Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Buño e Corme, campións da I Copa da Costa de Fútbol Praia

Buño e Corme, campións da I Copa da Costa de Fútbol Praia
Corme CF-Sporting Seaia, final masculina (3) copia Toniño do Corme CF contra Charro do Sporting Seaia na final masculina

A praia de Canido, no Concello de Malpica, acolliu a I Copa da Costa de fútbol praia. Non foron moitos os equipos inscritos nesta primeira edición, pero o ambiente foi estupendo, con máis de 120 participantes entre as categorías masculina e feminina, e arredor dos 750 espectadores que se achegaron á praia de Canido.

O Buño SCD na categoría feminina e o Corme CF na masculina foron os campións desta I Copa da Costa de fútbol praia logo de superar na final ao Fisober FSF e ao Sporting Seaia CF, respectivamente.

A Copa masculina

Corme CF, campión da I Copa da Costa de Fútbol Praia Corme CF, campión da I Copa da Costa de Fútbol Praia

Na categoría masculina, a fase de grupos estivo dominada por Corme e Muxía, os cales foron acompañados nas semifinais polo Sporting Seaia e por un Malpica que se clasificou grazas a un gol de Rubén sobre a bocina do último encontro. Na primeira das semifinais, o Corme encarrilaría o pase á final con tres goles antes do descanso ante un Malpica que recurtou distanzas por medio de Rubén pero pouco despois disto Alejo sentenciaría o encontro ao facer o definitivo 4-1. Mentres tanto, na outra semifinal, un Sporting Seaia comandado por un gran Charro , quen acabaría levando o trofeo de mellor xogador da competición, eliminaría a un Muxía que mostrou unha moi boa imaxe en todos os encontros.
Na final de consolación, o Muxía superaría pola mínima ao Malpica para finalizar na terceira posición.

Sporting Seaia Sporting Seaia

Final: Corme CF 5 – 5 Sporting Seaia CF (2 – 1 nos penaltis)

  • Corme CF: Suso, Eloy, Alejo, Diego e Andrés (cinco inicial). No banquiño: Toniño, Samu, Felipe, Lucas e Illote.
  • Sporting Seaia CF: Nacho, Eme, Charro, Matías e Javi (cinco inicial). No banquiño: Chols, Zala, Roque, Parga e Josi.
  • Goles: 0-1: Charro; 1-1: Alejo; 1-2: Charro; 2-2: Diego; 3-2: Lucas (descanso); 3-3: Javi; 4-3: Lucas; 4-4: Matías; 5-4: Lucas; 5-5 Matías.
  • Penaltis: 0-0: Charro, falla; 1-0: Diego, gol; 1-1: Eme, gol; 1-1: Toniño, falla; 1-1: Matías, falla; 2-1: Lucas, gol.
  • Árbitro: Luis Núñez. Expulsou a Alejo con cartón vermello directo no minuto 18.
SD Esteirana SD Esteirana Muxía CF Muxía CF Buño SCD Buño SCD  

As mozas

Buño SCD Feminino Buño SCD Feminino, campión da I Copa da Costa

No que respecta á fase de grupos da categoría feminina, o Buño SCD sería o dominador de principio a fin gañando os seus tres encontros mentres que un Soneira moi novo e que marabillou co seu xogo a todos os presentes tan só caería pola mínima ante o cadro branquiazul. Por outra banda, tanto o Fisober como o Atletes foron de menos a máis na competición debido a que lles custou adaptarse ao terreo de xogo.
Nas semifinais, o Atletes de Esteiro, que firmou a súa mellor actuación nesta Copa da Costa de fútbol praia, estivo a piques de sorprender a un Buño que tivo que remontar o 1-3 co que as rapazas de Paco se foron ao descanso. Na outra semifinal, Soneira e Fisober decidirían o pase á gran final na quenda de penaltis logo de empatar a catro goles ao remate dos vinte e catro minutos e a desta volta a fortuna sorriríalle ao Fisober, que se vería as caras co Buño na finalísima. 

Final: Buño SCD 4 – 1 Fisober FSF

  • Buño SCD: Uxía, Chus, Cintia, María y Vero (cinco inicial). En el banquillo: Noa, Amanda, Alba, Alba García e Nuria.
  • Fisober FSF: Lía, Ana, Inés, Paula y Nuria (cinco inicial). En el banquillo: Leti, Noelia, Laura e Myrella.
  • Goles: 1-0: Amanda (descanso); 2-0: Alba; 2-1: Ana; 3-1: Amanda; 4-1: Amanda
Fisober FSF Fisober FSF AD Atletes AD Atletes Soneira SD Soneira SD  

Novas relacionadas

Fonte

  • AD Vidú da man de David Castro.

Comentarios