Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Basket: Líder Xiria

Basket: Líder Xiria
Carballo Basket Xiria lider da 1 Autonomica Carballo Basket Xiria colócase líder da 1 Autonómica

A mellor nova da fin de semana foi a vitoria do Calvo Xiria en Ferrol, ante un dos aspirantes ao título. Os carballeses venceron ao San Felipe, recuperaron o basket average e se colocan líderes tras superar toda unha volta de vitorias (7 consecutivas).

Familia Xiria

1ª Autonómica, xornada 10

  • Resultado: Castelo San Felipe - Calvo Xiria (53-60)
  • Calvo Xiria: Anxo 7, Arguelles 7, Héctor 3, Guillamet 2, Peli 23, Manu 6, Roi 7, Fran, Tato, Luis 3 e Moreira 2.

Choque duro e intenso, cun despregue físico tremendo por parte dos locais, que dominaron no primeiro tempo. Os visitantes foron mellorando en ataque, pero a defensa os matiña nos partido, así como os puntos de Esmorís.

Tralo descanso, e malia seguir sen acerto, a boa defensa e os tiros libres de Manu e as canastras de Peli, permitían igualar o partido, ao subir a intensidade defensiva. No último cuarto e logo de 30 minutos sen anotar ningún triplo, os de Carballo anotan dous triplos consecutivos por parte de Arguelles e Roi que permiten tomar a dianteira a falta de dous minutos e sentenciaron cando Roi cobra unha falta antideportiva e é capaz de anotar 4 tiros libres en dúas posesións.

 

Familia ACB

Sénior Masculino

  • Resultado: C.E. CUME COSTA DA MORTE – CB LARACHA M3 (54-80)
  • CUME: Manu (8); Deril (9, 1T); José; Tinin (7); Iván – cinco inicial – Adrián (11); Christian V. (9, 3T); Cristian M. (3); Alfredo; Gonzalo (2); Luci (4); Sergio (1)

Regular partido dos ceenses, nos que a falta de concentración en momentos importantes xogou un papel fundamental. Comezaron moi blandos, concedendo moitos roubos ao equipo larachés, que presionaba a saída do balón dende un primeiro momento, combinando con traps defensivos, que conseguían que os xogadores locais non acertasen á hora de encontrar un pase claro, decidindo botar, cousa que beneficiaba ao conxunto visitante, que acababan en rápidos contraataques, e cando non era así, Brais, o xogador interior máis determinante conseguia adotar no poste, n aliña de tres puntos, ou en penetracións. Na parcela ofensiva, non se consegue xogar con fluidez, tentando xogar ao mesmo ritmo imposto por Laracha, cousa que non beneficiaba aos locais. (11-28).
Aproveitando a maior velocidade unha vez feitos os cambios, e que o conxunto visitante tamén había rotado, o Cume consegue reponerse, traballando moi duramente, mellorando na parcela defensiva, ainda que, ao cargarse rápidamente de faltas, os visitantes acoden moi pronto á liña de 4,60, boa marca disto é que dos 18 puntos encaixados, 11 foron en tiros libres. (16-18).

Na volta do vestiario e ca misión de olvidar o marcador, e seguir a traballar para mellorar aspectos que fosen necesarios en partidos vindeiros, o equipo local, nunha mezcla entre mellor defensa, e un ataque mais variado, atacaron con moito criterio a zona 3-2 proposta polos visitantes, conseguindo levarse este cuarto (15-14) No derradeiro período, a pronta expulsión de Deril tras recibir dúas faltas técnicas de maneira consecutiva, consegue desesperar aínda máis aos locais, ben aproveitado por Laracha que continúa a facer o seu xogo e continúa a presionar, tentando aumentar máis o marcador. Se isto era pouco, tamén Tinín é expulsado cunha falta descalificante por protestar unha falta. Nun final tolo, o Cb Laracha imponse 12-20.

A pesar de todo, traballo correcto, no que exceptuando o primeiro periodo o equipo tentou aguantar a un dos dous equipos que loitan polo primeiro posto. Boa actuación de Christian V., que aproveitou os minutos dos que dispuxo, anotando tres triplas sen fallo, engadindo una correcta defensa.

