Balonmán: Xiria e Camariñas acaban invictos o 2016


Tremendo este comezo de temporada para os nosos equipos. Na 1ª Estatal, o Calvo Xiria vai imparrable, tras desfacerse do Sedona acaba o ano con 4 puntos de vantaxe sobre o Bm. Lalín e 7 sobre o Porriño, tras sumar 14 vitorais en 14 partidos.
Nove vitorias consecutivas tamén para o Camariñas, que vai ao descanso navideño líder da 1ª Autonómica e imbatido. A liga renovarase o próximo 14 de xaneiro, quedan dúas xornadas para terminar as primeira volta e son 5 puntos de marxe sobre os inmediatos perseguidores.
En categoría feminina, mala xornada para as nosas. As carballesas do Goldie Xiria caían na súa visita pontevedresa ao Teucro por 32-22. Aínda non coñecen a vitoria as novísimas carballesas pero cada vez están máis preto.
En canto ás camariñás da 2ª División Autonómica, perdían en Lugo ante un rival directo, onde o nerviosismo do novo equipo encaixeiro, non lles permitiu facerse cun partido no que xogaron ben pero non souberon definir de cara á porta rival.
1ª Estatal Masculina, x. 14
- Resultado: Magope Seis do Nadal Coia - Calvo Xiria (23-28).
- Calvo: Iago; Vilanova (1), Pablo (9), Brais, Manu (2), Martín (5), Miguel, Uxío, Sergio (5), Gabi, Julián, Jorge (1), Calvete (2) e Javi (3).
Tras unha primeira metade áis que igualada, un último estirón dos carballeses permitiulles sacar unha renda de 4 goles ao descanso, a máxima ata ese momento. Na segunda, e cunha boa defensa, o Calvo aguantou a vantaxe ata o final, e así pechar o ano invicto.
1ª Autonómica masculina, x.9
- Resultado: Sociedad Atlética Redondela - Bm. Camariñas (24-32)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Alan (6), Fary (7), Eusebio (7), Checho, Moncho, Fabio (1), Catalán (6), Héctor (4), Fran, Diego (1) e Xabi.
Bo partido o que se xogou en Redondela, xogouse ben en defensa, aínda que se botou de menos ao lesionado Cristian Antelo, que no partido anterior lesionouse a man esquerda, esperemos que se recupere para o próximo partido.
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2 (Bm. Xallas).
Crónicas destes curso
- Ampliando a vantaxe para pasar un Nadal tranquilo.
- Invictus.
- O Norte ó poder.
- O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española.
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).