sábado. 09.11.2024
El tiempo

Balonmán: O Xiria vence a ritmo da Batucada mentres o Camariñas perde opcións de loitar polo título

Balonmán: O Xiria vence a ritmo da Batucada mentres o Camariñas perde opcións de loitar polo título
O Calvo Xiria apoiado pola afeccion carballesa O Calvo Xiria apoiado pola afeccion carballesa

Dúas finais tiñan os equipos costeiros esta pasada fin de semana. E unha de cal e unha de area para os nosos. O Calvo Xiria conseguiu, a ritmo da Batucada, unha vitoria que o deixa empatado co Bm. Chapela, que tampouco fallou, pero xa con 4 puntos de vantaxe sobre o propio At. Novás, que demostrou por que está pelexando por todo.

Os que non puideron celebrar a vitoria e se alonxan dos PlayOff polo título son os camariñáns do Conservas Boya. Os nervos e un grandísimo porteiro do Pontedeume déixa ao cadro palilleiro lonxe da loita polo título.

1ª Estatal, xornada 19

  • Resultado: Calvo Xiria - At. Novás (26-23)
  • CALVO XIRIA 26 (12+14): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (2), Sergio Facal (4), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (7), Gonzalo Pombo (4), Ramón Suárez–Pumariega (1), Jorge Bouzas, Javier Rodríguez (3), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (2), Juan Carlos Rodríguez.

600 afeccionados apoiaron ao Calvo Xiria no Vila de Noia para vencer a todo un Novás nun duelo no máis alto da 1ª Estatal. Foi un partidazo de ida e volta, con dúas afeccións volcadas e no que puido pasar de todo.

Dominou boa parte do partido o cadro visitante, que marchaba 4 arriba a descanso. Panorama escuro para os carballeses, que non so perdían no partido senón que tamén tiñan en perigo a diferenza de goles.

Mais o paso polos vestiarios sentou de marabilla aos verdinegros. En cinco minutos recuperaron tres dos catro goles perdidos e cando se marchaba polo minutos dez da segunda metade a igualdade reinaba no marcador. Moito tivo que ver o empuxe dos seareiros carballeses que animados pola charanga Bloco da Batucada non deixaron de apoiar aos seus durante os sesenta minutos, e como non podía ser doutro xeito, o Calvo Xiria respondeu traballando a reo para impedir que os puntos marchasen de Carballo. Trinta minutos dunha labor defensiva encomiable, nos que deixaron ao Novás en sete goles. Un ataque con moita máis profundidade e no que se anotaron goles dende todas as posicións foi fundamental para levantar o parcial en contra. Moito queda agora que facer nas dez xornadas de liga que faltan para que esta vitoria sexa fundamental ao final da competición.  

1ª Autonómica, xornada 15

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Pontedeume (23-24)
  • Balonmán Camarilñas: Bruno ℗, Víctor (p), Alan (3), Fary (3), Eusebio (7), Checho, Damián, Fabio, Catalán (5), Xosé, Héctor, Fran, Antelo, Xabi (5).

O Camariñas entregou o partido en mans do porteiro visitante, que no primeiro cuarto parou todo o que tiraron os xogadores locais. Logo dun 1-6 foron recuperando aos poucos no marcador ata situarse 20-20 ante un rival directo e dificil. Pero non foi suficiente, o porteiro visitante, as présas e os nervos fixeron que o Conservas perdese unha final que lle deixa con moi poucas opcións de loitar polo título.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios