Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Basket: Carballo vence á Coruña

Basket: Carballo vence á Coruña
O Basket Xiria venceu na Coruña O Basket Xiria venceu na Coruña

Doble enfrontamento entre os equipos carballeses e herculinos esta pasada fin de semana. E malia que a priori, os favoritos eran os herculinos, os cadros bergantiñáns do Calvo Basket Xiria e do Vázquez y Reino Basket Xiria venceron por partida doble aos equipos do Basquet Coruña, pegando un importante salto na táboa e colocándose de líder.

De feito, o basket femenino bergantiñçan protagonizou unha gran fin de semana xa que as Junior do Dimolk Basket Xiria sumaban dúas vitorias en dous partidos. Unhas mozas do Dimolk que ademais de facer unha campaña de márketing superorixinal para o concesionario que as patrocina, vai participar activamente na campaña "Carballo en negro", en contra da violencia de xénero.

Por Cee, mala xornada para o ACB na que só o equipo infantil masculino conseguía a vitoria, colocándose, iso si, líder na súa categoría e permanecendo invicto. Pola contra dura derrota do senior, pese a ir gañando ao descanso e mal partido dos cadetes masculinos.

Familia Xiria

1ª División Nacional Sénior Masculino, xornada 4

  • Resultado: Basquet Coruña - Calvo Basket Xiria (49-64).
  • Calvo Basket Xiria: Argüelles 18, Añon 2, Guillamet 4, Manu Rey 14, Roi 3,Anxo Estany , Fran 2, Tato 13,Luis 4, Moreira 7.

Á cuarta xornada, chegou a primeira vitoria do Calvo Basket Xiria, e foi onde menos se contaba, en casa do lider e acabando asi coa imbatibilidade deste equipo, que se habia imposto en xornadas anteriores aos outros dous favoritos da liga.

De saída no primeiro cuarto, as defensas alternativas dos de Calvo Xiria, logran parar o ritmo Coruñes, obríganlle a xogar en estático e impídenlle correr en transición; en ataque ,o xogo alegre e atrevido baseado no tiro exterior, atopa acerto, e 4 triplos nestes primeiros dez minutos, mais dúas canastras interiores de Tato, logran un parcial de 10-17 que demostra que o partido xógase ao ritmo visitante. No segundo cuarto, mantense o ritmo de xogo marcado polos de Carballo, aínda que o ataque de Basquet Coruña, atopa mais acerto exterior e cos triplos de Martin Belo e Comendeiro, elevan o seu parcial anotador ata os 17 puntos, mentres os de Calvo Xiria, anotan en situacións de 1x1 con Moreira e Arguelles e con Luís no interior, para anotar un total de 15 puntos , e irse ao descanso cunha vantaxe de 27-32.

Ao paso polos vestuarios, todos os afeccionados esperan a saída en tromba do lider, vendo que o partido non vai ser tan fácil como os pronosticos parecían predecir, pero a volta a defensa zonal dos visitantes, cortocircuita o ataque local, que só é capaz de anotar en tiros libres, e ve como os contraataques de Arguelles e os triplos de Tato, amplían as vantaxes ata os 16 puntos, logo dun parcial de 6-17, que deixa un marcador de 33-49.
No ultimo cuarto, os coruñeses suscitan unha defensa zonal 1-3-1, que atasca aos visitantes, que pasan por momentos de desacerto exterior e conceden contraataques, co que os locais logo de estar a 21 puntos , logran colocarse a 11 faltando 3 minutos todavia de partido.Tras un tempo morto, dúas accións de Guillamet, unha canastra en penetracion e a outra asistindo para un triplo de Moreira, devolve a tranquilidade aos de Carballo , que se ven ganadores e ampliarán a súa vantaxe ao final, tras outros dous triplos de Arguelles e Tato, para totalizar un parcial de 16-15 e un resultado final, de 49-64, que premia o traballo do equipo, e reponlles un pouco da vitoria que a semana pasada deixaron escapar.

vitoria-do-basket-xiria-na-coruna

2ª División Autonómica Sénior Feminina, Grupo Norte

  • Resultado: Basquet Coruña - Vazquez y Reyno EBX (67-76).
  • Vázquez y Reino: Laura (16), Iria, Ana (7), Silvia (27), Sara (4), Cris (2), Estela (8), Irene (2), Andrea Mato, Alba (6), Andrea Pombo (4) e Lucía.
senior-femenino-basket-corun%cc%83a

Colócanse líder nesta histórica estrea do equipo sénior feminino do EBX tras vencer na Coruña con 4 vitorias e unha derrota en 5 parttidos, demostrando ademais un compañeirismo e un sentimento difícil de mellorar. Esta vitoria foi tremendamente importante pois as herculinas chegaban cos mesmos puntos. Foi un ncontro moi difícil o que enfrontaba a dous dos favoritos a facerse cos primeiros postos. Os primeiros períodos foron de moita igualdade sen apenas diferenzas no marcador. Na 2ª parte, o encontro colleu cor verde

 

Familia ACB

3ª División Sénior Masculino

Adrián foi o máximo anotador dos ceenses Adrián foi o máximo anotador dos ceenses
  • Resultado: C.E. Cume ACB Costa da Morte – Fundación Culleredo (50-84)
  • C.E. Cume ACB Costa da MorteAnotadores: Manu (7, 2T); Deril (5, 1T); José (2); Rodrigo (2); Tinin (8) – cinco inicial – Iván (4); Luci (3, 1T); Adrián (17, 2T); Cristian M.; Gonzalo (2); Christian V.; Alfredo.

Dous partidos diferentes vividos na tarde do domingo. E non porque xogasen dous partidos, senón porque se mostraron dúas caras moi diferentes en cada parte. Sería inxusto non falar do inmenso traballo da primeira metade, na que aos 3 minutos, se produce a lesión de Rodrigo, polo que o xogo interior ceense sabe que terá que traballar moito para frear en grande medida ao nº14 visitante, moi alto e forte físicamente. Aínda así, o equipo comeza o que sería a mellor parte do que vai de tempada, enfrontándose a un equipo superior, xogando “de tú a tú”. Penetracións, descargas, acerto no tiro exterior, bo movemento dentro-fora, no que a pesares de perder o primeiro parcial (21-24) sí que serían capaces de levarse o segundo por 14-10, o que nos faría levarse a primeira parte por só un punto, o que vislumbraba que queda moito traballo pendente.

Ben, foi aquí onde rematou o partido dos ceenses. Na segunda metade só había un equipo que saiu concentrado e con gañas de levarse o partido, e foi o Fundación Culleredo. Todo o que se fixo ben, esqueciuse, con exteriores que perderon as penetracións e o acerto, interiores tirando de fora, o balance defensivo nulo, xa que a meirande parte das canastras dos visitantes chegaron tras roubo, despois do cal, chegaban en situación de 4 contra 2, 3 contra 1 e incluso 4 contra 1.

Dolorosa derrota, non pola derrota en si, senón pola forma na que se escapa o partido, que deixa moitos aspectos a traballar, sobretodo en temas de concentración e gañas.

2ª División Cadete Masculino

  • Resultado: Maristas Coruña – ACB Costa da Morte (49-24)

Partido marcado pola falta de xogadores, pero que non e escusa xa que o equipo coruñés foi moi superior en todo o encontro. Mal na toma de decisións e na transicion en defensa. Resaltar a boa apartación dos mais pequenos, David e Marcos, que fixeron un gran encontro, xunto con Fran, máximo anotador con 8 puntos.

2ª División Cadete Masculino

  • Resultado: DOMINICOS - FERROATLANTICA ACB VERDE (28-52).
  • Parciais: 8-8; 3-21; 10-8; 7-15) (Acumulado: 8-8; 11-29; 21-37; 28-52)
  • FERROATLANTICA ACB VERDE: Alex Domínguez, 4 ptos; Adrián, 2 ptos; Guille, 2 ptos; Ramiro, 12 ptos; Fran, 2 ptos – quinteto inicial – Brian, 0 ptos; David, 22 ptos; Marcos, 8 ptos.

Mal partido dos rapaces do Ferroatlántica Verde. Un partido no que costou entrar no encontro e decidir o resultado a seu favor. No primeiro cuarto o Dominicos foi quen de empatar o marcador dende a línea de tiros libres, ante a falta de intensidade defensiva dos rapaces do Ferroatlántica Acb Costa da Morte. No segundo cuarto o equipo quiso parecerse o do partido contra Laracha, cunha boa defensa e rápidos contraataques conseguindo un marcador neste parcial de 3-21, co que parecía que os visitantes collían velocidade para irse definitivamente no marcador e poder ir aumentando as diferencias no marcador; con 18 puntos a favor chegaron o descanso. Tras éste, todo cambiou, os que parecían que estaban por diante no marcador eran os de Dominicos, moito mais enchufados en defensa e mais acertados no tiro, polo que este cuarto foron quenes de gañalo, e conseguindo poñerse a 10 puntos de desventaxa durante este cuarto; unha pequeña reacción dos da Costa da Morte fixo que finalmente tan só recortasen 2 puntos na diferencia. No último cuarto, tomaron o mando do encontro novamente, aínda que sin conseguir rompelo partido dunha forma clara, pero sí cun resultado cómodo, que lles permite seguir na loita polas prazas que dan acceso a participar na liga onde se vai disputar a praza de ascenso de categoría.

 

Familia Artai

Edu, xogador cadete do Artai Edu, xogador cadete do Artai

A familia Artai viviu unha fin de semana de derrotas. Como a que sufriu en Lugo o equipo masculino da Liga Galega Cadete que caía con rotundidade ante o Estudiantes locais. Pola contra, o Basket Xiria da Liga Provincial Cadete arrasaba ao Basquet Coruña 2B. As Cadetes na Liga Provincial caían tamén ante o Culleredo. Na Liga Galega infantil, o Artai nada podía facer co poderoso Basquet Coruña.

  banner-dimolk-horizontal-futboldacosta

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios