1ª Autonómica: Malpica e Baio levan o premio dos intensos derbis costeiros


Dous derbis traía esta xornada 12ª da 1ª Autonómica e non defraudaron. Foron intensos os dous, se ben o de Esteiro algo máis vistoso. Alí o Baio fixo unha demostración de xogo e quedou con 3 puntos que o deixan na 6ª praza, a só 4 puntos do 2º clasificado. Mentres, a Esteiraa queda 2 puntos por debaixo dos baieses.
En Pedra Queimada, o Camariñas non puido sumar nada ante un Malpica moi firme, nun choque máis aburrido.
Pouco que contar da dura derrota do Ponteceso ante o intratable Noia. Deste xeito, prepáranse camariñáns e pontecesáns para un partido clave o domingo que vén.
Malpica - Camariñas (1-0)

- MALPICA: Pombo, Adrián, Manuel Casal, David Castro, Mario Casal, Fernando Varela (Alemán, min.60), Neucha (Abel, min.77), Juan oBello, Óscar Suárez, Ismael (Tato, min.60) e Eloy Cabeza.

- CAMARIÑAS: José Luís (Pablo, min.17); Fabián, Sergio, Roi, Paco (Conguito, min.49), Moriño, Sule (Manuel, min.71), Brais Triñáns, David, Yuyo e Nazo.
- Gol: 1-0, min.55: Óscar Suárez de cabeza a centro de Eloy Cabeza

Partido moi apretado, cun Camariñas superior moitos minutos sobre todo no treito final. Arrincaba o derbi cunha primeira metade tal igualada como aburrida, e sen moitas ocasións diante das porterías
Comezaba a segunda co Malpica mandando, óscar Suárez desaproveitaba un erro de Pablo nun saque de Porta, pero de contado chegaba o gol de Óscar Suárez. Sen tempo a reaccionar chegaga unha segunda xogada na que Manu Casal marcaba pero o colexiado anulaba por fóra de xogo. A última media hora foi monólogo camariñán. Brais tivo dúas, Yuyo outra clara e mesmo a defensa malpicán tiña que sacar un balón paus. Unha defensa malpicá que estivo moi firme que evitou o que sería un xsto empate, pois o cadro malpicán e mesmo o público de Pedra Queimada acabou pedindo a hora.

Ponteceso - Noia (2-7)

- PONTECESO: Guille (Xurxo, min.80), Javi Peón (Lorenzo, min.46), Moscoso (Diego Collazo, min.46), Josito, Rubén Freire, Dani Cotelo, Alberto Recarey, David Brenlla (Youssef, min.65), Martín Puente, Diego (Miki Pose, min.75), Nando.
- Goles: Diego e Josito de falta para o Ponteceso (3-1 no descanso).
Pouco que dicir da derrota do Ponteceso ante o intratable Noia. Moi superior o líder ante un equipo demasiado brando. O choque marchou 3-1 ao descanso, cun par de erros da defensa pontecesá que segue apostando pola xuventude e pola xente da casa.
Así, na segunda o Noia púxose a xogar e a verdade é ata a xente do Pinguel disfrutou co seu xogo, ante un Ponteceso con 5 xuvenís e 5 modestos de primeiro ano, que apenas puido facer nada, máis que intentar xogar.
Esteirana - Baio (2-3)
- ESTEIRANA: Manu, Roi, Serrano, Dani, Maseiras (Sui, min.40), Picho (Varela, min.46), Pabliño, Álex, Raúl (Uru, min.65), Kike Paluca, Rober Pladur.
- BAIO: Anxo, Chema, Mario, Yago, Jose, Nober, Fachal, Bieito, Alberto, Canay, Martin MC. No banco: Manu, Eloy, Ramon, Rubio, Christian.
- Goles: 1-0, min.60: Róber Pladur remata un córner de cabeza; 1-1, min.70: Canay cun disparo dende o borde da área; 1-2, min.75: Canay tras unha fermosa triangulación; 2-2, min.77: Uru tras unha mal despexe de Anxo; 2-3, min.85: Alberto de penalti.
- Lesionado: Maseiras con golpe no costado dereito.
Partidazo no Xosé Luís Vara ante máis de 200 siareiros entre os dous equipos da Costa que ascenderon a temporada pasada. Dous equipos que ademais están a ser sorpresa da categoría por andar nos postos altos da clasificación, e o partido tal e como mostra o marcador foi intenso e moi dinámico.
Na primeira metade, o Baio dominaba o balón, combinaba perfectamente e creou moito perigo con rápidas combinacións a un toque cerca da área rival. Así e todo as ocasións foron dos dous bandos e cos paus como protagonistas. Tres mandou o Baio en disparos lonxanos e un a Esteirana. A resposta dos locais eran con balóns as costas e rápidas saídas a contra. Sen goles foise aos vestiarios e gardando a pólvora para a segunda.
Marcarían primeiro os de Esteiro e respostaban os baieses con máis posesión, dominio e así se encontrou o mediocentro branquiazul cun balón no borde que chuta de maneira imparable para o meta local. Despois sucedéronse as ocasións, con intercambio de golpes e en fermosa xodaga dos visitantes se adiantaban no encontro. Foi rápida a resposta e logo se poñía o marcador en 2-2. O empate da Esteirana fixo que estes empuxaran para gañar pero foi o Baio quen nesta ocasión sorprendeu a contra e provocaba un penalti que transformarían sen problemas. Seguiu apretando o conxunto da casa que non puido acertar de cara a porta.
Houbo oportunidades durante o partido, dúas boas ocasións de Álex e Rober tras dous centros da esquerda tivo a Esteirana no segundo tempo e outras tantas para o Baio que fixo un partido moi completo.
Cómpre destacar o xogo preciosista o que desenvolveron os visitantes por momentos e falta de acerto nos de Esteiro que non lles saleu o día; así como as tremendas dúas afeccións que animaron e corearon os nomes dos seus equipos.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Preferente: Doro aúpa ao Dumbría.
- Resultados dos 77 partidos e análise da xornada do #FutboldaCosta.
- Liga FS Carballo: S2 e Pel. Este-Oeste mandan.
Artigos relacionados
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora Isma e o blog do Malpica de Luís E. Porto e Wash Calvo.