![]()
Carballo Deporte - dependente do concello carballés - xa está traballando para a posta en marcha do
V Circuíto Provincial de Carreiras Populares que este anos se disputará o 18 de xuño.
Onte fíxose público o cartel anunciador da proba, no que destacan as imaxes dos gañadores da última edición, Paula Mayobre e Abdelaziz Fatihi.
Ademais da Deputación da Coruña, o concello de Carballo conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e de varios patrocinadores para o desenvolvemento da carreira, totalmente gratuíta para os participantes.
A 10K discorrerá por
un circuíto totalmente urbano de 10.000 metros, homologado pola Federación, aínda que as distancias variarán en función das categorías. Proximamente comunicarase a apertura do prazo de inscrición, que será gratuíta e poderá realizarse a través de
championchipnorte.com. As persoas que precisen máis información poden poñerse en contacto con Carballo Deporte nas oficinas da rúa Vila de Corcubión ou no número de teléfono 981 702 109.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo