Venres. 19.04.2024
El tiempo

Chucho, o capitán do Ameixenda, un home de club

Chucho, o capitán do Ameixenda, un home de club
Jesús Márquez Ezara, Chucho, o home referencia do Ameixenda, recíbe a QPC e fálanos de como vai a liga, sobre que cousas fan do Ameixenda un club entrañable e de outras cousas de fútbol. Con 32 anos, Chucho aspira a levar ó Ameixenda a 2ª Galicia. Sería un soño para todos os que queren ben ó club amarelo. Formado nos xuvenís do Dumbría e en aquel equipo B dumbriés que subiu a 2ª, leva no Ameixenda dende 2012. Isto nos contou: QPC - Vaia partido o domingo contra o Volantes de Baño, non? O partido co Volantes foi bastante intenso, como era de esperar. O comezo non tivo un dominador, e houbo moitas imprecisions, levando mais perigo o Volantes cos xogadores de calidade que teñen arriba. A partir da media hora foi cando empezamos a ter mais o balón, e froito diso chega o primero gol. Os dez minutos de sair dos vestuarios, tras un roubo de balón, Piquero asiste para que defina Cristian nun man a man. Co 2-0 parece o partido controlado, pero logo recurtan distancias nunha boa xogada e vólvense a poñer no partido. Non tardamos en facer o 3-1 definitivo, un golazo de Cristian de cabeza a centro de Lagoa. O 3-1 casi finiquitaba o encontro, por medio da posesion do balón e combinando ben tíñamos controlado o partido, e ainda que eles tuveron algunha ocasión mais, o partido remataba deixando correr os minutos. QPC - Como foi o teu gol? Pois foi tras unha xogada na que saimos tocando dende atras, Susiño chega ben por banda para botar un bo centro, e na disputa por alto non chega a tocala ninguen, chega o balón pasado botando, e golpeo de primeiras sin pensalo, entrando a media altura polo primeiro pao. Un bo gol, que vou dicir, jeje QPC- Puntos importantes estos, non? Era moi importante para non desengancharse do lider e da promoción, porque non nos podíamos permitit pinchar outra vez, que viñamos dunha mala xeira. QPC - Estades todos en moi poucos puntos na zona alta. Ves algún equipo con capacidade para distanciarse? Non hai un favorito claro porque estamos todos na loita, calquera gaña a calquera. Os equipos a priori favoritos como Corcubion, Castriz e Porteño que agora mesmo están abaixo seguro que acabaran pelexando polo ascenso, e o resto xa teñen os seus puntiños conseguidos. QPC - Que tipo de fútbol estades a desenrolar? Fálase de que vos gusta o xogo combinativo. Tedes bo equipo para facelo. Bueno... Sempre nos gustou intentar combinar, tratar ben o balón, fútbol de toque, coas nosas limitacions evidentemente, pero temos xogadores para eso e un campo cunhas dimensións propicias tamen para iso. En canto a plantilla, penso que é unha plantilla bastante compensada, sobre todo somos equipo, non individualidades, todos aportamos, diría moitos nombres pero destacaría a Cristian, o noso pichichi, e ainda que non podemos contar moito con el por estar fora, a Alex. QPC - O mestre dos mestres, Manolín, seguro que inculca o seu selo persoal ó equipo. O mestre Manolín sabe moi ben o que quere, partindo da base de estar mellor que ninguén fisicamente, e tendo en conta as condicións dos xogadores, trata de inculcar un futbol combinativo, e tamen aproveitar a velocidade nas bandas. QPC - Esta a crecer o Ameixenda a pasos axigantados. Que tipo de club sodes? O Ameixenda e club xoven e humilde, diria que lle costa chegar a final de mes, jeje. Fundado polos amigos do pueblo, co proposito de xuntarnos todos cantos xogabamos en distintos equipos chegamos a competir a un mais que aceptable nivel e co esforzo da directiva, con xente como o presidente e Fernando fai que todo sea mais fácil. E o que alguns pensaban que este equipo duraria dous anos, xa vai pasar dos 5, co merito que ten aguantar un equipo sin categorias inferiores. QPC - Sempre está presente a competencia co máximo rival do pobo, o Cee. Como a levades? Superarédelos algún día? A competencia co Cee e sana, superar non sei, pero sempre temos a motivación de enfrontarnos con eles, osea, subir de categoria e xogar o derbi, que sempre levanta moita expectacion. O primeiro da historia xa o levamos, nos, jeje. QPC - As túas boas tempadas non están a pasar desapercibidas. Tiveches opcións de saír do club hacia categorías superiores? Subiredes este ano? Ofertas formais, ningunha a verdade, sempre falas con moita xente de moitos equipos no verán, amigos, coñacidos,... E sabes que pode haber un certo interese. Pero nada en concreto, de todas formas, non me moveria, polo compromiso que teño dende o principio co club. O que esperamos é ascender, non cabe dubida, tras quedar as portas o ano pasado e baixar por arrastres fai dous, pensamos que o noso sitio e a liga da costa, e despois a partir de aí, aguantar uns cuantos aniños mais, coa axuda do relevo xeracional, eso si, porque nos xa vamos a menos.

Comentarios