Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas


Se a semana pasada tocoulle á familia do Bm. Xallas, esta fin de semana foi a presentación oficial do Balonmán Camariñas. Xa en plena competición, o cadro camariñán presentou a todas as súas categorías, e o celebrou con dúas vitorias nas categorías sénior, que deixan aos mozos líderes da 1ª Autonómica e ás rapazas afacéndose á nova categoría.
Por Carballo, mentres os homes do Calvo seguen no máis alto da táboa, as mozas do Goldie andan sufrindo algo máis, o mesmo que lle ocorre aos sénior do Xallas, aínda collendo o ritmo de competición.
1ª Estatal Masculina, x.5
- Resultado: Calvo Xiria - Luceros Cangas (27-17)
- CALVO XIRIA 27 (14+13): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal, Manuel Méndez, Sergio Facal (3), Uxío Batán, Martín Alfeirán (9), Julián López (3), Juan C. Rodrígue(1), Jorge Bouzas (1), Pablo Iglesias (4), Javier Rodríguez (2), Miguel Suárez-Pumariega (1), Gonzalo Pombo (3), Andrés Vila.
Partido duro o disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 300 seareiros. Os carballeses levaron sempre a iniciativa facendo unha boa labor defensiva e ofensiva, mais non estiveron atinados de cara ao gol, ben por imprecisións propias ben pola labor de Daniel Fernández na portería, con demasiados lanzamentos dende posicións cómodas errados e que provocou que o conxunto do Morrazo se mantivese no partido até o minuto 45. A partir dese intre un incremento na actividade defensiva e na aportación en portería dos carballeses, un gol encaixado nos derradeiros quince minutos, inclinaron a balanza para o Calvo Xiria.
O vindeiro sábado en Lalín, o Calvo Xiria xogará ante un dos equipos chamados a ocupar o máis alto da táboa clasificatoria, nun partido que abre un mes ante equipos que esixirán o máximo dos carballeses para poder loitar por unha das dúas primeiras prazas ao remate da liga.
1ª Autonómica masculina, x.2
- Resultado: Acanor At. Novás - Bm. Camariñas (17-29)
- >Bm. Camariñas: Cristian (p), Alán (6), Fary (11), Eusebio (1), Checho (1), Moncho, Fabio (3), Catalán (3), Héctor, Fran Carril, Antelo, Diego (3) e Xabier (1).
É significativo o ciclo de sancións para cada equipo, os locais leváronse 3 tarxetas amarelas, 9 exclusiones de 2 minutos e 1 tarxeta vermella. Os visitantes, 1 amarela, 4 exclusiones e 1 vermella.
A próxima semana o Conservas Boys terá un dificil rival, pois os partidos co Rivadabia son sempre moi complicados.
1ª Autonómica feminina, x.4
- Resultado: Goldie Xiria - SD Teucro Asmubal: (16 - 28)
- Goldie Xiria: 16 (7+9). Brenda, Andrea, Uxía, Nuria, Saray, Diana, Alba, Sheila, Jessica, Raquel (2), Juana (1), Adriana, Sara (2), Tamara (4).
Derrota con sabor doce das carballesas, pois recuperou unha gran segunda metade as boas sensacións que esquecera hai 15 días no choque de Porriño. A solidez defensiva das locais matívose sobre todo durante a segunda metade, demostrando o camiño que hai que seguir para futuros enfrontamentos: unha defensa aguerrida e contundente e un ataque disciplinado e cun marcado rigor táctico, todo iso acompañado da ausencia de perdidas de balón e de accións arriscadas.
A próximo fin de semana toca ir a Tui, para xogar fronte a un conxunto que como as de Xiria, aínda non estreou o seu marcador de puntos.
2ª Autonómica feminina, x.6
- Resultado: Encaixe Camariñas - CB Lucus Apetéceme (28-13)
- Encaixe Camariñas: Tamara (p), Anita (2), Lola, Ana Canosa (3), Tina (2), Tati, Isa (3), Nerea, María Oanes (1), Minia (6), Laura (2), Águeda (8) e Marta (1).
- Resultado: Balonmán Deza - Bm. Xallas (32-16)
- Resultados e Clasificacións da 1ª Estatal Masculina. Gr. A (Calvo Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica Feminina (Goldie Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2 (Bm. Xallas).
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
O equipo feminino do Camariñas, dirixido por Alberto Mas e Rocío Vigo, que este ano debuta na 2ª División Autonómica, segue competindo a bo nivel pese á súa mocidade, xa que a maioría saíron do equipo xuvenil este ano. As costeiras estanse acomodando á categoría, e está facendo moi bos partidos cos equipos da súa liga. Como este, cunha vitoria ante outro debutante na categoría, e vitoria contundente, onde os rivais botaron en falta ás baixas que por lesión veñen arrastrando desde o inicio da liga.
2 vitorias e 1 empate en 5 partidos é o balance das camariñás, que a próxima fin de semana visitan a terras do Morrazo para enfrontarse ao lider invicto Moaña.
2ª Autonómica Masculina, xornada 5
Segue sen estrear o taboleiro de puntos o cadro xalleiro.