Nova xornada completa (nada menos que 77 partidos!!) do Fútbol da Costa nesta penúltima semana de novembro. E comezamos o repaso pola Preferente cos goles de Doro para a única vitoria costeira da fin de semana. O Dumbría supera xa ao XSC, que caía sorprendentemente ante O Val. Ademais, onte o Soneira caía ante o Estudiantil.
A Costa estaba pendente dos dous derbis da 1ª Autonómica. E foron intensos. O Baio sorprendeu no Xosé Luís Vara e levou os 3 puntos tras remontar, poñerse por diante e marcar o definitivo 2-3 a 5 do final. Ademais, en Malpica, o cadro local impúxose por un solitario gol ao Camariñas. E derrota, por outra banda, do Ponteceso ante o líder, o Noia, se cadra algo excesiva.
E a xornada 12 serviu para ver a primeira derrota do Outes na 2ª Autonómica. Foi o Zas, nun auténtico partidazo, o que puido cos de Manu Roque, convertíndose xa o equipo de Iván Cancela nun clarísimo favorito ao ascenso. Quedan a 4 do Outes, empatado cun Sofán que visitaba ao Cee e que remataban cunhas táboas cheas de goles. 5 puntos de vantaxe entre os Zas e Sofán e o Cee, mentres que o Corme, que daba conta do Corcubión, se coloca preto, igualado cu Carnota que segue mantendo un gran ritmo. O Fisterra non acaba de arrinca, ao igual que un Castriz que vai ter que remar moito para alcanzar aos de arriba.
A xornada serviu para que debutasen 3 adestradores nun choque doble ademais: Alex Romero, Alinhos, estreou banco no Mazaricos, con vitoria precisamente ante un Volantes que prescindía dos seus servizos hai un par de semanas e que tomaba esta semana Felipe Candamo. Ademais, Nieto estreábase no banco do Muros cunha importante vitoria ante o Cabana para non meterse en problemas.
Mantense o Baíñas invito trala 5ª xornada da 3ª Autonómica. Vencían os de Pato ao Coristanco, que chegaban na 2ª praza, pero que coa derrota caen ata a 5ª. Polo medio métese o Montelouro, con 4 de 5 tras vencer ao Castrelo non sen sufrimento; o Lira que vencía en Arliña, e o Nantón, que vencía ao Cerqueda pero perde ao seu capitán, adestrador e goleador Luís por un tempo dada unha probable rotura de cúbito.
Non ceden os de arriba en Xuvenís. No Sur, o Dumbría sufría pero vencía en Outes e mantense con 9 vitorias e 1 empate. A Esteirana tamén o tiña que dar todo para venr ao Muros, pero sacaba os 3 puntos e se mantén a 5 do líder, con 2 sobre o XSC, 4 sobre o Cee e 5 sobre Fisterra e Outes. Todos teñen opcións.
Ademais, no Norte o Malpica ponse máis líder tras vencer, de novo con moito sufrimento, ao Camariñas, demostrando a súa pegada. O Cabana e o Corme quedan a 5 puntos tralo empate cabanés en Muxía e a vitoria do Corme na Ponte do Porto. O Ponteceso mantén intactas as súas opcións de meterese na Fase Previa pois está só 1 punto por debaixo tras vencer ao Coristanco e case que eliminalo definitivamente da loita.
Non frea o División de Honra Cadete, que co Premio Nordés baixo o brazo, vencía unha semana máis e se mantén 4º, e empatado co Lugo, só por debaixo dos dous grandes, Celta e Depor.
Tamén venceu o equipo dumbriés na Liga Galega Infantil e segue con opcións de meterse na loita polo título. O XSC caía de novo e necesitará vencer algún partido máis para a segunda fase pero ten 4 equipos aínda por debaixo.
Ponse o Muros líder trala dura derrota do Muxía ante o Fisterra nos Cadetes mentres que en Infantís o Fisterra iguala co Cee e o Corme tras vencer aos cormeláns.
Ademais xa estamos na 2ª xornada das categorías Alevín e Benxamín das Ligas F-8 Costa Sur. Fisterra manda en Alevíns e Cee en benxamíns, sendo os únicos equipos con 6 puntos.
Manda o Laxe na 1ª División de Veteranos, cun só punto de vantaxe sobre o Coristanco, e co Soneira xa pegado ás costas tras vencer ao San Román.
Ademais na Liga Intermunicipios O Cances colle o relevo do Cereo tralo empate dste ante o Xornes e a vitoria dos carballeses ante o Sp. Brea.
Ag. Estudiantil | 2-1 | Soneira S.D. |
Xallas StComba | 0-1 | S.D. O Val |
C.F. Dumbría | 3-0 | U.D. Carral |
S.C.D. Malpica | 1-0 | Camariñas F.C. |
Ponteceso S.D. | 2-7 | C.F. Noia |
S.D. Esteirana | 2-3 | C.D. Baio |
SD Camelle | 1-0 | Buño S.D. |
Sp. Zas | 3-2 | Outes C.F. |
Corme C.F. | 3-1 | U.D. Corcubión |
Mazaricos C.F. | 2-1 | Volantes F.C. |
U.C. Cee | 3-3 | S.D. Sofán |
S.D.San Lorenzo | 1-1 | S.D. Fisterra |
Muros S.D. | 4-2 | Cabana S.D. |
S.D. Castriz | 2-0 | Porteño C.F. |
Indep. Carballo | 1-2 | U.D. Carnota |
Sp. Seaia | 3-1 | S.D. Ameixenda |
S.D. Laxe | 1-1 | SDC Corcoesto |
C.D. Baíñas | 3-1 | S.D. Coristanco |
U.D. Montelouro | 3-2 | C.F. Castrelo |
Muxía C.F. | 0-2 | Lira C.F. |
C.D. Nantón | 2-1 | U.D. Cerqueda |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 13
Soneira S.D. | 0-1 | Mazaricos C.F. |
Outes C.F. | 1-2 | C.F. Dumbría |
Lira C.F. | 1-11 | Xallas StComba |
S.D. Esteirana | 2-1 | Muros S.D. |
U.C. Cee | 3-4 | S.D. Fisterra |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 13
Ponteceso S.D. | 2-0 | S.D. Coristanco |
S.D. Castriz | 3-0* | S.D. Laxe |
Porteño C.F. | 0-3 | Corme C.F. |
S.C.D. Malpica | 3-2 | Camariñas F.C. |
Muxía C.F. | 2-2 | Cabana S.D. |
- Descansa Baio.
- Encontro non disputado porque as fichas do Laxe chegaron tarde. O martes explicaremos as dúas visións.
C.F. Dumbría | 3-1 | Orillamar S.D. |
C.F. Dumbría | 5-2 | Milladoiro S.D. |
C.D. Calasanz | 3-0 | Xallas StComba |
S.D. Esteirana | 3-2 | Sp. Zas |
Muxía C.F. | 1-5 | S.D. Fisterra |
Outes C.F. | 3-4 | C.D. Baio |
S.D. Coristanco | 3-0 | As Baleas F.S. |
Cabana S.D. | 2-2 | Xallas StComba |
Muros S.D. | 4-1 | U.D. Corcubión |
C.D. Baio | 2-1 | E.D. Os Miudos |
Cabana S.D. | 5-2 | E.M.F. Vimianzo |
Ponteceso S.D. | 2-4 | Outes C.F. |
S.D. Esteirana | 7-3 | S.D. Sofán |
Corme C.F. | 2-3 | S.D. Fisterra |
S.D. Coristanco | 2-9 | U.C. Cee |
XSC B | 3-6 | Sp. Zas |
XSC A | 1-5 | S.D. Fisterra |
Os Miúdos B | 3-2 | Lira C.F. |
Os Miúdos A | 5-3 | U.C. Cee |
C.F. Dumbría | 27/11 - 19:15 | Outes C.F. |
XSC B | 12-1 | Sp. Zas |
Os Miúdos B | 2-1 | Lira CF |
Os Miúdos A | 1-4 | U.C. Cee |
XSC A | 6-6 | S.D. Fisterra |
Esteirana A | - | Esteirana B |
C.F. Dumbría | 27/11 - 18:15 | Outes C.F. |
Ligas de Veteranos, xornada 11
C.D. Nantón | 0-5 | S.D. Coristanco |
S.D.San Lorenzo | 0-3 | C.F. Dumbría |
San Román | 1-2 | Soneira S.D. |
Xv. Bergantiños | 1-1 | Sp. Zas |
C.D. Baio | 0-1 | S.D. Castriz |
Muros S.D. | 0-6 | Bértoa |
Ponteceso S.D. | 0-1 | Cabana S.D. |
Camariñas Vet | 1-5 | S.D. Laxe |
Camelle S.D. | 1-0 | S.D. Sofán |
Dep. Carballo | 1-3 | At. Milagrosa |
U.D. Cerqueda | 1-1 | Porteño C.F. |
S.D.U. Vimianzo | 0-5 | S.C.D. Malpica |
SDC Corcoesto | 4-1 | Corme C.F. |
Leiloio | 1-3 | Agualada |
Buño S.D. | 1-2 | Erbecedo |
A Piña | 3-0 | Laxe |
Sp. Seaia | 1-3 | Valenza |
Sp. Brea | 1-2 | Cances |
Cereo | 2-2 | Xornes |
Baldaio | 2-1 | Rus |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).