Luns. 29.04.2024
El tiempo

Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª

Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª
Nacho e Iago Lema Asi seran os premios da Gala Futbol da Costa QPC

Seguimos colleitando premios para entregar na II Gala do Fútbol da Costa - QPC que terá ligar o vindeiro venres 26 de xuño na Casa da Cultura de Cee. Despois de saber os porteiros menos goleados e os pichichis da 1ª e 2ª, toca analizar os mellores da 3ª Autonómica, despois do agónico final desta mesma fin de semana. Con aínda a Fase de Ascenso por desputar, xa temos aos gañadores destes premios, para os que tivemos que facer contas, repasando xornada a xornada

Iago Lema, o Pichichi

Finalmente o pichichi é Iago Lema, o polivalente xogador corcubionés (xoga dende o posto de central ata dianteiro pasando polo medio centro e calquera das bandas), marcou 28 goles polos 26 do eterno pichichi do Nantón, que acusou o baixón das últimas xornadas do seu equipo e tras moitas xornadas como líder da táboa de goleadores, veu pasar por diante á mocidade de Lema.

Hai que apuntar que o seu compañeiro, David Lourido, é o que máis porcentaxe de acerto ten, sumando máis dun gol por partido despois de chegar, de volta do seu paso por Dumbría onde os horarios laborais lle impediron triunfar, a media temporada.

Iago Lema do Corcubion pichichi da Terceira da Costa
GoleadorEquipoGoles
Iago Lema Corcubión 28
Luís Nantón 26
Darío Cerqueda 22
Lourido Corcubión 20
Mario Ameixenda 19
Gonzalo Coristanco 16
Martín Cerqueda 15
Oli Lira 15
Iván Coristanco 13
Cristian Ameixenda 13
Juan Lagoa Coristanco 12
Sergio Tarrela Muxía11

O porteiro menos batido

Nacho porteiro do Coristanco porteiro menos batido da 3 Autonomica

Tocou facer números e repasar, xornada a xornada a través das nosas crónicas, para saber foi o porteiro menos goleado da 3ª Autonómica. Se ben o Cerqueda foi o equipo menos goleado con 37 goles, a alternancia dos seus dous porteiros, Ángel e Gesto, evita que calquera dos dous poida ser considerado o porteiro menos batido, pois ningún pasou de 22 partidos (varios coma suplente), e consideramos que, como fai o Marca co Zamora, un porteiro ten que xogar alomenos o 75% dos partidos, isto é, 24 dos 32 partidos da temporada.

Así que a gran pelexa estivo entre Óscar Riolo, porteiro histórico do Ameixenda, e Nacho, novo porteiro do Coristanco. Veteranía contra mocidade nesta fermosa pelexa polo Trofeo Pombo da Costa.

28 partidos xogou Óscar Riolo, e recibíu 37 dos 43 goles que recibíu o seu equipo. Polo tanto ten unha media de 1,32 goles encaixados por partidos.

Pola súa parte, 29 partidos xogou Nacho co Coristanco, e recibíu 35 dos 40 goles encaixados polo seu equipo, polo que suma unha media de 1,21 goles encaixados por partido.

Deste xeito, Nacho, porteiro do Coristanco é porteiro menos batido da 3ª Autonómica do Fútbol da Costa nesta campaña 2014-2015.


Crónicas da 3ª Autonómica

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Torneos estivais

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios