Martes. 23.04.2024
El tiempo

Brais, semi escravitude no Fútbol da Costa

Brais, semi escravitude no Fútbol da Costa
O porteiro Brais Vázquez Varela fixo xa a pretemporada co Ponteceso O porteiro Brais Vázquez Varela fixo xa a pretemporada co Ponteceso-Foto-Escola Porteiros Nordés Parece mentira que todavía teñamos que falar de casos como o de Brais Vázquez. O rapaz, natural de Carballo, xogou o ano pasado media tempada no Malpica, e esta tiña intención de facelo no Ponteceso, pero o seu anterior club non lle dou a carta de liberdade para poder facelo. Brais tomou a decisión de abandonar o fútbol, farto de pelexar contra muíños de vento. A finais dos 70 houbo unha gran loita no fútbol español por abolir o dereito de retención. Os clubs podían reter a un xogador ó seu antoxo, aínda que este quixera marchar ou non tivera contrato en vigor. A situación nos países comunistas era máis kafkiana, os xogadores non podían saír antes dos 28 anos, pois estaban retidos no país para o servicio militar obrigatorio. Grandes talentos do Este de Europa non foron coñecidos nas mellores ligas por estas circunstancias. Agora mesmo, os xogadores modestos firman unhas fichas que son compromisos pactados entre dúas partes, pero parece en boa lóxica que no fútbol de 2ª Autonómica deba prevalecer a boa vontade e non a retención como medida de presión. Señores, que estamos facendo co noso fútbol? Como o caso de Brais, do que nos vai a falar él mesmo, son os do porteiro xuvenil do Camariñas, tamén Brais de nome, que quería ir para o Porteño e estivo retido ata escasamente fai unha semana, e o de Marcos Pensado, que o Malpica retivo ata iniciada a liga. Os dous poden falar dun bo fin do seu caso, pois agora mesmo poder xogar onde pretendían. Dende Ponteceso dinnos que "nós chamamos ó Malpica para pedir a liberdade do xogador e dixéronnos taxativamente que non a ían tramitar. A partir de aí pouco máis podemos facer" Brais co plantel do Puenteceso nun amistoso esta tempada Isto nos conta Brais:
  • QPC - Como é a túa historia?
A miña historia, por chamarlle dalgunha maneira, empeza cando eu supostamente ficho polo Ponteceso. Antes de facer nada, eu informo ao presidente do Malpica de que me gustaría ir para alí xogar este ano, e a súa resposta e que el non ten ningún problema, que se quero ir que vaia e que xa falarán para tramitar a libertade os dous clubs. Despois desto eu confírmolles aos de Ponteceso que si que ficho aí. E con esto eu empezaría a pretemporada. Co que empeza o meu calvario, e durante todo este tempo canseime de estar continuamente chamando a Malpica (cada semana) para que me deran a carta de liberdade, ao que me respondían de maneira afirmativa sempre. O que chamaba era sempre eu, ata que me cansei de que me dixeran sempre o mesmo. En Ponteceso puxéronse en contacto con eles porque eu desistín, e a eles dixéronlles que tampouco habería problema. De seguido parecía que eu estaba libre, pero non foi así. Volvemos ao mismo, eu a chamar, e moitas veces nin me collían. Pasou o tempo e volvéronme decir que ía ter a liberdade, pero de novo non foi así. En Ponteceso falaron mil veces con el supostamente e non houbo maneira, e a liga xa empezara.  
  • QPC - Lograches falar algunha vez máis co Malpica?
Si. Dende esto xa me chamaran varios directivos de Malpica para que quedara aí, ao que respondera que non. Máis tarde atópome con que o presidente do Malpica me chama e me di que ou xogo no Malpica ou que este ano non vou xogar, que para Ponteceso non me dá a carta de liberdade. A cara que me queda e de tonto, e ofrecéndome cartos, a pesares de estar aínda en débeda conmigo. Como resposta a isto, eu fun a Malpica como acordara co presidente, collín os cartos que me debía e marchei. Debíanme ver cara de tonto, que lles ía quedar despois do mal que nos trataran durante todo o ano anterior alí.  
  • QPC - Que opinión che queda do Malpica?
A directiva paréceme unha banda de impresentables, que moito decían o ano pasado que os podíamos señalar pola calle se non nos pagaban o que nos faltaba, e despois de non pagalo que veñan con estas historias e moitas outras, non só a min. Sei de varios xogadores aos que lles dixeron que lle daban o que lles debían só se volvían fichar. Esto que é? Unha mafia? Parécelles que dominan aos xogadores. Non estamos falando do Madrid ou o Barça para andar con estas tonterías. Brais na súa época na SD Sofán  
  • QPC - O adestrador Repi non falou nunca contigo?
Repi portouse ben conmigo, xa que entendía que eu quixese cambiar de equipo e todo o tema. Pese a ser un entrenador con carácter, neste aspecto merece o meu total respecto.  
  • QPC - Sentícheste moi só en algún momento?
Por un lado estuven só xa que ao principio quen falou co presidente fun eu. Máis tarde os de Ponteceso dixeron que se puxeran en contacto con el e apoiáronme bastante, non sei se o suficiente, xa que logo, non conseguiron a liberdade. Por outro lado, recibín moito apoio de outros xogadores e clubes nos que estiven con anterioridade, que fixeron todo o que estivo nas súas mans.  
  • QPC - Cal é o teu estado de ánimo agora mesmo?
Despois desto quedei farto de todo. Encantame xogar ao fútbol e despois de botar dous meses pelexando para que me desen a liberdade e non conseguilo, fastidioume moitísimo. Sobre todo porque xa coñecera aos meus compañeiros de equipo e adestrara e xogara durante os dous meses de pretemporada con eles. Por toda esta situación decidin que este ano ía deixar un pouco de lado o fútbol, pese a ter ofertas doutros clubes, xa que preciso tempo para os estudos máis para non andar tanto ás presas durante as fin de semanas.   É difícil falar máis claro. Por parte da SCD Malpica, despois de que este medio se intentara poñer en contacto con eles, o único que nos argumentan é que " consideran a Brais un fuxido, e non valoran a situación como inxusta ao entender que o rapaz firmou unha ficha por dous anos e sen mediar explicación algunha ao club malpicán, foise adestrar co Ponteceso para fichar por este club".  Xulguen vostedes mesmos.    

Comentarios