadro local o que se adiantaba ao cuarto de hora. O Soneira ía subindo marchas, pero o perigo chegaba para os locais. Así e todo Basti facía a igualada a 10 para chegar ao descanso non sen polémica pois o asistente tiña levantada a bandeira de fóra de xogo que o colexiado desatendeu.

Mayu tivo unha antes do descanso para os vimianceses, e foi precisamente o protagonista, na súa área, a volta dos vestiarios, no que foi a xogada clave do encontro. Penalti e expulsión que deixaba ao equipo con 10 e por debaixo no marcador. O Soneira tardou en espertar e o fixo trala expulsión, con tangana, dun xogador local. Apretou no treito final o Soneira pero non puido facer dano.

Xallas StComba - O Val (0-1)

  • XSC: Pablo, Rubén Forján, Cristian, Alberto, Rubio (Juan F., min.85), Joni, Darío, Toño (César, min.65), Richi (Marcos, min.20), Jesús, Alfonso.
  • Gol: 0-1, min.30.

Derrota inesperada dun XSC ante o Val que mete ao equipo de Julio Martínez na 9ª praza, deixando xa a 11 e 9 puntos o segundo e o terceiro clasificado. O partido comezaba equilibrado, sen perigo nas áreas e de feito o gol visitante, o único do partido, chegaba case sen querer, cun centro que se envelenaba e se colaba na meta de Pablo.

Quedaba unha hora de partido e o cadro xalleiro foise arriba. Tivo varias antes do descanso pero Alfonso, Richi e Jesús non estiveron acertados.

Na segunda metade, máis do mesmo. O cadro local intentando facer dano, pero sen sorte cara a gol. Non tivo sorte o cadro xalleiro que mereceu moito máis.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios