Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca

Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca
Vimianzo TM tenis de mesa Os xogadores do Vimianzo TM enfrontáronse ao RC A Estrada "B" Moi boa xornada en xeral para os equipos de tenis de mesa da comarca, que se cerrou con tres victorias, un empate e dúas derrotas. O AD Zas Ponciano Nieto partía como favorito no encontro de 3ª división nacional contra o Cambre. E cumpliuno. Gonchu gañou os dous partidos - o ano pasado perderá os dous -;o 2º por un apretado 3-2 e no 1º tvo que remontar un set en contra. A única derrota foi a de Brais Blanco ante Raúl Alvite no seu 1º partido no que non se adaptou á pouca altura do local e os seus golpes foron con moita forza saíndolle fora a mayoría, despois no 2º parido e seguindo as instruccións do banquillo superou claramente a Samuel Alvite. Miguel Rey cumpliu coa dobre faceta de entrenador e xogador e gañando os dous partidos con claridade demostrou que por algo é un dos mellores palistas do grupo. En 1ª galega o AD Zas Construcciones Cernadas esperaba traer a victoria das terras coruñesas xa que contaba con Miriam Domínguez e Stevo como baluartes para gañar e si ben Stevo cumpliu, gañando os dous con claridade, Miriam so foi capaz de gañar o 1º partido e no 2º estivo atenazada e nerviosa ao igual que Raúl que parecía que tiña maniotas que o maniataban e non lle deixaban xogar. O resultado final foi dun empate. O grupo de 2ª galega vai ser moi disputado e igualado e entre os favoritos están o Vimianzo TM e o concello de Mazaricos que non fallaron nos seus encontros. O Santa Comba e o AD Zas O Pinar están na fase de xogar para aprender e sen a presión da victoria.O Vimianzo TM é agora o líder destacado do grupo - cun un partido máis - e non fallou ante o RC A Estrada “B”, a o 6-0 xunto cos 3.0 de cada partido di as claras a súa superioridade. O Concello Mazaricos tamén superou claramente ao Arteal Ventanas “B” de Santiago e segue no tren de cabeza deste grupo. O partido perdido corespondeu ao debut de Adrian Lado na competición cando o encontró xa estaba decidido. AD Zas Ponciano Nieto O AD Zas Ponciano Nieto xogou contra o Cambre na 3ª división nacional de tenis de mesa Creou expectación o Santa Comba en Vilagarcía pois como era un equipo novo non sabían con que se ían enfrentar. Admirable a intensidade dos dous equipos e aínda que os locais acadaron a victoria por 5-1 os visitantes resistiron ben a presión e así tódolos partidos se resolveron en 4 sets e conseguiron a victoria nun deses partidos. Esto daralles ánimo para entrenar con intensidade e máis a partires desta semana na que van recibir as mesas de oficiais de competición - estaban entrenando nunhas de taboleiro do instituto - e ademáis xa se regularizou o horario de entreno despois de que o papeleo quedase resolto. En canto ao AD Zas O Pinar segue coa súa aprendizaxe e collendo experiencia tanto os que xogan coma os que dan instruccións dende o banco. Vindeiros encontros A liga reanudarase o 12 de novembro. A próxima fin de semana celebrarase en Irún o torneo Zonal Español da zona 1 e ata alí desprazaranse tres xogadores infantiles. Pertencente a AD Zas irán Miriam Domínguez e María Castro e tamén irá Ana García, da canteira de Zas e que este ano fichou polo Club del Mar de A Coruña. Tanto Miriam como Ana teñen claras opción de clasificarse para o torneo estatal de Valladolid e para eso deben quedar entre as 12 primeiras da súa categoría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios