Martes. 11.08.2020
El tiempo

BM: E por fin chegou a primeira vitoria para o Bm. Camariñas

BM: E por fin chegou a primeira vitoria para o Bm. Camariñas

Esperaba con moitas gañas este partido toda a familia camariñá para conseguir a primeira vitoria. E por fin chegou. Unha vitoria que serve para cambiar o rumbo dunha traxectoria moi complicada neste comezo de campaña, tras 8 derrotas consecutivas.

Por arriba, na 1ª Estatal, segue un Calvo Xiria, que alcanza ademais o liderato tras vencer ao OAR Coruña, e sumar un gol máis na táboa que o Construciones Castro Lavadores, que tamén vai lanzado cara o ascenso.

Xa na 2ª Autonómica, degue o pleno de vitorias do conxunto do Bm. Xallas, que segue soñando co ascenso.  

1ª Estatal, xornada 9

  • Resultado: Bm. Camariñas - Teucro Colegio San Narciso (32-28)
  • Bm. Camariñas: Cristian, Félix e Álex (porteiros) e Xabi (3), Alan (4), Fari (6), Eusebio (14), Héctor, Antelo (2), Manuel, Fabián (3), Fran, Bieito, Javi, José Manuel.
Os Boya Blues no Areal co Bm Camarinas Os Boya Blues volveron levar en volandas no Areal aos xogadores do Bm. Camariñas cara a súa primeira vitoria do curso

Non entrou ben no partido o cadro de Moncho Canosa, probablemente por excelo de nervios, e , e aproveitou o Teucro para irse no minuto 10 cun 2-9 que presaxiaba o peor. A raíz dun tempo morto local, e gracias ao empuxe dos Boya Blues, o equipo sacou a garra e comezou a traballar en defensa para ofrecer a mellor versión da tempada e devolver o parcial (12-12 ao descanso).

Na segunda metade seguíamos ofrecendo unha gran versión defensiva aínda que os visitantes atopaban algún resquicio para non irse do partido manténdose a 3-4 goles. Na parte ofensiva atopabamos gol con certa facilidade gracias sobre todo a gran actuación de Eusebio con 14 goles.

O encontro mantívose neses roteiros ata o final, con ventaxas de 3-4 goles para Camariñas, cun Teucro que o intentou ata o final pero que desta vez non puido cun Camariñas sólido en defensa e eficaz en ataque.

Dende Camariñas esperan que esta vitoria marque un punto de inflexión e o equipo vaia cara arriba despois xa de cazar ao propio Teucro con 2 puntos, e deixar ao Academia Octavio de pechacancelas con 0 puntos.

Pola súa parte, as xogadoras do Encaixe de Camariñas de 1ª Autonómica caían no Porriño por un amplo resultado. A xornada de base non foi mellor con derrotas do xuvenil masculino en Pontedeume, das cadetes en Tui e dos infantís ante o Ribadosar. Só as infantís conseguiron a vitoria no mesmo campo.

 

1ª Estatal, xornada 9

  • Resultado: Calvo Xiria - Oar Coruña (36-19)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras (3), Julián López (2), Brais Puña (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (6), Chimpo (8), Juanka (2), Iago Franco, Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (5), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (2), Iván Amarelle (2)

O derbi provincial saldouse cunha clara e contudente vitoria verde. E iso que lles custou entrar no partido, pois saíron moi relaxados os carballeses e non romperon o partido ata o comezo da segunda metade, na que endosaron un rotundo parcial de 22-8.

 

2ª Autonómica, xornada 4

  • Resultado: Bm. Xallas - Carballal (38-23)
Bm Xallas

O Pavillón de Fontenla albergou a 6 xornada de liga, na que os locales recibiron o Ad.Carballal vigués. A pesar duns primeiros minutos de incertidumbre nos que os xalleiros chegaron a ir 3 goles abaixo 4-7 (min.10), pronto se repuxeron e deronlle a volta o marcador, índose o descanso 15-13. Tras o paso polos vestiarios, os locais saíron moi centrados e pronto romperon o partido, en base a unha forte defensa e as conseguintes contras e transicións rápidas. O final o resultado foi de 38-23, o que mantén os xalleiros no primeiro posto da clasificación en solitario.

Pola súa parte, as xuvenís caeron en Bueu por 37-30, nun choque moi intenso e máis apretado do que indica o marcador.

 

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bm-xallas-xa-sona-co-ascenso/ “Bm: O Calvo Xiria xa é colider na 1ª Nacional mentres o Bm. Camariñas segue o seu complicado comezo” — Que pasa na costa “Bm: O Xallas estréase na casa cunha gran vitoria” — Que pasa na costa

comentarios