Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano gozando da diversión das súas San Silvestres

Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano gozando da diversión das súas San Silvestres
Baio, Malpica e Mazaricos viviron este pasado día 31 unha cita moi especial. Para despedir o ano, que mellor que unha simpática carreira San Silvestre.

IX Milla de Baio

saida-dos-maiores-na-san-silvestre-de-baio Xa van 9 anos nos que a A.D. Su A Agra celebra esta divertida carreira. Desta volta foron 75 os participantes, perfectamente ataviados, os que disfrutaron do último esforzo do ano, que serviu para facer oco á cea. Repetiu como gañador o laxense Martín Regueira, por diante do santiagués Amador Pena e o coristanqués Juan Collazo. Gonzalo Silva (Santa Comba), Pablo Mira (Baio), Miguel Rey (Zas), Asier Vázquez (Camariñas) e David Romero (Vimianzo) estiveron entre os primeiros, sendo a Vicky Fernández (Vimianzo) e Claudia Santos (A Piroga-Vimianzo) as primeiras mulleres. Dos pequenos, Naim Calvo foi o campión. Así foi a chegada:
Foto Finish da San Silvestre de Baio-Foto-Jorge Mira Foto Finish da San Silvestre de Baio-Foto-Jorge Mira san-silvestre-baio-2016-2 san-silvestre-baio-2016-1 san-silvestre-de-baio saida-dos-peques-na-san-silvestre-de-baio

De entroido en Malpica

san-silvestre-de-malpica O mesmo 31 Malpica vestiuse de entroido. A San Silvestre Malpicana organizada pola A.C.Malante, coa colaboración do Concello, para despedir o ano facendo deporte dunha maneira moi, moi divertida. Non faltou ninguén, e ata o noso concelleiro de Deportes, Iago Espasandín Varela, saíu a correr disfrazado, como mandaban as normas, entre os case 300 disfrazados. san-silvestre-malpica-2  

Inmellorable estrea en Mazaricos

san-silvestre-de-mazaricos-1 186 participantes encheron de cor a Picota para celebra a I Carreira de San Silvestre de Mazaricos. Dende os máis pequenos ata os máis maiores gozaron da proba e das verbas de alento dos numerosos espectadores. Se ben nestas probas os resultados son o de menos, foi Agapito Vaamonde o campión absoluto, por diante de Adrián Rojo e Arturo Ramos. Pola súa banda, ninguén mellor que a campiona local Rocío Alvite para alzarse co título feminino por diante da vimiancesa Teresa Castro e de Paula Trillo./p> Entre os pequenos, Uxía Lema, Carme Suárez e Lucía Rey coparon o podio de rapazas, mentres Miguén Quintáns, Carlos Costa e Pablo Costa fixeron o propio co de chicos. Para rematar a cita e despedir o 2016, celebrouse na Praza da Feira da Picota, na meta, o Brinde Leiteiro xa tivo un rotundo éxito o ano pasado. Este ano foron os atletas os que ergueron o leite mazaricá para brindar por unha feliz, e divertida, entrada de ano. brinde-leiteiro-en-mazaricos Así foi o Brinde Leiteiro en Mazaricos san-silvestre-de-mazaricos-rocio-alvite san-silvestre-de-mazaricos-8 san-silvestre-de-mazaricos-7 san-silvestre-de-mazaricos-6 san-silvestre-de-mazaricos-5 san-silvestre-de-mazaricos-2 san-silvestre-de-mazaricos-0

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios