Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Un Camiño cheo de sentidos

Un Camiño cheo de sentidos

Milleiros de peregrinos chegan ata a fin do mundo a través do Camiño de Santiago. Pero hai algunhas visitas especiais. Hoxe falamos dunha iniciativa que rompe barreiras. As barreiras dunha persoa cega e xorda, pero que non lle teme a nada.

Gerardo é xordo e cego pero ten tanta vida e tantas ilusións como o que máis. Este mes de agosto, acompañado por Javier Pitillas Torra, Gerardo rematará o seu particular Camiño dos Sentidos no Cabo da Fin do Mundo. Ambos, a bordo do seu triciclo adaptado para dúas persoas, partirán de Irún polo Camiño do Norte, e a súa chegada a Fisterra está prantexada para o venres 12 de agosto.

Unha historia en bici

I é que así chaman ambos a esta singradura, que comezara un 18 de agosto de 2009 dende Vigo, cando ambos partiron cara Roncesvalles coa coa intención de regresar pedaleando sobre os seus pasos e chegar en peregrinación a Santiago. A bordo deste tándem, Gerardo e Javier percorren o país rompendo todas as barreiras e facendo realidade o seu soño.

A realización dese soño abriulle a Gerardo unhas portas que ata ese momento nin soñara que puidesen abrirse e ambos puxéronse a pensar nunha nova odisea. No 2010, a proposta pasou a chamarse "A Bicicleta da Esperanza-2010", ideada da man dun mozo colombiano con parálise cerebral, Juan Sebastián. O seu pai, Francisco Meneses, e os nosos protagonistas percorerron as estradas da peninsula para rematar no Obradoiro.

Que vai pasar o 2011?

"O ano que vén quero desde Irún ata Santiago polas estradas de arriba. E o 2012 imos desde Valencia ou Sevilla, vale Javier?" Así llo espetou a comezos de ano o valente Gerardo a Javier. Así que o Camiño do Norte espera a estes bravos ciclistas, que desta volta contarán cun novo compañeiro de viaxe.

O triciclo-tándem volverá pedalear á beira doutra bicicleta de dúas prazas pero, por primeira vez, o seu acompañante terá só dúas rodas. Irán con Roberto, un mozo de Burgos que, como Gerardo, é tamén xordo e cego pero, no seu caso, a xordeira-cegueira non lle afectou ao equilibrio e é capaz de ir como co-piloto nun tándem en liña. O seu piloto será Esther, intérprete de Lingua de Signos Española e amiga de Roberto. Así pois, esta vez, quizá con maiores motivos que nunca, o proxecto volverá chamarse "Camiño de Sentidos" coa coletilla engadida do ano "-2011".

Da necesidade de patrocinios

O 2009 tiveron a sorte de poder contar co patrocinio da Anca, a Produtora Beloke, Europcar, Caixa Galicia, a Fundación da FAXPG (Federación de Asociacións de Xordos de Galicia), Club Ciclista Vigués, Fundación Óscar Pereiro e Caixanova. Ademais de todos eles, o eterno agradecemento á miña irmá Montse que, sen darse a coñecer deu cartos que lles permitiu comprar o triciclo-tándem co que fixeron o Camiño.

O proxecto do 2010 foi patrocinado case na súa totalidade polo Campus de Orense da Universidade de Vigo aínda que sen a axuda de Apadis e PSA Peugeot-Citroen resultaría moi difícil levalo a cabo con éxito.

Este ano, os peregrinos terán o apoio da Casa Botas, empresa viguesa dedicada á compra e distribución de peixe e a Xabier Alonso, ex-concelleira de deportes do concello de Vigo.

Estaremos atentos para cando este equipo se achegue ao Albergue de Peregrinos de Fisterra.

Novas relacionadas

Máis novas

Necesidades do Camiño

Fonte

Comentarios