Balonmán: O Calvo vence no xeo
Non para o equipo carballés, e nin a xeada fin de semana puido separalos da vitoria ante o Granitos Ibéricos. Mantense na loita polo liderado empatado a puntos co Chapela e pensando no derbi da semana que vén, na volta ao Vila de Noia, o sábado ás 18:00h ante o Ártabro Novo Mesoiro.
Pola súa banda, o Camariñas, xa case sen opcións de pelexar polo título, vencía ao Atlético Novás e se mantén nunha meritoria 3ª praza.
1ª Estatal, xornada 19
- Resultado: Granitos Ibéricos - Calvo Xiria (18-29)
- CALVO XIRIA 29 (13+16): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (2), Sergio Facal, Uxío Batán, Martín Alfeirán (7), Gonzalo Pombo (6), Ramón Suárez–Pumariega, Jorge Bouzas (8), Javier Rodríguez (2), Mario García de Seárez (1).
O Calvo Xiria iniciou o partido coma o ambiente no Municipal de Carballal, xélido. Nada que ver cas súas intencións de tratar de saír ca máxima concentración e intensidade. Tal foi así que os locais levaron a voz cantante durante o primeiro cuarto de hora, tirando proveito dos, no día de hoxe, innumerables erros do ataque posicional carballés. Perdas de balón en accións individuais que impedían a velocidade no xogo colectivo e falta de tino na definición, deron aos vigueses a iniciativa no marcador. Mais sabedores do que se xogan en cada envite os verdinegros acabaron por entrar no mesmo. Quince minutos –os derradeiros cinco do primeiro tempo e os primeiros dez do segundo- nos que amosaron unha elevada intensidade defensiva que lles permitiu correr contraataques, foron os que cambiaron o signo do encontro, levando deste xeito os puntos para Carballo.
1ª Autonómica, xornada 16
- Resultado: At. Novás - Bm. Camariñas (21-23)
- Balonmán Camarilñas: Bruno ℗, Víctor (p), Alan, Fary, Eusebio, Checho, Damián, Fabio, Catalán, Xosé, Héctor, Fran, Antelo, Xabi.
Non fallou Bm. Camariñas ante o 5º clasificado e se mantén na 3ª praza, lonxe, iso si dos postos que darán pé a loitar polo título. Teucro e Rasoeiro sacan 7 e 6 puntos aos conserveiros.
Máis información
Novas relacionadas
- O Xiria vence a ritmo da Batucada mentres o Camariñas perde opcións de loitar polo título.
- Quecendo para as primeiras finais.
- Cas opcións intactas.
- O Calvo Xiria mantense implacable.
- Balonmán: A primeira volta remata con podios.
- Balonmán: Xiria e Camariñas rematan o ano moi, moi arriba.
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.