Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee apagou o motor e colleu a bici

Cee apagou o motor e colleu a bici

Este domingo 10 de xullo, en pleno San Cristovo, Cee apagou o motor para disfrutar dunha cita ecolóxica. Este domingo 10 de xullo, máis de 160 bicicletas partiron do centro de Cee para disfrutar dunha xornada a dúas rodas. Unha xornada onde a sostibilidade estivo presente, i é que cada día hai máis xente utilizando este vehículo como transporte cotián.

Porque a xornada serve para demostrar que o ciclismo é un deporte en auxe na Costa da Morte, como o refrenda a creación dun novo clube ciclista en Dumbría. E o maior seguemento que vive esta cita dende a súa creación tamén o corrobora.

O itinerario, deseñado polo Clube Ciclista Cee foi de 16 quilómetros. Partindo do Centro Comercial Finis Terrae, os ciclousuarios subiron ata o Parque Comarcal Bombeiros, facendo unha parada para coller folgos en Suministros Lar. Volveron baixar e atravesaron Corcubión, facendo unha parada na Praza de Castelao. De aí, tiveron que marchar pola estrada ata volver enlazar co Carril bici Paseo Alcalde D. Pepe Sánchez ata o Porto de Brens i é que toda a zona agarda que de unha vez se unan os paseos entre Cee e Corcubión.

O Concello de Cee quere agradecer o traballo levado a cabo pola corpos que velaron pola seguridade Garda Civil, Policía Local, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, así como a todos os patrocinadores e colaboradores da proba, como foron Ferroatlántica e La Voz.

Novas relacionadas

Comentarios