2ª División Infantil Masculino, xornada 7

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE – DOMINICOS (41-30).
  • Parciais: (6-7; 18-6; 4-9; 13-8) (Acumulado: 6-7; 24-13; 28-22; 41-30).
  • ACB COSTA DA MORTE VERDE: Alex Domínguez, 2 ptos; Marcos, 6 ptos; Guillermo, 4 ptos; Ramiro, 13 ptos; David, 8 ptos – quinteto inicial – Fran, 2 ptos, Adrián, 0 ptos; Brian, 0 ptos; Caique, 4 ptos; Eddy, 2 ptos.

Partido moi disputado, no que salvo o primeiro cuarto, os rapaces da Costa foron sempre por diante no marcador, con momentos no que as diferenzas movianse en catro puntos de vantaxe. Nos últimos cinco minutos do último cuarto foi donde os rapaces do Ferroatlántica ACB Costa da Morte conseguiron ampliar a diferenza e ter un final de partido mais tranquilo co resultado a favor.
Este resultado permítelles ter máis cerca a posibilidade de pasar o grupo que loite polo título, a espera do resultado que colleiten no seu próximo encontro contra Montrove.

Cadete feminino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CULLEREDO (29-81).
Bo partido das cadetes de Manuel Vázquez ante o primeiro clasificado da liga,onde pelexou desde o primeiro ata o último segundo. Saíron algo nerviosas as costeiras con moitos problemas tanto en ataque como en defensa,pero a partires do segundo cuarto conseguiron abrir vías de anotación e souperon apretar moito máis en defensa. Aínda así,as coruñesas foron superiores durante os 40 minutos e se levaron o partido con solvencia a pesares das continuas protestas tanto das xogadoras como da súa adestradora intentando influenciar o traballo dos árbitros.

 

Familia Artai

Liga Cadege Masculino, xornada 9

  • Resultado: INSTITUTO ROSALIA - C.B. ARTAI (76-64)
  • Parciais: 15-16 14-14 25-15 22-19
  • C.B. ARTAI: Marco (12), Javi Santiago (5), Xullo (6), Pablo, Manu (16), Carlos (6), Edu (2), Diego (2), Samu, Jose, Nión (15).

Dominio visitante durante os primeiros instantes do primeiro cuarto, onde chegaron a ter ata 8 puntos de vantaxe os azuis. A reacción local viño da man do seu mellor xogador, Alex Harguindey, anotando 6 puntos e dando unha asistencia para poñer o marcador 12-16 a falta de segundos para acabar este primeiro cuarto. Os do cole chegan rápido ao aro rival, e deciden a tirar a falta de 7 segundos un triplo liberado que abrise as distancias nuevamente; pero o balón non quixo entrar e a posterior pasividade azul tanto no rebote de ataque como na defensa a toda pista, acaba cun triplo a táboa de Tomás, que deixaba a diferenza en só un punto. Cos mozos do cole enchufados, as distancias volvían ao marcador, e só 2 fallos consecutivos en defensa que supuxeron senllas canastras locais puxeron o empate neste período 14-14 e 29-30 para Artai ao descanso.

E unha vez máis faltou unha marcha no arranque do terceiro cuarto. Cos locais enchufados e acertados no tiro, os do cole non teñen a paciencia e o baloncesto para contestar o parcial inicial de 14-4 para os santiagueses. Tras tempo morto empezan nuevamente a remar co obxectivo de diminuír a diferenza e pelexar no último cuarto. E último cuarto onde con moita honra os do cole recortan e chegan a poñerse a catro, pero a pasividade defensiva (nos últimos minutos de partido Rosalia contou todos os seus ataques como canastra), o dominio no rebote visitante e a falta de acerto á desesperada dos azuis, acaba coas posibilidades de vitoria duns mozos que traballaron moi duro durante todo o partido para rascar algo na capital.
Ante finais así é imprescindible ter unha marcha máis en defensa, que non permita ao rival anotar e ter a posibilidade de xogar o próximo ataque sen a tensión de ter que anotar si ou si.

O próximo partido dos locais será no pavillón de Fontecarmoa de Vilagarcía ante o Sigaltec o sábado ás 12:00h.

Liga Galega Infantil Masculina, xornada 13

  • Resultado: OBRADOIRO CENOR - CB ARTAI (64-41).
  • Parciais: 23-11; 44-25;52-33; 64-41
  • CB ARTAI (11 14 8 8): Daniel (4), Jano (8), José (7),Borja Ríos (13),Manu Fraga (2),Damián (4),Álvaro, Antón e Javi.

Bo partido da formación carballesa, moi mellorados logo das últimas derrotas por diferenzas moi abultadas. Melloraron no cómputo global os jugadors de Cotelo, sempre ben nos dous primeiros cuartos pero incapaces de manter ese ritmo na segunda parte. En Santiago e pese ás baixas, renderon moi ben os carballeses, sempre de face cara ao partido e realizando un gran traballo en ataque e en defensa.
A próxima xornada os carballeses finalizan a primeira fase recibindo en Carballo ao Básquet Coruña. Será en sábado ás 10:00 no pabellón da zona escolar.

Liga Provincial Cadete Masculina, xornada 10

  • Resultado: BASQUET CORUÑA - C.B. ARTAI (80-46).
  • Parciais: 21-13 15-11 28-10 16-12
  • CB ARTAI: Yago (2), Iago, Manu, Damián, Borja, Samu (12), Freire, Nión (17) e Mario (15).

O partido foise decantando ao lado local pouco, aínda que o gran esforzo feito polos xogadores carballeses permitiulles soñar ata o descanso. Un gran terceiro cuarto dos laranxas decantó o partido definitivamente, aínda que os verdes non baixaron os brazos e conseguiron pelexar o último cuarto 16-12.

Liga Provincial Cadete Feminina, xornada 9

  • Resultado: CB ARTAI - STAR CENTER FERROL A (49-36).
  • Parciais: 4-6; 19-13; 27-25; 49-36
  • CB Artai (4 15 8 22): Carla, Iria (6), Cayetana (16), Uxía (2), Sabela (3), Sara (5), Alejandra e Nuria (17).

Vitoria das carballesas e do mesmo xeito que a da semana pasada moi sufrida e moi traballada. Arrincaron mal os dous equipos, cun parcial nos dez primeiros minutos que o di todo, 4 a 6, con só dúas canastras das locais, unha de Nuria e outra de Iria. Melloraron as colegiales no segundo parcial, máis acertadas en ataque (anotando cinco xogadoras neses dez minutos) e con máis intensidade en defensa. De todos os xeitos, as xogadoras ferrolanas non se viñeron abaixo e seguían en partido para a segunda parte. Pasárono mal, moi mal, as locais no terceiro cuarto e no arranque do último, coas ferrolanas acertadas en ataque e chegando a poñerse a un só punto (31 a 30). Pero aí acabouse o partido, cun parcial de 18 a 6, as carballesas non pasaron apuros nos minutos finais e leváronse unha nova vitoria nesta liga.
O próximo partido das carballesas será o sábado que vén ás seis da tarde ante o CB Culleredo no pabellón de O Burgo.

Visita especial

O mércores, día 25 de xaneiro, os rapaces do Artai terán a sorte de ter no colexio, pola tarde (de 15:30h a 17:00h), a tres xogadores do Leyma Básquet Coruña que milita na liga LEB Ouro. Acompañados de Gustavo Gago, preparador físico do equipo herculino, virán os xogadores: Larry Abia Silva (Valencia,1993) e que leva tres tempadas no club herculino; Pablo Ferreiro Costas (Lugo,1998) e que este ano debuta no equipo coruñés e Zachary Michael Monaghan (Estados Unidos, 1992), segunda tempada no club.
Os xogadores do club asinarán primeiro no libro de honor do colexio para despois pasar pola clase dos alumnos de Educación Infantil de cinco anos onde poderán conversar cos xogadores máis novos do club. Posteriormente irán ao pabellón onde compartirán xogos e asinarán autógrafos cos deportistas do club.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios