Luns. 06.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Este Baíñas vai en serio

3ª Autonómica: Este Baíñas vai en serio
Bainas-Coristanco-Foto-Jorge Parri

Vai en serio este curso o Baíñas da 3ª Autonómica. 5 de 5 e onte superando unha proba de lume ante un Coristanco que chegaba 2º na táboa. Sufriu o cadro de Pato pero levou os 3 puntos, os mesmos que saca ao Montelouro, o segundo clasificado. Así e todo parece que este ano a cousa vai estar máis igualada porque o propio Montelouro tivo que sufrir, e moiro, para quedar cos puntos ante o pechacancelas, o Castrelo.

Baíñas - Coristanco (3-1)

Baiñas-Coristanco-Foto-Jorge Parri
  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Samuel, Héctor, Sergio, Sancho, Esteban, Mario (Iván, min.55), Diego (Víctor, min.60), Cristian (Andrés, min.80), Taski, Javi Suárez.
  • CORISTANCO: Fredy, Facal (Marcos, min.60), Morientes, Mato, Marquiños (Añón, min.48), Iván (Mallón, min.50), Luís, Pazos, Torreira, Magovi (Gonzalo, min.46) e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.20: Javi Suárez de penalti; 2-0, min.35: Diego de centro chut que se colou a gol ao Goico; 2-1, min.55: Torreira; 3-1, min.80: Esteban rematou un centro de Víctor.
  • Expulsión: os coristanqueses Morientes no min.50 e Torreira no min.80.
Ambiente no Muncipal de Vimianzo-Foto-Jorge Parri

Sofre sempre o Baíñas, i é que lle costa acabar de matar os partidos. Desta volta a baixa de Braulio, que xoga e fai xogar, notouse pero que parece que vai voltar. Ademais, en fronte estaba un Coristanco que chegaba 2º na táboa e que demostrou a súa fortaleza, demostrando que estará moi arriba. Un Coristanco que protestou e moito a actuación arbitral, tanto a man inicial que deu lugar ao penalti que transformaba Javi Suárez para abrir o marcador, como nas dúas expulsións que sufriu o cadro de Da Silva.

Comezou o equipo local algo mellor, e Javi Suárez e Diego adiantaba aos seus. Puido matar o partido o Baíñas á volta dos vestiarios pero fallaron ata 4 ocasións claras pero Taski, Javi Suárez e Cristian non estiveron finos, e deixaron que o Coristanco se metese no partido. E apretou o Coristanco, a pesar das dúas expulsións co 2-1 no marcador, foise arriba metendo atrás ao Baíñas e crearon perigo sobre todo a balón parado e mesmo con saques de banda longos, aproveitando precisamente un dos puntos débiles do cadro vimiancés. Pero Toniño e Torreira non estiveron finos neses moi bos 15 minutos do Coristanco. Ata que saíu Víctor e controlou algo máis o xogo, e nunha contra moi ben levada por el Esteban sentenciaba.

Seaia - Ameixenda (3-1)

11 do Seaia ante o Ameixenda-Foto-David Castro
  • SEAIA: Jesús, Guille (Juny, min.37) (Pablo, min.88), Sergio, Ramón, Vistas, Parga, Dani (Navallas, min.91), Camilo, Alberto, Fran Martuxa e Adra.
11 do Ameixenda ante o Seaia-Foto-David Castro
  • AMEIXENDA: Óscar, José Manuel, Barrientos, Bichiño, Samuel, Álex, Rioliño (Demetrio, min.72), Chiruco (Camacho, min.63), Borja, Jesús e Miro.
  • Goles: 0-1, min.52: Borja define no man a man ante Jesús tras un balón interior de Rioliño; 1-1, min.56: Adra aproveita un despexe e o seu lanzamento final deste cólase na portería defendida por Óscar; 2-1, min.81: Camilo remata ao fondo das mallas tras un erro da defensa visitante un centro de Adra ao segundo pau; 3-1, min.82: Camilo róuballe a carteira á defensa do Ameixenda e bate a Óscar no man a man.
Seaia-Ameixenda-Foto-David Castro

Partido moi condicionado polo forte vento, sempre presente na tarde do sábado no Municipal de A Pedra Queimada, que dificultou moito a práctica do fútbol de ambos equipos. O encontro non tivo un claro dominador, pero levouse os tres puntos o que mellor soupo aproveitar os erros do equipo contrario.
Na primeira metade, os locais terían máis posesión pero ambos equipos terían ocasións contadas e todos elas serían a balón parado. Teríamos que agardar ao cuarto de hora de partido para ver as dúas primeiras ocasións de gol. Comezaría avisando o Ameixenda logo dun saque de esquina botado por Jesús que cabeceaÁlex e atrapa sen problemas o porteiro do Seaia. Respostarían os locais logo dunha falta botada por Alberto que cabecea Adra e despexa Óscar a córner. Minutos despois o xogador do Seaia, Vistas, libre de marca, remata por riba do longueiro un córner sacado por Camilo. Respondería o equipo ceense logo dun córner que saca Jesús, rexeita a defensa local, recolle Bichiño e a volea deste vaise desviada. Cun 0 a 0 máis que xusto e dous porteiros sin ter que realizar un gran traballo chegaríamos ao tempo de lecer.

Á volta do descanso, o partido seguiría a mesma dinámica que na primeira metade con dous equipos sin as ideas claras e sin un claro dominador. A pesar desto, o Ameixenda adiantaríase no marcador, tras un roubo en tres cuartos de campo de Rioliño, este fai un pase interior para Borja que define no man a man ante Jesús. Tan só tardaría catro minutos en responder o Seaia, logo dun balón colgado á área dos ceenses que rexeita a mesma defensa visitante, o esférico cáelle a Adra que saca un lanzamento que se cola no fondo das mallas da portería defendida por Óscar.
No minuto 67, a piques está de facer o segundo o Seaia, logo dunha falta que colga Alberto, peina Adra e despexa a córner o porteiro do Ameixenda cunha gran estirada. Doce minutos despois, Juny cabecearía por riba do longueiro un saque de banda sobre a mesma liña de gol. Pero logo desto entrarían en escena os dousprotagonistas do encontro. No minuto 81, logo dun centro de Adra, Camilo, libre de marca, remata ao fondo da rede tras un erro no despexe da defensa visitante. Un minuto despois, logo dun balón en largo de Adra, de novo, Camilo róuballe a carteiraá defensa do Ameixenda e bate a Óscar no man a man, para poñer o definitivo 3 a 1.
Demasiado castigo para o Ameixenda despois do visto sobre o terreo de xogo de A Pedra Queimada nun encontro no que o resultado máis xusto sería un empate.

Laxe - Corcoesto (1-1)

  • LAXE: Anxo, Samuel Soneira, Naya, Borja, Aarón (Samuel Lema, min.46), Castro (Alberto, min.46), Gora, Saleta, Felipiño, Carrabete, Lolo.
  • CORCOESTO: Edelmiro, Patelo, Germán, Pichu, Javi (Alberto, min.85), Gonzalo, Pablo, Marcos (Martín, min.50), Rodri (Dani, min.70), Christian (Couto, min.80) e Josiño.
  • Goles: 0-1, min.20: Gonzalo cun golazo pola escuadra dende a banda de media volea; 1-1, min.70: Carrabete.
  • Expulsión: o visitante Martín (min.65).

Mal partido polos dous bandos que rematou nunhas sosas táboas a un tanto. Primeiro tempo malo, sen medio campo, no que aproveitou o Corcoesto unha das poucas que tivo.

Quedou con 10 o Corcoesto cando aínda faltaban 25 minutos, e o Laxe veuse arriba. Alberto e Gora puideron acadar o empate, pero tardo e foi Carrabete. Aínda con 10 tivo Josiño dous mans a mans en sendas contras que puideron levar os 3 puntos para Corcoesto. E o partido, que puido caer dos dous bandos, rematou en empate.

Montelouro - Castrelo (3-2)

Imaxe do Montelouro-Corcoesto-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, César, Álvaro, Pedro, Geico, Chema, Isma Cosme, Pesco (Bruno, min.70), Benja (Edu, min.50), Dani Deza, Raúl (Pepe, min.50).
  • CASTRELO: Iván, Estebo, Mario, Luís, Rodri, Gatusso, Chapu (Edreira, min.60), Félix (Fran, min.65), Roi (Roberto, min.80), Miguel, David.
  • Goles: 0-1, min.20: Miguel; 1-1, min.47: Raúl; 2-1, min.55: Edu; 2-2, min.80: Gatusso de penalti; 3-2, min.85: Pesco.

Prantou cara o Castrelo a todo un Montelouro, competindo a un bo nivel cos de arriba, pero aínda necesita gañar un partido para coller confianza, pois aínda está moi inocente. De feito tivo o partido na man na primeira metade pero o deixou escapar.

E iso que arrincaba o partido en Agra da Filgueira cun penalti marrado por Isma para os locais. O equipo de Jurjo dominaba pero sen acerto. Foi Miguel o que abriu o marcador para os vimianceses e aí tivo a gran ocasión para ampliar a renda pero marrou Gatusso dende os 11 metros o segundo penalti da tarde aínda co 0-1 no marcador, xogada que puido cambiar o rumbo do partido.

O Montelouro foi víndose arriba, e ata 3 balóns aos paus de Dani Deza, Pesco e Geico. O empate chegaría nun momento clave, xusto á volta dos vestiarios. Raúl, e pronto Edu, metían por diante as locais pero o Castrelo non tirou a toalla e pelexou ata o final. Chegaría o empate faltando apenas 10 minutos, pero volveu pecar de inocencia, e permitiu que Pesco fixese o definitivo 3-2 que deixa aos loureáns 2º e ao Castrelo pechacancelas.

Un dos penaltis fallados do Montelouro-Castrelo-Foto-Edu Olveira

Muxía - Lira (0-2)

  • MUXÍA: José Antonio, Pesqui, Pataca (Carlos), Currás, Denís, Pereira, David, Javi (Santi Papi), Carliños, Iván, Pesqui (Víctor).
  • LIRA: Andrés, Joserra, Brea, Josiño de Ana, Javier de Milucha, Víctor, Fran Perico, Álex, Óliver, Cristian, Manu (Adrián, min.65).
  • Goles: 0-1, min.35: Fran Perico de penalti; 0-2, min.41: Alex nunha contra.
  • Expulsión: o liracho Víctor.

Mal partido en Arliña do Muxía de Juan Prado, ante un Lira que tampouco fixo un gran partido pero estivo máis acertado cada gol. Foi un partido complicado con moito xogo no medio campo e moita brega.
Fran Perico e Oliver avisaron e foi o propio Perico o que puña por diante aos lirachos de penalti. Antes do descanso, unha contra de Álex facía moito dano ao Muxía.

O Muxía tivo tamén un par de boas ocasións claras de Pataca cun man a man co porteiro e Javi que fallou no control, que puido meter ao equipo no partido pero polo menos o cadro vermellón acabou sen expulsións.

Nantón - Cerqueda (2-1)

  • NANTÓN: Pollo, Amado, Diego, Eloy, David, Martín, Félix, Cachi, Carlos Vidal, Dani, Luís.
  • CERQUEDA: Rubén, Manuel (Carlos, min.50), Pailos, Sergio (Juanjo, min.65, Pablo (Xabi, min.55), Dani Lorenzo, Uru, Darío, Bastón (Ángel, min.70), Eliseo (Víctor, min.75).
  • Goles: 1-0, min.10: Luís; 1-1, min.62: Eliseo aproveita un rexeite do porteiro tras unha gran xogada individual de Darío; 2-1, min.88: Fabio.
  • Lesión: O cabanés Luís, cunha fisura de radio; os cerquedáns Víctor con molestias no xeonllo; e Sergio cu posible escordadura de nocello.

Primeira derrota do Cerqueda tras 4 empates consecutivos nun partido moi longo (99 minutos) e tenso o disputado esta tarde nas Fontiñas. Un partido sen apenas perigo nas áreas, aburrido, e no que os balóns aéreos foron os auténticos protagonistas.

Os primeiros minutos foron de control por parte dos dous equipos e as ocasións tardaron en chegar. O Cerqueda chegaba máis pero sen crear ocasións claras e o Nantón tentaba sair á contra. Así chega o 1-0: córner do Cerqueda que saca a defensa; o balón cáelle a Luís na liña do centro do campo a pase de Cachi, desfáise dos dous centrais por velocidade e bate ó porteiro na súa saída. Un golazo. No minuto 34 é Cachi quen se atopa un balón solto na área contraria pero o seu disparo é rexeitado por un defensa primeiro e depois faise con el o meta.

O Cerqueda tivo ocasión de empatar no minuto 42 despois dunha serie de erros en cadea da defensa local. O balón cáelle a Eliseo, que manda por encima da portería cando estaba solo na área pequena.

A segunda metade foi bastante tensa e moi trabada, con varias tánganas que non pasaron a maiores. No minuto 63 Luís lesionase tras sufrir unha dura entrada e ten que abandonar o campo. A falta das probas que lle están a realizar todo indica que ten fractura de cúbito. Inmediatamente despois o Cerqueda logra o 1-1 despois de aproveitar un rexeite de Pollo ante disparo rival. Pintaban mal as cousas para o Nantón pero o equipo repúxose. No minuto 84 Fabio engancha unha volea dende a frontal da área que estrela no longueiro; o rechace posterior mándao fóra Cachi dende a área pequena. Pouco despois Iván recibe dentro da área e pasa a Fabio para que bata ó meta rival: 2-1, en posible fóra de xogo segundo os visitantes.
No minuto 97 o Cerqueda estivo a piques de empatar tras varios córner consecutivos, cun remate de Uru á saída dun córner que se atopa Pollo e consigue mandar a córner. Na xogada posterior foi Cachi que puido ampliar diferenzas cun forte disparo que rexeita ben o meta visitante. Con esa xogada e despois de 99 intensos minutos o árbitro dou por finalizado o encontro.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios