Cabana e Muxía, os últimos campións dos peques de F8

Aínda queda a última xornada, pero as Ligas de F8 Norte xa teñen os seus campións. Unha Liga curta, que curiosamente empezaba máis tarde que as outras pero que non chegaba para competir nas Fases Finais provinciais que si disfrutaron os do sur. En todo caso, xa temos campións, o Muxía xa cantaba o alirón en Benxamínsa semana pasada a falta de dúas xornadas, e este pasado venres o fixo o Cabana Alevín.

En Alevíns, o Cabana vencía nas Redondas ao Vimianzo e aproveitou o tropezo do Corme ante o Muxía, para sacar xa 4 puntos que lle permiten alzar o título, con 10 vitorias e unha soa derrota.

En Benxamíns, o Muxía de Fran Toba, levantaba a copa a semana pasada, tras gañar ao Baio sacando vantaxe suficiente ao Cabana.

Pensando na Copa

Despois do Ambietazo do ano pasado, o Cunchido acollerá unha nova Final de F8 o vindeiro 13 de xuño. E para ela se clasificarán os 4 primeiros de cada grupo nas 3 categorías.

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas