Carballo vístese de verde Xiria
Xa é todo unha referencia na gama cromática bergantiñá. A veciñanza está rematando coas existencias de cor verxe Xiria nas tendas de roupa da volta. O caso é que arrincou a tempada para os equipos de baloncesto e balonmán do club carballés (os de volei están aínda en pretempada) e centos de afeccionados necesitan estas cores para animar aos seus.
O Balonmán en marcha
Plantel do Calvo Xiria 16-17Arrincou a 1ª Estatal este pasado sábado e o fixo cun derbi provincial. O Balonmán Xiria vencía ao OAR Coruña por 18-26. Os carballeses saíron mellor dende o principio e foron sempre por diante no marcador, e permitiu que no segundo tempo só tivese que manter as distancias para sumar os 2 primeiros puntos.
O Goldie Xiria empezou a tempada no Grove con este equipoAs que non puideron empezar con vitoria foron as bravas do Goldie Xiria que caían no Grove ante o Rasoeiro. O equipo de Pablo Filgueira apenas estivo por diante no marcador co 0-1 inicial pero de contado as pontevedras amosaron a súa superiodidade, ata rematar cun claro 32-10. Esparan xa debutar en casa dentro de 15 días ante o Porriño.
Os Xuvenís do Laber XiriaAdemais, O equipo xuvenil, o Laber Xiria estreaba tempada cunha traballada vitoria ante o Carballal. Un centenar de “xiriareiros” apoiaron aos mozos no Vila de Noia para ver un partidazo entre dous equipos que apuntan moi alto. Os carballeses tardaron 15 minutos en romper o partido, pero na segunda metade só houbo unha cor, claro, o verde xiria. O partido rematou 34-19, despois dun 13-13 ao descanso, cun parcial no segundo tempo de 21-6.
O Basket feminino ao poder
Arrincou tamén a campaña oficial para a familia do Basket Xiria. Este sábado arrincaron a Liga o equipo Junior Feminino e mais o Dimolk Basket Xiria Junior. Pero a cita máis esperada, e para os que estaban máis de 400 siareiros no Vila de Noia, era para a presentación do primeiro equipo sénior feminino da historia do club, o Vázquez y Reino Basket Xiria. A data do 24 de setembro quedará para a lembranza.
A xornada comezaba co partido de categoría junior que enfrontaba ó PeugeotDimolk Básket Xiria frente o Pabellón Ourense na terceira xornada da fase previa de ascenso á Liga Galega Junior. Pouco puideron facer as carballesas ante as ourensás.
Pero a verdadeira festa estaba por vir. O pavillón Vila de Noia presentaba unhas bancadas cheas para disfrutar do estreo ante a súa afección do Vázquez y Reino EBX senior feminino. O rival, o ADM Peleteiro, era o convidado de honra a dita festa. Equipo de 1ª Autonómica que o ano pasado a piques estivo de acadar o ascenso a Liga Nacional. O resultado era o de menos (as santiaguesas venceron por 27-62), o triunfo desexado era encher as bancadas e facer disfrutar ós siareiros dunha apacible tarde de baloncesto.
O Vázquez y Reino Carballo Basket FemininoQuedará tamén para os libros a primeira aliñación do cadro feminino:
- Vázquez y Reino EBX: Iria Sánchez, Sara Lázara (3), Ana Grille (5), María Pereira, Silvia Millán (9), María Limeres (5), Laura Domínguez (2), Estela Puente (3), Andrea Mato, Alba Fidalgo, Andrea Pombo e Patricia Regueiro.
Agora as carballesas aínda teñen un amigable ante o Laracha, e despois comezarán a competición na 2ª Sénior Feminina o vindeiro 16 de outubro.
Novas relacionadas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).